Audición e Linguaxe

PEQUENAS RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS

QUEN SOMOS OS MESTRES/AS DE AUDICIÓN E LINGUAXE?

Somos un grupo de mestres/as que realizamos un traballo de prevención, diagnóstico e tratamento dos trastornos da comunicación.                                       


CONSELLOS XERAIS QUE DEBEMOS TER EN CONTA AS NAIS E PAIS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE DAS NENAS E NENOS

O primeiro que debemos ter en conta é que os nenos/as aprenden a linguaxe escoitando a fala das persoas do seu contorno e o fan principalmente por imitación. Por este motivo, débeselles falar moito, cunha linguaxe sinxela e clara de entender.

 

O QUE NON DEBEMOS FACER......                       

  • Potenciar a linguaxe infantil, empregar palabras mal ditas, imitalos e rirse deles.
  • Empregar onomatopeas para nomear as cousas, por exemplo: “guau-guau” por can ou “burrúm” por coche, etc. Se o neno os emprega, non lle faremos repetir pero nós diremosllo de forma correcta: “sí, ese coche é moi bonito, este coche corre moito”.
  • Acabarlles as frases, falar por eles. Hai que darlles tempo a que se expresen , ter paciencia   para demostrarlles que o que nos están contando é importante para nós.
  • Rifar ao neno cando non diga as palabras de forma correcta ou rirse del. Non intentar corrixir os erros fonolóxicos do neno, limitarse a que o neno nos escoite correctamente e comprenda o  que queremos dicir. Sempre é preferible que fale, aínda que sexa de forma incorrecta, a que se retraia e coarte a súa expresión por medo a rifas ou vergoña.
  • Sufocar aos nenos porque creamos que van lentos, cada quen ten o seu ritmo de fala.
  • Recortar os finais das palabras.

 

 O QUE SI DEBEMOS FACER......               

 

  • A partires dos 18 meses de idade, o neno debe tomar a alimentación como o resto da familia, non feita puré, xa que mastigando desenvolve a musculatura da boca e por tanto mellora a súa linguaxe.

  • Adique moito tempo a comunicarse co seu fillo/a, incluso durante a etapa da lactancia: fálelle, fágalle acenos e fomente en el a imitación de sons e acenos.
  • Léalle ao seu fillo/a todos os días cando tan só teña seis meses. Os contos con imaxes (animais, cores,....) son ideais para estimular o desenvolvemento léxico. Faille participativo cando sinale algunha viñeta.
  • Aproveite as situacións cotiás para reforzar a fala e a linguaxe do seu fillo/a. O momento do baño ou cando se viste, son situacións idóneas para nomear obxectos, prendas de vestir, partes do corpo,.... deste xeito adquirirá o vocabulario de maneira natural e progresiva.
  • Repítelle todo ás veces que necesite, pero sempre de maneira natural.
  • Sempre que o neno inicie unha conversa intenta que esta se manteña o maior tempo posible.
  • Valora os seus pequenos avances, refórzao.
  • Elixe unha actividade que ao neno/a lle resulte motivante e atractiva para que ésta provoque o linguaxe do neno/a.
  • Emprega preguntas abertas. Anímao a contestarche con algo máis que si ou non. Amplía as súas mensaxes.
  • Ensínalle a contar cousas de xeito ordenado : que fixo antes e despois, que fará enseguida, logo,....
  • Pregúntalle a miúdo a que xoga e escoita as súas explicacións.
  • Ver con el un programa infantil de TV e preguntarlle cousas sobre os personaxes, como se chaman, que facían,...
  • Ensinar ao neno/a hábitos de hixiene nasal, que favorezan a respiración e a articulación (ensinarlles a soarse o nariz)
  • Favorecer a relación con outros nenos, xa que a linguaxe é algo social e que se debe desenvolver a través da relación cos outros.   

 

¿QUE XOGOS PODEMOS EMPREGAR PARA FACILITAR A SÚA LINGUAXE?

  • —Buscar diferenzas entre láminas de debuxos similares.
  • —Xogar ao “Vexo-Vexo” (nomeándolle características do obxecto para que o atope)
  • —Xogar co neno/a a imitar sons do contorno, de animais ou persoas, ensinándolle de onde proceden e animándoo a imitalos.
  • —Fomentar o xogo imaxinativo do voso fillo/a, que xogue a peitear bonecas, a conducir, a xogar na granxa,...
  • —Xoga co teu fillo/a a facer movementos cos beizos, como facer morriños, dar bicos, facer pedorretas...; coa lingua, lamberse os beizos, sacar a lingua fóra da boca, subila ata o nariz...(é importante fortalecer os músculos que interveñen na fala)
  • —Realice co neno/a xogos de sopro: inchar globos, sorber con palliñas, pitos, trompetas, soprar velas a diferentes distancias,....

PARA FINALIZAR e a modo orientativo, xa que non debemos esquecer que cada neno/a evoluciona a un ritmo diferente, sinalaremos que cara aos 4 anos o neno/a debe falar correctamente como un adulto, aínda que lle serán difíciles as palabras que conteñan R-RR-PR-PL-BL. Se aos 6 anos continúan estas dificultades é o momento de consultar cun especialista. 

Distribuir contido