Magosto

MAGOSTO 2023

Outro ano máis celebramos o magosto cun día na natureza no Monte Galiñeiro. 

O día comeza cunha camiñata ata o lugar de encontro e logo roca repoñer forzas cunhas ricas castañas asadas por Pablo.

Nos diferentes blogues de ciclos atoparedes imaxes deste día tan marabilloso

MAGOSTO 2022

Non foi no Monte Galiñeiro como de costume polo mal tempo que tivemos, pero no cole tamén o pasamos moi ben xa que despois da merenda viñeron os "xogos coas castañas". 

 

MAGOSTO!!!

O magosto é unha festa tradicional galega e do norte e oeste da Península. Tamén é unha festa típica de Portugal, onde se denomina  magusto.   Celébrase no mes de novembro, ou a finais de outubro, e os protagonistas son as castañas asadas no fogo, os chourizos e o viño.A festa consiste en facer unha fogueira sobre a que colocamos un tambor ou unha tixola con furados. Nel colocamos as castañas cun corte para que non salten ou exploten e cando estean asadas: a pelar e comer quentiñas!! Umm, que boas están!

E común pintar a cara cos restos da fogueira e saltar sobre elas,xa que da sorte,  realizar xogos tradicionais, contar contos e cantar cantigas tradicionais. 

Todos os anos celebramos o Magosto no Monte Galiñeiro. Algúns cursos suben andando ao monte. Alí asamos as castañas e todos xuntos facemos cabanas con paus.

 

 

MAGOSTO 2021

Despois de tantos anos realizando o Magosto no merendeiro do Monte Galiñeiro, seguimos notando a ilusión que esperta nos nenos e nenas do cole. Foi día de corretear polo monte, de comer castañas asadas, de inventar cabanas, de visitar os petróglifos, de ver as cores do outono, o olor a fume e sentir o ben que o pasamos. Foi o venres 5 de novembro, día inolvidable!!!

 

MAGOSTO 2020 NO MONTE GALIÑEIRO

Este ano máis que nunca, gozamos de poder ir ata o Monte Galiñeiro a celebrar o Magosto.

Os maiores camiñando e os máis pequeniños en bus, corretear polo monte, as chozas con paus e comer as castañas asadas, un luxo!!!

 

 

MAGOSTO 2019

Este ano o tempo non acompañou e foi imposible subir ao Monte Galiñeiro para festexar esta festa popular, pero aínda así, pasamos unha sesión de convivencia no centro moi boa compartindo espazos, xogos e ricas castañas.

 

O MAGOSTO

Chegou o Outono coas súas cores, os froitos, as colleitas, o viño novo e as tradicións da estación. Unha destas celebracións é O Magosto. Festa de castañas,  brasas,  lume, cornetes de papel, cheiro a fume, estoupidos ao lume, sabor da terra ... O venres, día 26 de outubro, fixemos o Magosto no Galiñeiro.

Os maiores subimos camiñando, seguimos sendeiros polo monte e chegamos axiña á zona do Merendeiro. Os alumnos de infantil e os do primeiro ciclo desprazáronse en autobús.

Cando chegamos ao Merendeiro buscamos un lugar para construír as cabanas, agrupámonos para xogar, merendamos nos refuxios que fixemos con paus e probamos as castañas.  Aproveitamos as cinzas para pintar a cara! Que ben o pasamos!

P1120218_1.JPG

Magosto no Galiñeiro

O Magosto no Parque Forestal de Beade

O pasado venres 10 , festexamos o Magosto. Este ano non puidemos realizar a andaina ao Galiñeiro polos incendios que desolaron os nosos montes, aínda así, pasámolo moi ben facendo cabanas e comendo castañas.

 

 

O magosto no Galiñeiro

O pasado 15 de Novembro festexamos todos o Magosto, e como cada ano fixemos unha camiñata ata o Monte Galiñeiro e gozar co Outono

 

O magosto 2016 from librincios on Vimeo.

O CEIP SERRA-VINCIOS CELEBRA O MAGOSTO NO MONTE GALIÑEIRO

Os nenos, nenas e profes festexan o seu magosto no monte Galiñeiro con castañas e cabanas.

O venres 16 de outubro, como todos os anos, os 167 alumnos do C.E.I.P. Serra- Vincios, xunto cos seus profes foron celebrar o Magosto ao Monte Galiñeiro.

Os maiores subiron ás 9,30 h. para ir andando ata os merendeiros e os nenos máis pequenos fixérono en autobús, un pouco máis tarde.

Cada neno levou unhas cantas castañas e mentres os profes as asaban, algúns facían cabanas con toallas, cordas, paus e outros materiais, do monte ou que levan da casa, mentres outros xogaban á pita ou a outros xogos, sempre á vista dos profes, que fixeron moitas fotos.

Cando as castañas xa estiveron feitas, ían buscalas cun cucurucho, e coméronas, estaban moi ricas!

Ao final da xornada, entre todos recolleron o lixo, para deixar o monte como estaba, e ás 13,15h volveron ao cole.

Todos o pasaron moi ben,  o tempo pasou voando, e aínda que acabaron esgotados, queren volver o próximo ano coas súas cabanas, e as súas castañas, porque lles gusta moito.

 Noticia feita polos Alumnos de 5º do CEIP Serra-Vincios e enviada ao xornal, "La Voz de Galicia" para a súa publicación en "LA Voz de la escuela".

 

 

Distribuir contido