Curso 2019-20

ORLA 6º EP 2019-20

6ºEP - PROMOCIÓN 2019-20

 

 

 

 

 

 

TEMÁTICA DO CURSO 2019-20

 

SOLICITUDE DO COMEDOR ESCOLAR

Estimadas familias:

Informamos dende o Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, que o prazo de inscrición no Servizo de comedor escolar para o vindeiro curso 2020/2021 será do 15 de xullo ao 15 de agosto.

As bases, publicadas na sede electrónica, poderan tamén consultarse e descargarse no seguinte enlace da páxina do concello (https://bit.ly/3gLLacl) onde  atoparedes os impresos que deberán presentarse cubertos no Rexistro Municipal ou a través de sede electrónica.

Darase  prioridade á conciliación laboral dos pais e nais que traballan e que precisan o servizo de comedor de luns a venres ou como mínimo tres días a semana, tendo preferencia os alumnos/as do concello de Gondomar. 

Para calquera consulta podedes chamar por teléfono ao servizo de Benestar Social no teléfono 986 36 01 68, no 986 38 44 73  ou no correo ssocial@concellodegondomar.com

Saúdos

BOLETÍN DE NOTAS FINAIS

Estimadas familias:

O día 19 de xuño publicaremos o boletín das notas finais na aplicación Abalar. Estarán visibles ao longo do día, tede paciencia xa que presumiblemente estará saturada.

Queremos agradecervos o traballo realizado dende casa e felicitarvos tanto aos vosos fillos e fillas como a vós por axudar ás titoras a levar esta situación tan difícil da mellor maneira posible. 

Recordamos que na semana de recollida e entrega de material vos axustedes aos horarios publicados máis abaixo para evitar aglomeracións de xente no centro. 

Agardamos que pasedes un bo verán e seguro que en setembro todo vai ben e volvemos á normalidade. Ao alumnado de 6º que marcha ao instituto, deséxámosvos moitísima sorte e que volvades de visita para poder darnos un abrazo grande.

Seguiremos durante o verán publicando as novas que se vaian producindo tales como as datas do calendario escolar ou indicacións da Consellería de Educación en relación á volta ás aulas.

Calquera consulta que queirades realizar seguiremos atendendo mediante correo electrónico (ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal) ou por teléfono (886120042)

Moitas grazas por colaborar, a coidarse moito e FELICES VACACIÓNS!!!

 

QUENDAS PARA A RECOLLIDA DE MATERIAL E DEVOLUCIÓN DE LIBROS DA BIBLIOTECA

Estimadas familias:

Na semana do 22 ao 26 de xuño teredes a oportunidade de acudir ao centro para recoller o material que deixaron os vosos fillos e fillas no centro e tamén para devolver libros que teñades en casa emprestados da biblioteca.

                                               

 

22/06/2020

23/06/2020

24/06/2020

25/06/2020

26/06/2020

10h a 11h

INFANTIL 3 ANOS

1ºEP

FESTIVO

3ºEP

5ºEP

11h a 12h

INFANTIL 4 ANOS

2ºEP

4ºEP

6ºEP

12h a 13h

INFANTIL 5 ANOS

 -

 -

 

  * OBSERVACIÓNS:

  • BIBLIOTECA: devolución de libros emprestados: as familias entregarán á titora os libros, mochilas viaxeiras, etc., o mesmo día que lles toca por recollida do material.
  • Irmáns: as familias que teñan varios fillos/as no centro recollerán o material nun único día que será no horario e curso do fillo/a de maior idade.
  • 5ºEP: Devolución portátiles E-Dixgal (non obrigatorio).
  • 6ºEP: Entrega ás familias dos Historiais Académicos ao alumnado que promociona a ESO. Asinaredes documento de recollida.
  • Especialidades: entregan o material da súa área previamente á titora.
  • Caixa de roupa e obxectos perdidos: podedes preguntar por prendas de roupa ou obxectos perdidos, xa que a finais de xuño desfacémonos do contido da caixa.
  • Intentade respectar os horarios fixados. No caso de que algunha familia non poida vir na súa franxa horaria, porase en contacto coa titora.
  • Non se permitirá a entrada ao interior do edificio. Habilitaremos unha zona no exterior do centro.
  • Manteñamos as medidas hixiénicas precisas e a distancia de seguridade mínima de 2 metros no acceso ao centro.

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DO MEDIO AMBIENTE NO CONCELLO DE GONDOMAR CUNHA PEQUENA REPRESENTACIÓN DO COLEXIO

O concello de Gondomar celebrou o venres 5 de xuño o Dia do Medioambiente cun pequeno acto no que se plantaron dous cerezos na contorna da estación de autobuses. No acto, ademais do alcalde e o concelleiro de Medioambiente, participaron a coordinadora de Teachers for future España, Miriam Leirós, a titora de 6ºEP, Mª José e unha pequena representación de alumnos/as do citado curso do noso colexio.            

