Actividades e Propostas

Obradoiros de Pascua

OBRADOIROS DO 2º TRIMESTRE

 

E para rematar o trimestre con bo sabor de boca, o luns 18 de marzo decidimos xuntarnos de novo para compartir experiencias, ideas e moita diversión. Puidemos gozar de 4 obradoiros variados: Land Art, Radio, Atrapasoños na escuridade e Decoración de Ovos de Pascua. 

 

A continuación podedes ver as creación feitas nestes obradoiros:

  

 

Exposicións 1º trimestre

Hoxe os nenos e nenas de 3º e 4º de E.P., agasalláronnos cunha fermosísima exposición sobre a AUGA: a súa procedencia, a importancia de non malgastala, como incide na nosa calidade de vida, etc.
Esforzáronse moitísimo na investigación e elaboración deste proxecto
Premer sobre a imaxe para visualizar "De onde vén a auga?"
 
Premer na imaxe para visualizar "Con auga na mochila".

 

Obradoiros de Nadal 1º ciclo

Este curso quixemos adiantarnos ao nadal cuns obradoiros moi divertidos. Durante dúas semanas tódolos nenos e nenas do primeiro ciclo nun obradoiro audivisual, un obradoiro de arte, un obradoiro de cociña e un obradoiro no horto.

 

Entrevista a Orencio polo 2º ciclo

  A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Invitamos a Orencio e a Rodrigo para que nos falaran sobre as augas do Galiñeiro e como un grupo de veciños, uns emprendedores, polo ano 1974 decidiron captar augas no monte e crear unha traída de augas para as vivendas de Vincios e tamén para o cole. 

    Proxecto que levaron a cabo con moito esforzo, colaboración e traballo de tod@s os interesados na auga do Galiñeiro.

    Contáronnos como traballaban os sábados e os domingos, que cada veciño aportou 13.000 pesetas e moito esforzo para facer as gabias e meter as tubaxes.

    E como todo esforzo merece unha recompensa, a principios do ano 1976 xa había auga da traída en moitas vivendas de Vincios.

Proxecto Revitaliza

O venres estivemos a investigar que bechos viven na terra da horta e nos restos da composteira. A simple vista parece que non están pero se observamos con  coidado podemos ver moitos  seres que viven transformando os restos vexetais e alimentarios en compost para a nosa horta. Con axuda das lupas e dos microscopios puidemos visualizar moitas características destes seres vivos.

    Antón, o monitor do Programa  Revitaliza, amosounos moitos dos bechos que viven na terra e falounos da importancia que ten a actividade que realizan. 

SAMAÍN 2023: CESTAS DE OUTONO

11/08/2023 13:49

Como todos os anos, as vosas cestas de outono deixáronnos abraiados!

Podedes desfrutar da exposición de cestas deste ano no seguinte vídeo.

SAMAÍN 2023: A FESTA DAS CABAZAS

11/06/2023 13:37

O DÍA 31 DE OUTUBRO CONMEMORAMOS O SAMAÍN COA EXPOSICIÓN DAS VOSAS CABAZAS

QUE, COMO CADA ANO, ENCANDEÁRONNOS!

PARA TREMER DE MEDO!!

 

 

 

O samaín en Educación Infantil

Para festexar a chegada do Samaín este curso xuntámonos as tres aulas de infantil e fixemos divertidísimos obradoiros monstruosos de arte e luz negra: tranformámonos en monstros, buscamos bechos en apócemas noxentas, construímos castelos tenebrosos e ata decoramos cabazas ao estilo de Yayoi Kusama.

 

Arte creativo nos maios

O alumnado de infantil realizou uns obradoiros moi creativos coa chegada dos maios.

Logo de chegar as casas unha nota invitándoos a participar nunha actividade o venres 26 de abril, todos acudimos a biblioteca para contrastar información e a partir dese momento comeza un día cheo de aventuras nos diferentes obradoiros de cociña creativa e aeativo. EN cada un dos obradoiros intentouse achegar as características da estación na que se festexan os maios, as características desta festa popular e a creación de música co material "Tecla a Tecla" a través das flores.

Pasámolo xenial

Clicade na imaxe se queredes ver o que fixemos nestes obradoiros primaverais

 

Microscopio dixital

Xa chegou ao centro un novo material que nos axudará a investigar e gozar ca ciencia... 

A primeira experiencia que tiveron os alumnos de 6º co microscopio foi que emprégano cas tablets, é observar os diferentes materias , por exemplo ver as células da cebola, da nosa pel…

 

Microscopio dixital
Distribuir contido