BLOGUES DO COLE
Enviado por Anónimo o Ven, 02/14/2014 - 14:47
No cole están funcionando varios blogues, clica na imaxe ou no nome para acceder ao blogue e ver as actividades que realizamos:
|
Ademáis na web do CEIP Serra Vincios poderedes atopar un montón de xogos para tódalas idades.
(clica na imaxe para poder acceder)
PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO: MATRÍCULA CURSO 2021-2022
Enviado por admin o Mér, 06/30/2021 - 15:47XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA NOVAS FAMILIAS:
Este ano, e debido á situación da Covid-19, non realizaremos ningunha reunión presencial de xornada de portas abertas nin poderemos amosar as instalacións do colexio. Na páxina web tedes bastante información sobre o funcionamento e no apartado "instalacións" podedes ver fotos do centro.
En horario de 12h a 14h poderemos atendervos telefonicamente por se queredes realizar algunha consulta.
Podedes abrir o folleto informativo sobre o centro CLICANDO NA PORTA.
Presentaranse as SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO 1 AO 20 DE MARZO en HORARIO de 12h a 14h.
Se queres ver como traballamos en Infantil clica no seguinte video:
CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN |
|
Reserva de praza no centro de orixe: para o alumnado de 6º que reserva praza no IES Terra de Turonio |
11 de xaneiro-8 de febreiro |
Data do sorteo público a efectos de desempate |
antes do 1 de marzo |
Publicación de postos escolares vacantes |
antes do 1 de marzo |
Presentación da solicitude de admisión (para alumnado de nova incorporación ao centro) |
1-20 de marzo |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (en caso de que haxa máis solicitudes que vacantes) |
10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión |
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas (no taboleiro do Centro, nesta páxina Web mediante código facilitado á familia ou a través da Aplicación AdmisionAlumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital) |
antes do 25 de abril |
Presentación das reclamacións |
5 días hábiles a partir do 25 de abril |
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas (no taboleiro do Centro, nesta páxina Web mediante código facilitado á familia ou a través da Aplicación AdmisionAlumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital) |
antes do 15 de maio |
Formalización da matrícula en educación infantil e primaria |
20-30 de xuño |
DESCARGAS: DOCs PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO |
|
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a orde anterior citada (DOG do 1/02/2017). - Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a orde anterior citada (DOG do 22/12/2020). |
|
Listaxes Provisionais de Admitidos e non Admitidos, antes do 25 de abril (consulta por código). |
|
Listaxes Definitivas de Admitidos e non Admitidos, antes do 15 de maio (consulta por código). |
|
O prazo para entregar a solicitude de admisión Anexo II-ED550B é do 1 ao 20 de marzo e hai 3 formas de cubrila: 1) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e presentala asinada de xeito manual no centro. 2) Informáticamente na Aplicación AdmisionAlumnado e asinala en Sede Electrónica con certificado dixital. 3) Cubrir a solicitude Anexo II-ED550B manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. O seguinte Manual para as familias servirá de guía para poder cubrir o Anexo II:
|
|
Anexo III-1: Formulario de Matrícula en Educación Infantil e Primaria, do 20 ao 30 de xuño. |
|
VÍDEOS DAS PANXOLIÑAS 2020
Enviado por admin o Mér, 12/23/2020 - 02:06Este ano foi imposible realizar o Festival de Nadal de forma presencial, pero si que cada curso gravou a súa panxoliña e aquí temos o Festival virtual:
FELICES FESTAS!!!
Pincha nas diferentes imaxes:
- Panxoliña Educación Infantil
- Panxoliña 1ºEP
- Panxoliña 2ºEP
- Panxoliña 3ºEP
- Panxoliña 4ºEP
- Panxoliña 5ºEP
- Panxoliña 6ºEP
VISITA E AGASALLOS DO APALPADOR
Enviado por admin o Mar, 12/22/2020 - 22:42Hoxe día 22 de decembro e último día antes das vacacións de Nadal, tivemos unha agradable sorpresa coa visita do Sr. Apalpador que trouxo moitos agasallos para todos os nenos e nenas do cole. Dámoslle as grazas á ANPA por invitar a este personaxe tan máxico e misterioso!!!
BO NADAL A TODOS/AS E FELIZ ANO NOVO 2021
Enviado por admin o Mar, 12/22/2020 - 11:34A postal de Nadal gañadora do Concurso 2020 foi para a aula de 3 anos, Noraboa por agasallarnos con esta fermosa postal!!!
BO NADAL !!!
A COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS REPARTE MÁSCARAS AO ALUMNADO DO COLEXIO
Enviado por admin o Ven, 12/11/2020 - 15:21O día 11 de decembro, a Comunidade de Montes de Vincios, por medio de Antonio Gallego, agasallou a todos os nenos e nenas que non recibiron as axudas da Consellería de Educación, cunha máscara hixiénica de 40 lavados.
O centro agradece as axudas constantes que recibimos da citada entidade e que repercuten no benestar das familias da parroquia. Moitas grazas!!!
PUBLICACIÓN DA ORDE QUE REGULA A REPARTICIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
Enviado por admin o Lun, 11/30/2020 - 23:0030/11/2020: Resolución das axudas para a repartición de máscaras entre o alumnado
Estimadas familias:
Comunicámoslle que todas aquelas familias que foron beneficiarias das axudas para material escolar no presente curso, tamén son beneficiarias das axudas para a repartición de máscaras.
O centro adquiriu 5 máscaras por alumno/a en función da súa durabilidade (40 lavados a 600C) e dos días lectivos que restan de curso e que serán repartidas mañá día 1 de decembro. Son máscaras hixiénicas reutilizables que cumpren coa normativa UNE 0065 para uso do alumnado. Xunto coas máscaras recibiredes un documento xustificativo da recepción que deberedes devolver asinado ao centro.
13/11/2020: Axudas para a repartición de máscaras entre o alumnado
Estimadas familias:
A Consellería de Educación publicou a Orde que regula as bases para a repartición de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria.
Será beneficiario aquel alumnado:
1.Que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar na última convocatoria.
2.Que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que:
a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.
Descarga aquí o Anexo da solicitude e a nota informativa coas instrucións de como proceder.
CONCERTO SANTA CECILIA 2020
Enviado por admin o Dom, 11/22/2020 - 22:47Disfrutade deste gran concerto do alumnado do cole de Vincios, grandes artistas!!!
DÍA DA INFANCIA
Enviado por admin o Ven, 11/20/2020 - 15:04Hoxe día da infancia fixemos este vídeo con todos os nenos e nenas do cole, agardamos que vos guste...
SAMAÍN 2020
Enviado por admin o Dom, 11/15/2020 - 15:12Así festexamos o samaín no cole, este ano tan diferente!!!
