Magosto

MAGOSTO 2014

Este ano non puidemos ir ao Monte Galiñeiro a celebrar o Magosto, debido a que non parou de chover en todo o mes, pero no cole tamén sabemos celebrar esta festa e pasalo moi ben. Joaquín asou as castañas e, despois de comelas, fixemos moitos xogos. Xa para finalizar, recollimos todo o lixo dos patios. O ano que vén seguro que teremos máis sorte e iremos ao Galiñeiro!!! 

Mirade o vídeo da xornada:

 

No 2013...continúa a tradición

Este curso tamén fomos ao Monte Galiñeiro a comer castañas asadas. Aquí deixámosvos o vídeo que está colgado no blogue da Biblioteca

Vídeo do Magosto, clica aquí.

 

 

MAGOSTO 2011

O DÍA 5 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS O MAGOSTO NO MONTE GALIÑEIRO, E PASÁMOLO MOI BEN, COMO PODEDES COMPROBAR:

PINCHA AQUÍ PARA DESCARGAR O VÍDEO 

Sendeirismo e Magosto, que boa combinación!

O venres 5 de novembro fixemos a primeira Ruta de Sendeirismo, xa tradicional no noso centro: Serra- Merendeiro do Monte Galiñeiro- Petroglifos Auga da Laxe- Serra. 

O alumnado do 2º e 3º ciclo fai todo o traxecto camiñando. Ao chegar ao merendeiro, descansan un pouquechiño e inician o camiño de novo para chegar aos Petroglifos.

O alumnado de E. Infantil e do 1º ciclo de E. Primaria vai en autobús ata o merendeiro e, despois, fai un tramo da ruta de sendeirismo, máis curto, debido a súa idade: Merendeiro do Monte  Galiñeiro- Auga da Laxe- Merendeiro do Monte Galiñeiro.  

magosto

 

 

Xa diante dos petroglifos da Pedra das Procesións, tamén chamados de Auga da Laxe, pola zona onde se ubican, o xefe de estudos explicounos a súa simboloxía e importancia.

Petroglifos

O Monte é visto así como un lugar de lecer, onde pasar un bo rato cos nosos amigos e facer un pouco de deporte. Pero tamén é unha fonte de recursos.

Para completar a xornada, asamos ricas castañas no merendeiro, celebrando o Magosto no monte. 

 

MAGOSTO 2010

11/24/2009 13:36

O próximo martes, se o tempo o permite iremos de Magosto  ao Monte Galiñeiro.

Os nenos deben traer, un puñado de castañas picadas, e se teñen, un pouco de pico, carozos ou leña.

¡Esperemos que o tempo estea bo e que o pasemos moi ben!

 

Distribuir contido