Curso 2014-15

ORLA 6º EP 2014-15

6º EP - PROMOCIÓN 2014-15

 

 

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 

                    

 

 

 

 

 

 

 

TEMÁTICA DO CURSO 2014-15:

"A POUQUIÑO A POUCO CREAMOS O NOSO HORTO"

(PREMIO PROVINCIAL VOZ NATURA 2014-15)

A nosa programación televisiva

Durante a semana da prensa que se conmemorou no mes de marzo, os alumnos do colexio estiveron traballadno as diferentes seccións que poden atopar dentro dela .

Como colofón final, elaboraron un programa televisivo a través do cal convertíronse en presentadores, cámaras...prepararon decorados, elaboraron novas ...fixeron un moi bo traballo.

Aquí vos deixamos algúns dos videos, esperamos que vos gusten

Noraboa

 

telexornal 3 from librincios on Vimeo.

cotilleos from librincios on Vimeo.

noticias galactivas 4 anos from librincios on Vimeo.

programa de 5º from librincios on Vimeo.

telexornal 3 from librincios on Vimeo.

noticias nos xornais from librincios on Vimeo.

crítica 4º from librincios on Vimeo.

anuncio horoscopo from librincios on Vimeo.

programa musical 6º from librincios on Vimeo.

5 de xuño, Día do medio ambiente

O venres, día 5 de xuño,   celebramos o Día do Medio Ambiente. Como en anos anteriores as nenas e nenos de 3 anos plantaron unha árbore, esta vez foi unha laranxeira. A seguir todo o alumnado do centro fixo unha recollida de lixo no patio e polos arredores.

 

 

 

O CEIP SERRA-VINCIOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Os alumnos de 5º e 6º desenvolveron un obradoiro de prevención do acoso escolar, de acordo co Protocolo de prevención, detección e tratamento do acoso escolar e ciberacoso do centro, así como do Plan de Convivencia. Unha das actividades que realizaron foi un suposto práctico no que os alumnos escribiron cartas de comprensión e apoio destinadas a unha nena que sofre acoso escolar. Frases como "estou contigo", "eu apóiote", "denúnciao", "dillo ós teus pais", "fala cos profesores", "non estás soa" ou "podemos axudarte" foron as máis recurrentes.


CEIP SERRA VINCIOS "PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA VOZ NATURA 2014-15"

O noso cole conseguiu o Premio Provincia de Pontevedra do Programa de Educación Medioambiental Voz Natura, curso 2014/2015, polo traballo realizado baixo o título: "Pouquiño a pouco creamos o noso horto". Consiste nunha dotación económica de 1.500€ que serán investidos no horto para o próximo curso. 

Foi entregado na Festa Fin de Curso que se celebrarou o sábado, 6 de xuño, no Parque Deportivo de Acea de Ama, no concello de Culleredo, A Coruña.

 

O colexio puxo un autobús gratuíto para as familias que quixeron compartir con nós este día de festa. Moitas grazas por asistir. Houbo actuacións, espectáculos e as exposicións dos traballos. Irene e Carmen estiveron traballando na exposición do noso traballo e quedou fantástica. Iker de 4º e Leire de 1º recolleron o premio con Irene que foi a coordinadora do proxecto. 

O premio é froito do traballo dos alumnos/as que son os verdadeiros protagonistas, das nais e país que apoian as nosas actividades e participan delas e tamén do equipo de profesores/as que traballou durante todo o curso con moita ilusión.

Se queredes ver todo o proceso do desenvolvemento do proxecto visita o noso blog de Voz Natura: http://onosohorto.blogspot.com.es/ e na páxina de Voz Natura todo o que aconteceu na festa http://www.voznatura.com/

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!

CONCURSO VOZ NATURA

Como xa sabedes este ano participamos no proxecto Voz natura e querémosvos volver a pedir a vosa axuda para o concurso “Qué fixemos este ano polo medio ambiente”

Para elo, debedes  votar no seguinte link https://www.facebook.com/voznatura/app_154581087931912  os nosos videos . Calquera usuario que teña facebook pode acceder as votacións, polo que podedes compartir os nosos videos para que os vosos coñecidos poidan votalos tamén.

