Entrevista a Orencio polo 2º ciclo

  A semana pasada tivemos unha visita moi especial. Invitamos a Orencio e a Rodrigo para que nos falaran sobre as augas do Galiñeiro e como un grupo de veciños, uns emprendedores, polo ano 1974 decidiron captar augas no monte e crear unha traída de augas para as vivendas de Vincios e tamén para o cole. 

    Proxecto que levaron a cabo con moito esforzo, colaboración e traballo de tod@s os interesados na auga do Galiñeiro.

    Contáronnos como traballaban os sábados e os domingos, que cada veciño aportou 13.000 pesetas e moito esforzo para facer as gabias e meter as tubaxes.

    E como todo esforzo merece unha recompensa, a principios do ano 1976 xa había auga da traída en moitas vivendas de Vincios.