Comunicados

CAMPAMENTOS DE VERÁN

Estimadas familias:

Este verán non se poderá levar a cabo o campamento organizado pola Asociación de Veciños "Galiñeiro" de Vincios debido a que dita asociación non ten equipo directivo.

Estes son algúns dos campamentos que se fan nos arredores por se son do voso interese:

 

Un saúdo,

A ANPA 

CHARLA PARA NAIS/PAIS SOBRE O IMPACTO DA PORNOGRAFÍA EN MENORES

Estimadas familias:

Adxuntamos información de FANPA Pontevedra que pode ser do voso interese.

O vindeiro 14 de maio farase unha nova sesión da charla sobre a necesidade de coñecer a situación actual de impacto nos nosos fillos da difusión ubicua da pornografía. Que está pasando? como a atopan e que consecuencias está tendo na súa educación.

Lonxe do formato dunha clase, a charla pretende ser unha escusa para o diálogo que permita abrir o camiño para falar de forma adecuada e oportuna coas nosas fillas e fillos.

A charla está aberta a todas as nais e pais interesados independentemente do centro ao que asisten os seus fillos. Lembramos que será na Axencia de Colocación de Mos (Avda. Peinador, 39) o 14 de maio ás 18:00 horas.

Por necesidades organizativas é necesario inscribirse con antelación no correo actividades@nontedurmas.org

Un saúdo,

A ANPA

XXX CROSS ESCOLAR STA. MARIÑA DE VINCIOS 2024

Estimadas familias:

Informamos que o venres 17 de maio de 2024 ás 17h terá lugar o XXX CROSS ESCOLAR “STA. MARIÑA” de VINCIOS, no CAMPO DE FUTBOL de A PASAXE (Poligono Industrial de A Pasaxe).

No seguinte enlace podedes descargar o impreso de inscrición: IMPRESO DE INSCRICIÓN

O prazo para inscribirse remata o MERCÓRES, 15 de MAIO, e podedes facelo cubrindo o Boletín e entregalo no Colexio, ou por email: manolovincios@gmail.com ou no tef. 699 67 00 85 (Manolo).

Animádevos a participar!!!

O CLUB DEPORTIVO VINCIOS

DIVERTARDE CULTURAL

Estimadas familias:

Este sábado día 6 de abril ás 17:00h temos a actividade "DIVERTARDE CULTURAL" no Centro Cultural de Vincios. Acompáñanos a pasar unha tarde divertida!

Saúdos.

A ANPA 

OBRADOIORO XABONEIRO NA AVV GALIÑEIRO DE VINCIOS

Estimadas familias:

A AVV Galiñeiro de Vincios organiza este luns un obradoiro xaboneiro en familia para disfrutar en familia creando un xabón desde cero. Non vos olvides de anotarvos!

Saúdos.

A ANPA 

CONCENTRACIÓN COMUNIDADES EDUCATIVAS DE GONDOMAR

Estimadas familias:

O xoves 21 de marzo ás 18h na PRAZA PARADELA (CONCELLO DE GONDOMAR) está programada unha concentración de todas as comunidades educativas de Gondomar para reclamar a figura do conserxe e a falta de mantemento nos colexios. ÚNETE A NÓS!!!

No seguinte ENLACE podedes descargar un modelo de escrito individual para entregar por rexistro ao Concello de Gondomar reclamando que solucionen esta problemática.

Grazas pola vosa colaboración.

A ANPA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

DIVERTARDE CULTURAL

Estimadas familias:

O sábado 2 de marzo as 17h no CENTRO CULTURAL DE VINCIOS, temos un espectáculo de contacontos musicado con “Mirian e Pablo”, xogaremos e faremos unha manualidade. Por favor, traede tesoiras e rotulador permanente negro. 

Os nenos/as teran que estar acompañados/as sempre dun adulto/a. Organiza a AVV Galiñeiro de Vincios e ANPA de CEIP Serra Vincios. ANIMÁDEVOS!!!

 

FESTA DO ENTROIDO 2024 DA ANPA

Estimadas familias:

O VENRES DÍA 9 de febreiro, a ANPA vai organizar unha festa de entroido no colexio. Teremos un desfile de disfraces con agasallos a todos os que queiran participar. Faremos varios xogos populares e queimaremos o meco como é tradicional (se o tempo acompaña). Para rematar teremos chocolate quente para o que é preciso que traiades a vosa taza. 

 

 

Animádevos a participar!!!

A ANPA

 

CAMPAMENTOS A LANZADA

Dende a ANPA informámosvos sobre os campamentos a realizar en A Lanzada:

DIVERTARDE CULTURAL

Estimados pais e nais:

Dende a ANPA, coa colaboración da AVV Galiñeiro de Vincios, queremos convidarvos a pasar unha tarde divertida no Centro Cultural de Vincios. Nesta ocasión estaremos acompañados por Carla Muñoz, nai de un neno do noso cole e licenciada en Biblioteconomía, especializada en literatura infantil e promoción a lectura. É unha das fundadoras de "Donde viven los cuentos" espazo de aprendizaxe vivencial na natureza situado en Nigrán. 

Con ela, poderemos disfrutar dunha tarde de contos que deixaran encantados os nenos e nenas, e os maiores tamén. 

Con esta actividade damos comezo a "Divertarde cultural", un lugar de encontro de familias o último sábado de cada mes. Esperámosvos o sábado 27 as 17.00h no centro cultural.

Saúdos ANPA 

Distribuir contido