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS POR SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR DE EDUCACIÓN INFANTIL DO CONCELLO DE GONDOMAR

Aberto o prazo de solicitude de axudas por situacións de emerxencia social para adquisición de material escolar de Educación Infantil (nenos/as de 3 a 5) para o curso 2020-2021 do Concello de Gondomar destinado a alumnos/as matriculados nos colexios do municipio dende o 1 ata o 30 de xuño.

O Departamento de Benestar Social do Concello de Gondomar, que dirige a Concelleira Nuria Lameiro Valverde, abre o prazo de presentación de solicitudes de AXUDAS POR SITUACIÓNS DE EMERXENCIA SOCIAL para a adquisición de material escolar de EDUCACIÓN INFANTIL, (NENOS/AS de 3 a 5 anos ) dirixidas as familias en situacións de vulnerabilidade, para o curso 2020-2021 destinadas a alumnos matriculados nos centros escolares do Concello.

As familias interesadas poden solicitar INFORMACIÓN E CITA PREVIA no Departamento de Benestar Social no teléfono 986360168.

O prazo para presentar estas solicitudes estára aberto dende o 1 ata o 30 de Xuño.

Con respecto á solicitude do comedor escolar 2020-21, de momento está pechado o prazo, avisaremos no momento en que se notifique. 

 

GAÑADORES CERTAME XOANIÑA 2020

Despois de moito deliberar e darlle voltas, porque mira que foi complicado, tivemos que tomar unha decisión e os gañadores son:

Nicolás Alborés Iglesias, coa narración “Evan, o exterminador do COVID”, 1º Primaria.

Iago Soto Galván, co relato “Cincuenta e dous días en chándal”, 2º Primaria.

Lois Martínez Otero, co poema titulado “Estou na casa”, 3º Primaria.

Lía Alonso Salgueiro, coa narración “Que ocorre aquí?”, 4º Primaria.

Ivo Cea González, coa narración “Xoaquín”, 5º Primaria.

Martín Ares Novas, coa narración “Lembranzas da miña escola”, 6º Primaria.

Parabéns! E moitas grazas a tod@s os que participastes porque sen vós non sería posible!     

       17 de maio de 2020

      Equipo de Dinamización da Lingua Galega

 

 

TODO SAIRÁ BEN!!!

 

Todo sairá ben!

 

Esta vez, queremos agasallarvos cunha cantiga creada pola profe Elena, chea de agarimo para todos os nenos e nenas do cole.

Deste xeito festexamos as letras galegas e cantamos as nosas ganas de volver atoparnos...

 

SUSPENSIÓN DAS CLASES

07/05/2020: RESERVA DO TRANSPORTE ESCOLAR PARA O CURSO 2020-21

Estimadas familias: desde hoxe e durante todo o mes de maio tedes de prazo para realizar a reserva do transporte escolar para o vindeiro curso 2020-21. A solicitude podedes descargala aquí en formato word para que poida ser modificada e será enviada cuberta ao correo do centro (ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal). En caso de non dispor de impresora en casa, podedes cubrila no ordenador ou móbil e enviar sen asinar.

A dirección

 

06/05/2020: REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN PRESENCIAL PARA O CURSO 2020-21 DESDE O LUNS 11 DE MAIO

A Consellería de Educación publicou hoxe na súa páxina web as instrucións para o desenvolvemento da reapertura do proceso de admisión para o vindeiro curso destinado ao novo alumnado que queira matricularse no centro:

1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive.

2. Modalidades para a presentación: 

a) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e presentala asinada de xeito manual no centro.

b) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e asinala en Sede Electrónica con certificado dixital.

c) Cubrir a solicitude Anexo II-ED550B manualmente e presentala asinada presencialmente no centro.

O seguinte Manual para as familias servirá de guía para poder cubrir o Anexo II:

 - Manual para as Familias

3.Novos prazos do procedemento: 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

4. Horario de atención no centro ás familias: de 11h a 13h. Se algunha familia non pode levar a documentación nesa franxa horaria, pode comunicarse co centro en calquera horario por teléfono (886120042) ou mediante correo electrónico (ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal) para poder atendela noutro momento. Ante calquera dúbida deste proceso podedes utilizar estes medios de comunicación previa.

Podedes consultar no apartado "matrícula" desta web a documentación necesaria. Os novos prazos son os que publicamos hoxe.

A dirección

 

28/04/2020: INSTRUCIÓNS PARA O 3º TRIMESTRE

A Consellería de Educación publicou na súa páxina web as instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936

As actividades lectivas seguirán desenvolvéndose de modo non presencial ata que as autoridades sanitarias indiquen o contrario, pero non se estenderán más alá do 19 de xuño, manténdose así o calendario escolar do presente curso. O centro continuará desenvolvendo a actividade non presencial a través dos diferentes blogues e coa comunicación e atención ás familias a través das titorías. Recordamos que para calquera consulta, podedes contactar co centro a través do teléfono do centro (886120042), por correo electrónico (ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal) ou ben pola mensaxería AbalarMóbil. 

Aproveitamos para darvos moito ánimo e recoñecer o esforzo que estades a demostrar todas as familias nesta situación excepcional.

Apertas!!!

