Curso 2020-21

ORLA 6º EP 2020-21

6ºEP - PROMOCIÓN 2020-21

 

 

 

 

 

 

TEMÁTICA DO CURSO 2020-21

 

A COOPERATIVA "COOPEVINCIOS" DE 5ºEP E 6ºEP DOA 700 EUROS AO BANCO DE ALIMENTOS DE GONDOMAR

O 5 de xullo, produciuse o acto de entrega dos produtos doados ao Banco de Alimentos municipal de Gondomar por un valor de 700 euros. Algúns representantes da cooperativa Coopevincios acudiron esta mañá ao banco de alimentos para coñecer onde se xestiona este servizo e ser conscientes da importancia da labor que se realiza.

 

O alcalde Paco Ferreira e as concelleiras, Nuria Lameiro e Rocío Goberna, agradeceron esta doazón dos nenos/as de Coopevincios, cooperativa creada baixo o programa da Deputación de Pontevedra, Depoemprende na escola.

 

VISITA DO ALUMNADO DE 6ºEP AO IES TERRA DE TURONIO

O alumnado de 6ºEP visitou, o día 2 de xuño, o IES Terra de Turonio, centro onde estudarán a ESO a partir do vindeiro curso escolar. Foron recibidos por ex alumnos/as do noso cole que lles explicaron como foi a súa experiencia. Que mágoa, xa vos queda pouquiño para deixarnos!!!

 

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Xela Arias, poeta, tradutora, editora e profesora galega é a escritora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2021. 

 

PROGRAMA DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2021

 

 VÍDEO DO FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 14/05/2021:

- ACTUACIÓNS DOS DIFERENTES CURSOS E INFORMACIÓN DA AUTORA GALEGA.

- ENTREGA DOS PREMIOS DA XOANIÑA DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

- ENTREGA DOS PREMIOS DO EQUIPO DA BIBLIOTECA ESCOLAR.

  

TALLER DE ECO-PERCUSIÓN

Entre o 10 e o 13 de maio, todos os cursos desde os máis pequenos ata os maiores, realizaron un obradoiro de música no patio cuberto, ECO-PERCUSIÓN, impartido magnificamente polo percusionista cubano Didier DíazUnha das singularidades deste taller é que utilizaron como «instrumentos» para practicar a percusión, baldes de plástico elaborados a partir de materiais de refugallo, como cubos e botes.

Damos as grazas á ANPA do colexio por subvencionar integramente a actividade.

No seguinte vídeo podedes amosar o ben que o pasou o alumnado:

   

MAQUETA DO CEIP SERRA VINCIOS

Queremos felicitar a Inés, responsable do funcionamento do comedor escolar e da aula matinal, e a Tere tamén, non só polo seu traballo no centro, senón que ademais fixádevos a vea artística que amosan coa elaboración desta maqueta do colexio de Vincios:

 

ENTROIDO 2021

Nun ano marcado pola pandemia e polo uso da máscara, non puidemos celebrar o Entroido como de costume. Aínda así, as comparsas desfilaron arredor do colexio e o alumnado disfrutou aplaudindo o pase de cada clase. Os instrumentos e os símbolos musicais fluiron pola contorna de Vincios!!!

 

Podedes ver un resumo das fotos e dos vídeos do desfile. 

Feliz Entroido!!!

 

 

DOCUMENTOS COVID-19

CONSULTA NA GUÍA RÁPIDA AS NOVIDADES:

  - PROTOCOLO COVID (versión 04/11/2020)
  - PLAN DE CONTINXENCIA COS HORARIOS DAS AULAS EN CASO DE CONFINAMENTO (versión 02/11/2020)

 

VÍDEOS DAS PANXOLIÑAS 2020

Este ano foi imposible realizar o Festival de Nadal de forma presencial, pero si que cada curso gravou a súa panxoliña e aquí temos o Festival virtual:

 

FELICES FESTAS!!!

 

Pincha nas diferentes imaxes:

- Panxoliña Educación Infantil 

 

- Panxoliña 1ºEP

 

- Panxoliña 2ºEP

 

 

- Panxoliña 3ºEP

 

- Panxoliña 4ºEP

  

- Panxoliña 5ºEP

 

- Panxoliña 6ºEP

Distribuir contido