Curso 2018-19

ORLA 6º EP 2018-19

6º EP - PROMOCIÓN 2018-19

 

 

 

 

 

 

TEMÁTICA DO CURSO 2018-19

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE VINCIOS

O pasado martes visitáronos alumnos e mestres da Agrupación Musical de Vincios. Saxos, trompetas, frautas, batería... foron algúns dos instrumentos que nos acompañaron ao longo do conto que nos contaron. Nós pasámolo xenial escoitando as pezas e adiviñando o seu título.

Grazas polo concerto

 

A NOSA REVISTA ESCOLAR "O XORNALIÑO" 2018-19

 

RIFA DE PRIMAVERA

ESTA VEZ A PREMIADA COA RIFA DO XAMÓN FOI: 

ISABEL QUINTAS, posuidora do número 840, coincidindo co número premiado no sorteo na ONCE de 31 de maio (82840), nai dun alumno do cole. NORABOA  E A SABOREALO!

Cucañas 2019

Este ano a festa da auga tívose que cambiar por culpa deste tempo tan trouleiro que temos, polo que fixemos unha xornada de cucañas moi divertida

 

Conmemoración polo día do Medio Ambiente

O pasado día 5 de xuño conmemoramos o día do medio ambiente no colexio.

Os alumnos de 6º amosáronnos unha presentación sobre o coidado dos nosos montes e logo fomos a plantar unha árbore cos nenos de 3 anos.

 

 
Para poder ver a presentación clicade na seguinte imaxe

LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS

O persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2019 será o antropólogo, historiador e xeógrafo Antón Fraguas Fraguas. Ao longo do curso irémolo coñecendo un pouco máis. 

 

PROGRAMA DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019

 

 

VÍDEO COMPLETO DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS: 14/05/2019

  

 

VÍDEO COMPLETO DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS: 15/05/2019

  

 

VÍDEO COMPLETO DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS: 16/05/2019

 

O bosque dos nenos

En outubro do 2017 o 80% dos montes arderon e o monte Galiñeiro foi queimado.

A comunidade de Montes de Vincios como lembranza propuxo unha plantación de árbores autóctonas preto da area recreativa para colaborar entre todos a recuperar o monte. Os alumnos do centro participaron nesta iniciativa e a xornada foi moi especial!

Camiñamos ata chegar á panasqueira onde un representante da Comunidade nos indicou o lugar máis axeitado para arrancar os eucaliptos.

Levamos guantes, calzado cómodo e mochilas con auga e merenda. Fixemos montóns cos eucaliptos que arrancamos e pensamos que hai que seguir eliminando esta praga que impide o crecemento de especies autóctonas como carballos, castiñeiros ...

Merendamos na panasqueira, bebemos na fonte e xogamos polos arredores. Sentímonos moi ben!

Só nos queda darlle as grazas aos responsables da Comunidade de Montes por ter en conta a nosa axuda e polas tarefas que realizan en defensa dos nosos montes.

Entroido 2019

O pasado venres 1 de marzo saímos pola parroquia para festexar o ENTROIDO, este ano as comparsas xiraron entorno ao noso proxecto anual "Descubrindo o mundo". Aqueles que non puidestes acompañarnos, podedes ver o seguinte video.

 

Distribuir contido