 

04/04/2020: IMPRESORA DO CONCELLO DE GONDOMAR

Estimadas familias: 

Comunicámosvos que o Concello de Gondomar puso en marcha un servizo de apoio aos veciños/as que teñan problemas para imprimir documentos oficiais, actividades docentes, etc, durante o tempo que dure o confinamento. Aquelas familias interesadas poderán enviar a documentación a través do correo electrónico alcaldia@concellodegondomar.com xunto co nome, dirección e teléfono de contacto. O Concello achegará a impresión da documentación ao domicilio familiar no menor tempo posible.

Saúdos e moitos ánimos!!!

 

02/04/2020: BOLETÍNS DE NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN

Estimadas familias:

Ante todo queremos agradecervos o esforzo que realizades a nivel familiar para que as vosas fillas e fillos poidan seguir as tarefas programadas polo profesorado nunha situación novidosa e difícil de levar. Enviámosvos todos os ánimos para continuar!!!

Comunicámosvos que, seguindo instrucións da Consellería de Educación, a 2ª avaliación dáse por pechada con data 13 de marzo, momento de paralización das clases presenciais, e os boletíns de notas serán enviados mediante a aplicación Abalar Móbil o día 3 de Abril ás 17 horas. 

Aproveitamos para recordar que, tendo en conta as instrucións da Consellería de Educación, mantense o calendario escolar establecido. Deste xeito, as vacacións de Semana Santa abranguen desde o día 4 ata o vindeiro luns 13 de abril incluídoEstamos á espera de instrucións de como proceder de cara á 3ª Avaliación. Nesta web iremos actualizando a información cando existan comunicacións oficiais.

Se aínda non tedes activada a aplicación no voso móbil, podedes contactar co centro por teléfono (886120042) ou ben por correo electrónico (ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal). Tamén o enderezo web https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/atendemolo está dispoñible para enviar unha consulta ou incidencia sobre o espazoAbalar.

Podedes consultar a guía AbalarMóbil no seguinte enlace:

 

 

 

22/03/2020: "APRENDEMOS EN CASA"

Estimadas familias: O Ministerio de Educación, en colaboración con RTVE, poñerá en marcha a partir do luns 23 a iniciativa "Aprendemos en casa", dirixida a escolares de entre 6 e 16 anos para facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva motivada polo estado de alarma. Emitirase en aberto durante as mañás, de luns a venres, en Clan TV e na 2 de TVE. 

É un recurso dirixido sobre todo, a aquelas familias que teñen problemas para acceder ás actividades telemáticas que proporcionan os centros.

https://www.rtve.es/rtve/20200320/rtve-aprendemos-casa/2010489.shtml

Accede aos horarios AQUÍ

 

17/03/2020: BLOGUES DE AULA PARA AS ACTIVIDADES TELEMÁTICAS

Estimadas familias: Podedes acceder aos diferentes blogues do profesorado para que as vosas fillas e fillos realicen as diferentes actividades propostas. 

Ante calquera dúbida ou consulta podedes chamar por teléfono ao centro ao 886120042 ou mediante correo electrónico a ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal

É importante manter durante este tempo o hábito de estudo e o esforzo persoal pero tampouco queremos xerar situacións de ansiedade en casa. As actividades non serán avaliables, así que, organizade dentro das vosas posibilidades as tarefas escolares.

Grazas pola vosa colaboración e moito ánimo!!! 

  

13/03/2020: ACTUALIZACIÓN NOVAS INSTRUCIÓNS

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30550

 

- Proceso de admisión - matrícula 2020-2021:

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases. Se algunha familia desexa enviar escaneada toda a documentación solicitada, pode realizalo mediante correo electrónico ao centro co compromiso de entregar a documentación orixinal cando se normalice a situación. Non atenderemos ningunha solicitude presencialmente ata que se reinicien as clases.

 

- Actividades telemáticas:

O profesorado programará actividades telemáticas xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables. Estas actividades intentaremos que estean dispoñibles a partir do martes e de forma progresiva na páxina web do centro cos enlaces aos blogues de aula e na plataforma Edixgal só para 5ºEP. 

 

- Titorías:

O profesorado tamén reorganizará as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e titorización non presencial da súa aula. Durante o tempo que dure a suspensión das clases, as comunicacións do Centro e do profesorado coas familias realizaranse mediante a aplicación AbalarMóbil, páxina Web, correo electrónico ou telefonicamente e nunca de forma presencial.

 

CIRCULAR DO CENTRO 13/03/2020

 

12/03/2020: MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO EN RELACIÓN COA PANDEMIA COVID-19 PARA OS VINDEIROS 14 DÍAS NATURAIS CONTADOS DENDE O DÍA 16 DE MARZO DE 2020:

- Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios: comedor, transporte e servizo de aula matinal.

- Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado, así como todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.

- O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

- O profesorado tamén reorganizará as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e titorización non presencial da súa aula.

 

Se non hai outras indicacións, a reanudación das actividades lectivas será o luns 30 de marzo.

 

Grazas pola vosa colaboración

 

Distribuir contido