Actividades e Propostas

Entrevista a Orencio polo 2º ciclo

  A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Invitamos a Orencio e a Rodrigo para que nos falaran sobre as augas do Galiñeiro e como un grupo de veciños, uns emprendedores, polo ano 1974 decidiron captar augas no monte e crear unha traída de augas para as vivendas de Vincios e tamén para o cole. 

    Proxecto que levaron a cabo con moito esforzo, colaboración e traballo de tod@s os interesados na auga do Galiñeiro.

    Contáronnos como traballaban os sábados e os domingos, que cada veciño aportou 13.000 pesetas e moito esforzo para facer as gabias e meter as tubaxes.

    E como todo esforzo merece unha recompensa, a principios do ano 1976 xa había auga da traída en moitas vivendas de Vincios.

Proxecto Revitaliza

O venres estivemos a investigar que bechos viven na terra da horta e nos restos da composteira. A simple vista parece que non están pero se observamos con  coidado podemos ver moitos  seres que viven transformando os restos vexetais e alimentarios en compost para a nosa horta. Con axuda das lupas e dos microscopios puidemos visualizar moitas características destes seres vivos.

    Antón, o monitor do Programa  Revitaliza, amosounos moitos dos bechos que viven na terra e falounos da importancia que ten a actividade que realizan. 

Conmemoramos o 25 N

Como cada ano, segue a ser moi necesario non esquecer que aínda hai  mulleres e nenas sufrindo situacións de maltrato e abusos por razóns de sexo, e, continúa a ser fundamental a implicación de todos e todas nós para loitar contra esta lacra.

 

Desta volta, a profe Lucía, compartiunos unha dura e moi emotiva historia real que tivo lugar na primeira metade do século XX, na República Dominicana baixo a dictadura de Rafael L. Trujillo, cuxas protagonistas foron as tres irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa Mirabal.

 

Estas tres mozas, "As Bolboretas", foron asasinadas, por orde do dictador Trujillo e como consecuencia dunha vinganza persoal, un 25 de Novembro de 1960. Por este motivo, para conmemorar a loita que emprenderon pola liberdade, as Nacións Unidas instituíu este día como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e tamén para seguir sendo conscientes de que, ao longo do mundo, moitas mulleres e nenas viven situacións de maltrato por ser mulleres, sen acceso, moitas veces, a educación, sanidade, xustiza, protección... en definitiva, sen dereito a unha vida digna e en liberdade.

 

Neste pequeno vídeo podes ver como vivimos a semana do 25 de Novembro no cole, descubrindo a sobrecolledora historia das Irmás Mirabal e cun obradoiro no que elaboramos Bolboretas para rendir a nosa humilde homenaxe as vítimas de violencia de xénero que, ao longo deste ano (ata a celebración deste obradoiro), foron asasinadas en España.

 

SAMAÍN 2023: CESTAS DE OUTONO

11/08/2023 13:49

Como todos os anos, as vosas cestas de outono deixáronnos abraiados!

Podedes desfrutar da exposición de cestas deste ano no seguinte vídeo.

SAMAÍN 2023: A FESTA DAS CABAZAS

11/06/2023 13:37

O DÍA 31 DE OUTUBRO CONMEMORAMOS O SAMAÍN COA EXPOSICIÓN DAS VOSAS CABAZAS

QUE, COMO CADA ANO, ENCANDEÁRONNOS!

PARA TREMER DE MEDO!!

 

 

 

O samaín en Educación Infantil

Para festexar a chegada do Samaín este curso xuntámonos as tres aulas de infantil e fixemos divertidísimos obradoiros monstruosos de arte e luz negra: tranformámonos en monstros, buscamos bechos en apócemas noxentas, construímos castelos tenebrosos e ata decoramos cabazas ao estilo de Yayoi Kusama.

 

Arte creativo nos maios

O alumnado de infantil realizou uns obradoiros moi creativos coa chegada dos maios.

Logo de chegar as casas unha nota invitándoos a participar nunha actividade o venres 26 de abril, todos acudimos a biblioteca para contrastar información e a partir dese momento comeza un día cheo de aventuras nos diferentes obradoiros de cociña creativa e aeativo. EN cada un dos obradoiros intentouse achegar as características da estación na que se festexan os maios, as características desta festa popular e a creación de música co material "Tecla a Tecla" a través das flores.

Pasámolo xenial

Clicade na imaxe se queredes ver o que fixemos nestes obradoiros primaverais

 

Microscopio dixital

Xa chegou ao centro un novo material que nos axudará a investigar e gozar ca ciencia... 

A primeira experiencia que tiveron os alumnos de 6º co microscopio foi que emprégano cas tablets, é observar os diferentes materias , por exemplo ver as células da cebola, da nosa pel…

 

Microscopio dixital

Obradoiros creativos no terceiro ciclo

Os equipos de traballo do 3º ciclo están formados e puxéronse a traballar entorno a 4 obradoiros diferentes

Obradoiro equipo Robotena. O taller céntrase na robótica, de modo que se dinamizasen os materiais enviados ao centro por Polos creativos e se fixese unha primeira aproximación do alumnado á programación. Neste caso, utilizamos os micro: bit e o Nezha, para o cal a titora de 6º asistiu á formación deseñada polo centro de formación e recursos no marco do programa de Polos Creativos.

Obradoiro Divermate. O taller céntrase en traballar contidos matemáticos con diverso materiais e de maneira lúdica.

Obradoiro de Potcast/ Animando debuxos/ Edición final : estes obradoiros buscan o desenvolvemento da competencia dixital da man das competencias lingüística e persoal, sociale de aprender a aprender. 

Obradoiro Canva e códigos QR

Algunhas das experiencias foron...

Nos obradoiros de debuxo animado empregaron a App cap-cut para facer historias animadas como a historia do partido de beisbol( clicade na imaxe para velo)

 

No obradoiro de robotina, realizaron un secador de pelo

Iniciáronse na progrmación 

 

Unha viaxe polo mundo

O Polo Creativo do noso cole ponse en marcha e aínda que non o temos totalmente preparado os alumnos do 2º ciclo comezan os seus obradoiros de investigación para dar como producto final un telexornal moi especial.

Cos equipos informáticos fixemos a búsqueda de información

Elaboramos os complementos que levaríamos durante a gravación cos diferentes materiais e ferramentas

E por último empregamos os dispositivos móviles para realizar un video co chroma , se queredes ver o resultado final só tedes que clicar na imaxe.

 

Distribuir contido