Día do Medio Ambiente

Día do Medio Ambiente

Hoxe, polo día de Medio Ambiente, os nenos de 3 anos plantaron a súa árbore. Agora só queda cuidala e darlle moito mimo para que dentro duns anos teñamos un s ricos marmelos

Festexamos o día do Medio Ambiente

 

FROITA NA ESCOLA 2015-16

Este ano concedéronnos outra vez as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo. 

  • do 2-6 de maio
  • do 9-13 de maio
  • do 30 de maio ao 3 de xuño
  • do 6-10 de xuño

 

Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas. 

AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos. O obxectivo deste programa é potenciar o consumo de froitas entre o alumnado. 

 

Así que, a comer moita froitaaaaa!!!

 

 

 

 

5 de xuño, Día do medio ambiente

O venres, día 5 de xuño,   celebramos o Día do Medio Ambiente. Como en anos anteriores as nenas e nenos de 3 anos plantaron unha árbore, esta vez foi unha laranxeira. A seguir todo o alumnado do centro fixo unha recollida de lixo no patio e polos arredores.

 

 

 

Plantamos unha árbore- 5 de xuño

06/05/2014

     Hoxe 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Levamos varios cursos celebrándoo coa plantación dunha árbore no patio da nosa escola. O alumnado de 3 anos escolle unha árbore que planta, arroupado por todo o centro, neste día. A partir deste momento, adóptana e cuidarana con cariño.

    A árbore escollida é o kumquat, tamén denominado quinoto ou laranxeira enana. Está emparentado coa familia dos cítricos.

AliméntTBen

AliméntaTBen é un programa da Consellería do Medio Rural e do Mar, coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Sanidade, que contribúe á mellora dos hábitos alimenticios e a unha nutrición saudable para o alumnado dos centros educativos galegos. 

Este ano concedéronnos as axudas para distribuír froitas frescas ao alumnado e durante catro semanas repartiranse distintas froitas aos nenos/as na hora do recreo. Desde o ano 2009 a Unión Europea conta co Plan de froita nas escolas, destinado a repartir froitas e hortalizas.

No seguinte vídeo podemos observar cantas vitaminas nos aportou a froita:

Distribuir contido