Novidades

CONVOCADA A AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DOS ALUMNOS/AS DE 3ºEP

A Consellería vén de publicar a Resolución do 10 de abril de 2018 (DOG 26 de abril de 2018) pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria.

 

A avaliación individualizada de 3º de educación primaria ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia, deben servir para:

 

- Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición das competencias obxecto de avaliación e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.

- Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.

 - Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso da aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3ºEP

 

Que avalía: o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

 

Cando se realizará: os días 23 e 24 de maio de 2018.

 

BECAS NEAE

Como cada ano, o Ministerio de Educación convoca as BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO ( http://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha.html#dc ). Estas becas están destinadas a aquel alumnado que presente necesidades especificas de apoio educativo derivadas de TDAH, discapacidade, trastornos de conducta ou altas capacidades, e están destinadas a proporcionar ao alumnado unha atención educativa en servizos externos ao centro no ámbito de reeducación pedagóxica e /ou reeducación da linguaxe, ou programas específicos para alumnado con altas capacidades.

Ao igual que no curso 2015-2016, é necesario solicitala a través da páxina web do MECD ( https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=748 ), utilizando un usuario e un contrasinal.

O prazo para solicitalas remata o 29 de setembro e deberán entregarse no centro educativo, xunto coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do certificado de discapacidade ou minusvalía (de ser o caso)
  • Informes médicos
  • Fotocopias dos DNI dos membroas da unidade familiar que teñan feito os 14 anos
  • Documento bancario dos datos da conta onde se desexa recibir a axuda e na que o alumno/a debe figurar como titular
  • Fotocopia do carné de familia numerosa (de ser o caso)
  • Fotocopia do certificado de minusvalía ou discapacidade dos irmáns (se os houbese)

 

O CEIP SERRA-VINCIOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Os alumnos de 5º e 6º desenvolveron un obradoiro de prevención do acoso escolar, de acordo co Protocolo de prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso do centro, así como do Plan de Convivencia. Unha das actividades que realizaron foi un suposto práctico no que os alumnos escribiron cartas de comprensión e apoio destinadas a unha nena que sofre acoso escolar. Frases como "estou contigo", "eu apóiote", "denúnciao", "dillo ós teus pais", "fala cos profesores", "non estás soa" ou "podemos axudarte" foron as máis recurrentes.


VISITA Ó IES TERRA DE TURONIO

Os alumnos/as de 6º de Primaria visitaron este venres día 22 de Maio o IES  Terra de Turonio en Gondomar. Trátase dunha actividade cuxa finalidade é  a  coordinación entre etapas e centros educativos, facilitando o tránsito  dos alumnos/as de Primaria á E.S.O.

Os alumnos percorreron as instalacións, coñeceron os profesores e o funcionamento do centro, etc. Finalmente, despedíronnos cunha deliciosa merenda. 

 

 

RECOÑECEMENTO DO GRAO DE DISCAPACIDADE

CÓMO SOLICITAR O CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE?

Trátase do documento que acredita a discapacidade das persoas. Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.

Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

Se alcanzan unha porcentaxe igual ou superior ao 33% poden acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros.

Pódese atopar toda a información no PORTAL DE BENESTAR da Xunta de Galicia, na seguinte ligazón:

https://benestar.xunta.es/web/portal/reconecemento-do-grao-minusvalia

 

 

Día da Paz

Celebramos o Día da Paz no CEIP Serra-Vincios:

 

O 30 de Xaneiro realizamos o Circuíto Solidario de Habilidades co que recadamos máis de 500 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas do municipio. Grazas ás familias dos alumnos pola súa colaboración!

Ademais, para festexar dita Conmemoración, decoramos o colexio con auténticas obras de arte feitas polos alumnos coa axuda dos profes:

REFORMA PUBLICADA NO BOE, VENRES 28 DE NOVEMBRO

NOVAS DEDUCIÓNS POR FAMILIA NUMEROSA

 

O Goberno vén de aprobar unha Reforma con novas deducións específicas para familias numerosas. Todos os requisitos e información necesaria pódense consultar nos seguintes enlaces:

www.familiasnumerosas.org/

BOE do 28 de Novembro de 2014

www.agenciatributaria.es/

 

 

 

 

 

 

 

 

QUE GRAN NOVIDADE: RECUNCHO DE PAIS!!!!!!!

                                                                            

Xa temos á vosa disposición, e grazas ó Equipo de Dinamización da Biblioteca escolar, o RECUNCHO DE PAIS!! Aquí, ademais de poder acceder ó servizo de autoempréstito cunha colección de libros que a Biblioteca seleccionou para vós, teredes moita información e material de consulta de orientación sobre técnicas de estudo, cómo afrontar o primeiro día de escola, cómo ensinar a durmir, material sobre necesidades educativas especiais... e moito máis! Vén visitarnos!

 

 

 

Axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (2014-2015)

Aberto o prazo para solicitar as becas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo. O prazo finaliza o 30 de Setembro de 2014.

A información das becas recóllese no seguinte enderezo: https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html

 

Dende o Departamento de Orientación solucionaremos calquera dúbida.

 

Charla sobre a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos

O martes 28 de xaneiro o Sarxento 1º J. R. López, Xefe do Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Vigo, impartiu unha charla sobre a convivencia e a mellora da seguridade nas escolas. Esta charla foi dirixida ao alumnado de 3º ciclo e, pola tarde, aos pais, nais, mestres/as ou outros membros da comunidade educativa. Asistiron unhas corenta persoas, entre pais, nais e mestres/as que estaban interesados nos temas que se trataron: riscos do uso de Internet, novas tecnoloxías e redes sociais, acoso escolar, consumo de drogas e alcol, maltrato e agresividade e bandas xuvenís.Os nosos agradecementos ao Sarxento 1º e a todos/as os asistentes á charla.

 

 

 

Distribuir contido