Consello escolar

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

RENOVACIÓN PARCIAL 

DO CONSELLO ESCOLAR

SECTOR NAIS e PAIS (2022 – 2026)

 

No mes de NOVEMBRO convócanse ELECCIÓNS PARA O CONSELLO ESCOLAR. Consiste nunha renovación parcial dos membros do Consello Escolar, órgano colexiado de control e xestión do Centro, con representación dos distintos sectores que constitúen a comunidade educativa (pais/ nais, profesorado, Concello e ANPA). Coa finalidade  de animarvos a participar no proceso electoral, informámosvos deste proceso que afecta ao sector de nais/pais. A organización e supervisión electoral correspóndelle á XUNTA ELECTORAL, presidida polo director e integrada por un pai/nai, un mestre/a, e un persoal non docente:

- Presidente: Miguel González Barreira (director) 

- Vogal 1: María José Salgado González (mestra)    

- Vogal 2: Mª Teresa Rois Jordedo (nai)

- Vogal 3: Pablo González Martínez (Persoal non docente)

 

A QUEN SE ELIXE?: 3 pais/nais que vos representarán no Consello Escolar. O Consello Escolar deste Centro está integrado por 5 pais/nais, sendo un deles representante da ANPA. Agora elíxense 3 membros pois se trata dunha elección parcial mediante votación das familias. As candidaturas elixidas serán nomeadas por un período de catro anos.

 

QUEN PODE SER CANDIDATO/A?: todos os pais, nais ou titores legais que teñan fillos/as matriculados/as no Centro e incluídos no Censo Electoral. O prazo de presentación de candidaturas empeza o día 11 de novembro e remata o 18 de novembro ás 10:00h. Os interesados/as deberán cubrir e asinar este IMPRESO DE CANDIDATURA e presentalo na secretaría do Centro. Tamén se pode enviar mediante correo electrónico a ceip.serra.vincios@edu.xunta.gal. A proclamación das candidaturas realizarase o día 21 de novembro nesta web. As diferentes candidaturas poderán enviar un enlace dun pequeno vídeo ou algún texto explicativo do seu programa por correo electrónico, que publicaremos na web.

 

QUEN PODE VOTAR?: todos os pais, nais ou titores/as legais que teñan alumnos/as matriculados/as no Colexio e estean incluídos no censo que se exporá o día 10 de novembro na web. Debedes comprobar se estades incluídos no censo e se os datos son correctos. De non ser así, é necesario facer a reclamación pertinente. O voto será directo, secreto e non delegable. Terán dereito a voto tanto o pai como a nai do alumno/a, ou de ser o caso o seu titor legal. Para poder facer uso do seu dereito ao voto, deben acreditarse (DNI, pasaporte, carné de conducir, etc.).

 

PARA QUE SERVE?: o Consello Escolar é o órgano colexiado de control e xestión do centro que terá entre outras as seguintes competencias: participar na selección do director/a, aprobar e avaliar os proxectos e as normas (Proxecto Educativo de Centro - PEC, Normas de Organización e Funcionamento - NOF, Programación Xeral Anual - PXA), coñecer a resolución de conflitos disciplinarios, promover a conservación e renovación das instalacións, analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, etc.

 

CANDO SE VOTA?: A votación terá lugar no Colexio (NO PORCHE EXTERIOR DA ENTRADA PRINCIPAL) o martes día 29 de novembro, de 9:00h a 09:30h, de 13:30 a 14:15h, de 15:30h a 16:15h e de 17:30h a 18:30h.

 

Co fin de poder levar a cabo o proceso electoral polo que se nomearán os novos membros do Consello Escolar e dada a importancia deste órgano, animamos aos pais/nais do centro a participar nas eleccións presentando a súa candidatura ou votando con liberdade a quen mellor lles pareza.

CENSO DE RESPONSABLES

A xunta electoral fai público o censo de responsables do alumnado para poder votar nas eleccións ao Consello Escolar:

 

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS/AS

A xunta electoral fai público o seguinte listado de nais e pais que presentan a súa candidatura para as eleccións ao Consello Escolar:

  

 RESULTADOS DAS VOTACIÓNS E COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

Os resultados do escrutinio do sector pais/nais e a nova composición do Consello Escolar podedes consultalos clicando na imaxe:

 

Consello Escolar

   

MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

Miguel González Barreira

Director

Elena Paz Alonso

Xefa de Estudos

Mª José Salgado González

Secretaria

Cristina Vega Bastero

Profesores/as

Noemí Ortiz Pozo

Filomena Salgueiro Moure

Ana Pérez Rodríguez

Bibiana Villar Conde

Mirian Rodríguez Comesaña

Pais/Nais

Belén Expósito Fernández

María Esther López Bernárdez

Lucía Gil Rodríguez

Gonzalo Carbajo Quintas (ANPA)

Pablo González Martínez

Persoal non Docente

Iria Lamas Salgueiro

Representante Concello

  

CONSELLO ESCOLAR: COMPETENCIAS

a) Aprobar e avaliar os proxectos e as normas.

b) Aprobar e avaliar a programación xeral anual do centro sen prexuízo das competencias do claustro de profesores/as, en relación coa planificación e organización docente.

c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director/a do centro nos termos que esta lei establece. Ser informado do nomeamento e do cesamento dos demais membros do equipo directivo. De ser o caso, logo do acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director/a.

e) Decidir sobre a admisión de alumnos/as con suxeición ao establecido nesta lei e disposicións que a desenvolvan.

f) Impulsar a adopción y seguimento de medidas educativas que fomenten o recoñecemento e protección dos dereitos da infancia.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan os estilos de vida saudable, a convivencia no centro, a igualdade efectiva de mulleres e homes, a non discriminación, a prevención do acoso escolar e da violencia de xénero e a resolución pacífica de conflitos en todos os ámbitos da vida persoal, familiar e social.

h) Coñecer as condutas contrarias á convivencia e a aplicación das medidas educativas, de mediación e correctoras velando por que se axusten á normativa vixente. Cando as medidas correctoras adoptadas polo director/a correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia dos pais, nais ou titores legais ou, no seu caso, do alumnado, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.

i) Promover progresivamente a conservación e renovación das instalacións e equipo escolar para a mellora da calidade e a sustentabilidade e aprobar a obtención de recursos complementarios.

j) Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións locais e con outros centros, entidades e organismos.

k) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro.

l) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa calidade da mesma.

m) Aprobar o proxecto de orzamento do centro.

n) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.

  

O Consello Escolar reunirase en sesión ordinaria unha vez por trimestre e sempre que o Centro así o precise.

A celebración dos Consellos Escolares será, na medida do posible, os martes pola tarde, a partir das 18:30h. 

Distribuir contido