Os links dos nosos videos son os seguintes

https://premium.easypromosapp.com/voteme/32337/620370682

https://premium.easypromosapp.com/voteme/32337/620370076

https://premium.easypromosapp.com/voteme/32337/620370697

https://premium.easypromosapp.com/voteme/32337/620370663

https://premium.easypromosapp.com/voteme/32337/620370070

 

 Os cinco videos máis votados pasarán a seguinte fase onde un xurado elixirá o gañador.

Moitas grazas pola vosa participación

EDUCACIÓN FÍSICA: VÍDEOS DA PISCINA 2015

Un ano máis acudimos ás instalacións da Piscina da Ramallosa a realizar exercicio físico nas horas de educación física todos os mércores de abril e maio. Un luxo ver a motivación que amosa o alumnado cando realiza esta actividade:

  • Spinning
  • Tonificación e Circuítos de Forza
  • Pilates
  • Natación, Habilidades Motrices e Xogos Acuáticos

Os alumnos/as aprenderon a utilizar unha instalación deportiva pública, compartíndoa con outros usuarios e recibiron a felicitación dos monitores polo seu comportamento.

Isto é posible grazas á financiación da COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS que aposta todos os anos pola educación dos nenos e nenas da parroquia, á ANPA pola súa subvención e á boa disposición diaria co colexio e aos PAIS E NAIS de 5º e 6º pola súa confianza nesta actividade.

PARABÉNS, SODES AUTÉNTICOS DEPORTISTAS!!!

Nas seguintes montaxes podedes ver un resumo das 8 sesións:

VÍDEOS:

 

FOTOS:

VISITA Ó IES TERRA DE TURONIO

Os alumnos/as de 6º de Primaria visitaron este venres día 22 de Maio o IES  Terra de Turonio en Gondomar. Trátase dunha actividade cuxa finalidade é  a  coordinación entre etapas e centros educativos, facilitando o tránsito  dos alumnos/as de Primaria á E.S.O.

Os alumnos percorreron as instalacións, coñeceron os profesores e o funcionamento do centro, etc. Finalmente, despedíronnos cunha deliciosa merenda. 

 

 

LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

Cada ano o alumnado e o profesorado realizan actuacións de maior nivel no Festival das Letras Galegas. Tanto o xoves 14 como o venres 15 a sala de usos múltiples do cole estaba abarrotada de pais e nais.

 

 

* Vídeo da presentación do festival e introdución da vida e obra de Xosé Filgueira Valverde, polos alumnos/as de 6º EP:

 

* Actuación dos nenos/as de 3 anos EI que cantan e bailan “O peixe salmonete” de Golfiños:

 

* Actuación dos nenos/as de 3º EP que representan a obra de teatro “A camisa dun home feliz” de Leon Tolstoi:

 

* Canción e baile dos nenos/as de 4 anos EI, “ Que baile con quen?”:

* O curso de 1º EP canta e baila ao ritmo de “Unha cebola Ie-Ie”:

* Performance de 4º EP, “Palabras”:

* Vídeo das máxicas actuacións musicais do xoves 14 a cargo de: - Paula Estévez (4º EP) – “Seis pezas infantís” (piano) - Noa Costas (4º EP) – “Baixo un botón” (piano) - Paula Álvarez (4º EP) – “Estudio 41” (piano) - Claudia Comesaña (6º EP) – “O lago dos cisnes” (clarinete)

* Canción e baile “Brindo por ti” de 2º EP:

* Actuación do alumnado de 5 anos EI, cantan e bailan “Pingüíns”:

* O curso de 5º EP canta e interpreta: “Dolores” de A Matumbá:

* O grupo de 6º EP representa a Performance (parodia do programa da tele A Voz): “Isto é a voz!”

* Vídeo das máxicas actuacións musicais do venres 15 a cargo de: - Tania Rodríguez (5º EP) – Banda sonora do “Titanic” (piano) - Ángela Vila (5º EP) – “Danza” (piano) - Nara Rial (6º EP) – Fragmentos de “Nana de Santa Margarida”, “Canción nocturna” e “Himno a Santa Cecilia” (óboe) - Mauro Artos (6º EP) – “Ouro de outono” (trombón) - María Álvarez (6º EP) - “Minueto” de J. S. Bach (frauta)

 

 

* Para rematar, a entrega dos premios do “XX Certame Literario” A Xoaniña e do concurso “En Nadal, tamén en galego”:

Distribuir contido