Curso 2022-23

A NOSA REVISTA ESCOLAR "O XORNALIÑO" 2022-23

 

 

LETRAS GALEGAS 2023

Este ano está dedicado ao autor Francisco Fernández Del Riego, que nace en Vilanova de Lourenzá (Lugo) o 7 de xaneiro de 1913. Cursou Dereito e Filosofía e Letras en Santiago e Madrid. Ao acabar a guerra civil, trasládase a Vigo onde participa na creación da Editorial Galaxia e na revísta Grial. Xa en 1963 faise cargo da Biblioteca Penzol. Autor de numerosas publicacións e impulsor de moitas actividades culturais. En 1997 foi nomeado presidente da Real Academia Galega. Recibiu numerosos premios: Medalla Castelao, Pedrón de Ouro, ou o Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo, entre outros. Faleceu en Vigo o 26 de novembro de 2010. 

O martes 16 de maio celebramos o Festival das Letras Galegas no colexio coas diferentes actuacións de todos os cursos, festival que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega e que poden asistir as familias.

Pinchade no cartel e podedes consultar o programa do Festival:

 

 VIDEOS DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2023:

  

  

 

 

 

 

 

 

CAMPAMENTO DE VERÁN "OS VINCIOCAS 2023"

Estimadas familias:

Queremos informarvos sobre o Campamento de Verán "Os Vinciocas 2023" que organiza a Asociación de Veciños Galiñeiro - Centro Cultural de Vincios e que se desenvolverá nas instalacións do colexio. O campamento dará comezo o 26 de xuño e rematará o 31 de agosto en horario de 9:00h a 14:30h con opción de aula matinal de 8:00h a 9:00h. Os socios/as da ANPA terán un desconto especial. No seguinte enlace podedes descargar a inscrición e presentala na A.V.V. Galiñeiro de Vincios, no buzón da A.V.V.Galiñeiro que situará no CEIP Serra Vincios ou no mail: activalede@hotmail.com

Animádevos!!!

A Asociación de Veciños Galiñeiro

XORNADA EN FAMILIA NO MONTE GALIÑEIRO 22 DE ABRIL

Estamos en primavera e desde a A.N.P.A. Santa Mariña argallamos unha xornada en familia para pasar o día cos amigos e amigas do cole no Monte Galiñeiro o día 22 de abril.

Pinchade na foto para ter máis información:

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN

Ben queridas familias, o martes 18 de abril, as 17:30h queremos convidarvos a un obradoiro moi divertido sobre alimentación, será un obradoiro familiar, no que pasaremos unha tarde identificando alimentos saudables e aprenderemos a planificar un menú semanal. Impartido por Marta Losada, dietista- nutricionista do SERGAS Val Miñor.

Unha aperta,

A ANPA   

 

23 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

Entre tod@s decoramos o recanto de Rosalía de Castro, debuxamos e escribimos pensamentos para alegrar este día tan importante para @s galeg@s. Lembramos unha gran poetisa e escritora que empregou a lingua galega nas súas creacións, Feliz aniversario!!! 

 

ENTROIDO 2023

                                                                                                                                                              

 

FESTIVAL ENTROIDO: 

Moi felices de poder compartir coas familias o desfile do Entroido. O alumnado disfrutou moitísimoito!!!

Podedes ver aquí un resumo dos vídeos da festa. 

Feliz Entroido!!! 

  

 

 

MANDADIÑOS DO MECO:

Comezamos un ano máis coa semana do Entroido coas ordes do Meco. Acordádevos que son acumulativas, é dicir, cada día hai que traer o que o Meco mande e, tamén, o dos días anteriores:

 

4- Xoves: "NOS PULSOS OU NOS PÉS ALGO AFRICANO DEBERÁS POÑER"

 

3- Mércores: "ELIXE DE QUE BANDO VAS... INDIO OU VAQUEIRO PARA PODER XOGAR"

  

2- Martes: "UN COLAR HAWUAIANO TERÁS QUE LEVAR PARA O TEU CORPO CON RITMO PODER MENEAR"

 

1- Luns: "PARA O MECO PODER ESPANTAR, UN BINDI OU TILAKA TERÁS QUE LEVAR"

 

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2023

O venres 27 de xaneiro festexamos o Día da Paz con contos, danzas, música, manualidades e xogos do mundo. Tod@s somos marabillosamente distint@s, tod@s somos iguais. Foi un día fermoso no que compartimos momentos e aportamos o noso gran de area ao banco de alimentos de Gondomar. Grazas a todas as familias polas achegas para os máis necesitados!!!

 

 

FESTIVAL NADAL 2022

A postal de Nadal gañadora do Concurso 2022 foi a de AITANA FERREIRO FERNÁNDEZ, de 2ºEP.

Parabéns Aitana, por crear esta fermosa postal!!!

Abaixo podedes ver os vídeos e fotos do festival.

FELICES FESTAS!!!

 

               

  

 

CONCERTO DE CHUNGO PASTEL

O luns 19 de decembro tivemos a sorte de asistir ao concerto do grupo de pop rock "Chungo Pastel" no salón de actos do cole, e todo gracias á ANPA que subvencionou a actividade. Cantamos e bailamos ao ritmo do pop rock "máis cañero" e con moitas versións de cancións actuais.

O grupo da fundación Igualarte está formado por 5 integrantes con diversidade funcional, que nos fixo vibrar coas súas cancións ademais de transmitirnos que a arte é un dereito que nos pertence a todos e todas.

 

Distribuir contido