Pedagoxía Terapéutica

BLOG DA AULA DE APOIO

04/16/2020 12:49

Como podedes ver, xa hai un blog da AULA DE APOIO, non era sen tempo!

Intentarase ir poñendo nel actividades, xogos...cousas doadas e divertidas, na medida do posible, para que as nenas e os nenos podan ir traballando esas destrezas básicas que nos van a axudar na nosa vida escolar, e na cotiá.

Tede en conta que a elaboración do material, dentro das posibilidades de cada quen, é parte importante dese traballo...e a creatividade a hora de decoralo.

Espero que vos sirva!

 

MEMORIA DE TRABALLO

04/14/2020 13:02

Segundo din os expertos, hai moitos tipos de MEMORIA. Un deles é a MEMORIA DE TRABALLO, que é esa que nos permite gardar información a curto prazo para aplicala no contexto no que esteamos (Baddeley, 1986). Posibilítamos lembrar números, datos, instrucións... Na escola vainos permitir resolver problemas matemáticos, responder preguntas dunha lectura, lembrar as instrucións que nos deron para facer un traballo... Non se trata dunha memoria a curto prazo únicamente, senón que nos vai axudar a asociar a nova información coa que xa temos asimilada a longo prazo.

Trátase pois de unha habilidade cognitiva moi necesaria para a labor escolar e a nosa vida cotiá, para poder manter unha interacción exitosa co entorno.

Como todas as habilidades cognitivas, esta tamén é educable e está moi relacionada coa atención. De ahí que o que a veces parecen dificultades cognitivas (incomprensión das instruccións, mantemento de erros, baixda comprensión lectora, dificultade na resolución de problemas...)  en realidade son dificultades de atención.

Entre as cousas que podemos facer para entrenar a MEMORIA DE TRABALLO temos:

  • Ofrecer as tarefas paso a paso (non dar a instrución completa de principio, ou dala e despois fraccionala)
  • Repetir as tarefas verbalmente, ainda que se dean por escrito. Repetir e pedirlles que repitan (non podemos cansarnos nin desesperarnos, aÍnda que as veces o faremos)
  • Tratar de lembrar letras de cancións, poesías...
  • Eso tan desagradable, a taboa de multiplicar, que moitas veces consideramos un traballo tonto habendo calculadoras, é unha actividade que axuda a traballar a memoria... para facela máis divertida pódese aprender con caramelos ou cousas que lle gusten, ou cantando.
  • Xogos como o memory ou cartas asociándoas por cores ou números e dándolle a volta diante deles para ver se as lembran.
  • Os contos sempre son de moita axuda...

O RAZONAMENTO

03/30/2020 12:31

Aprender a aprender é unha das competencias clave do noso curriculo.

O razonamento é a capacidade mental que nos permite organizar as ideas para chegar a unha conclusión. Traballalo é fundamental para poder desenvolver con éxito as nosas tarefas escolares e cotidianas.

As actividades que se levan a cabo na escola van todas orientadas a desenrolar ese razonamento lóxico no noso alumnado. A atención, a memoria, a concentración ou a observación son elementos básicos para poder acadar un razonamento acorde coa idade de cada quen.

Como todas as nosas capacidades, podemos entrenar o razonamento a través de preguntas sinxelas como:

a) Se teño tantos anos, cantos che faltan para ter...?, cantos teño eu máis que ti?...

b) Se teño tantos cartos e teño que pagar tal cantidade, cantos cartos me quedan?,  canto me devolven?,...

c) Que pasaría si...? Como podemos facer para...? (as respostas poden ser moi diferentes, non se trata de que pensen todos igual senón de que as respostas sexan lóxicas)

Ademais hai xogos como os sodokus ou puzles que axudan a estructurar o noso pensamento.

Hoxe en día, as novas tecnoloxías ofrécennos moitas apps e páxinas web con exercicios para desenvolver o razonamento.

Aquí vos deixo o acceso a unha recopilación de xogos para traballar a lóxica e o razonamento que podedes atopar na páxina do symbaloo.

http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2011/razonamiento_logico/actividades/rl.html

A ATENCIÓN

03/25/2020 14:57

A atención é un dos requisitos básicos para a aprendizaxe. No colexio trabállase de maneira interdisciplinar e transversal coas tarefas cotidianas, e a veces con actividades explícitas.

Tamén se pode traballar na casa de xeito lúdico.

Aquí van algunhas recomendacións:

1. Practicar 2 ou 3 veces a semana, non máis de 15 minutos.

2. Sería bo facelo para cambiar de tarefa, a modo de pequeno descanso, cun xogo ou unha ficha que lles guste.

3. Non facilitarlle en exceso a tarefa.Aclararlle as dúbida cun exemplo e deixarlles facer a eles.

4. Non sinalarlle os erros, deixar que se decaten eles a través da repetición. Lembra que é un traballo lúdico.

5. Animalo sempre cun "estás a facelo moi ben" ou "bo traballo", sen darlle importacias aos fallos.

Os puzles e os xogos de construción son moi bos.

Aquí vos deixo algunhas fichas sacadas da páxina de Orientación Andújar (https://www.orientacionandujar.es/)

 

INTELIXENCIA EMOCIONAL

03/24/2020 12:15

Hoxe en día está moi de moda o concepto de Intelixencia Emocional que fai referencia a capacidade de xestionar, comprender e manexar as nosas emocións (Daniel Goleman). Pouca cousa non é!

Chegar a eso non é doado, pero vai mellorar en moito a nosa calidade de vida e as nosas relacións sociais. E se algo queremos todos e que as nosas nenas e os nosos nenos acaden estes obxectivos tan prezados.

Pero, como o logramos?

 

Din, os que saben disto, que hai que traballar 5 eidos:

1. Coñecernos a nos mesmos e as nosas emocións (os nosos estados de ánimo)

2. Controlar as nosas emocións (autorregularnos)

3. Automotivarnos (non esperar que sexan os demais os que nos motiven)

4. Empatía (recoñecer o estado de ánimo dos demais)

5. Habilidades sociais.

 

Temos  cousas sinxelas que podemos facer para axudalos coas emocións:

- Preguntarlles como se senten ( non só cando estean tristes ou enfadados), e que intenten dicirnos o por que.

- Dicirlles como nos sentimos e explicarlle o por que.

- Cando se enfadan, darlles un tempo para calmarse e que despois nos digan o motivo. 

- Lerlles contos e adicarlle un tempo a falar deles.

- Cando temos un conto novo, antes de lelo, ver xuntos os debuxos e tratar de descubrir as emocións dos personaxes.

- Xogar con eles. Se teñen bonecos de superheroes está ben xogar a que se enfadan, choran ou teñen medo, para que entendan que todos poden expresar tódalas emocións.

- A música e a pintura tamén axudan a amosar as nosas emocións, está ben incluílas nas nosas vidas.

 

NON VOS ESQUEZADES DE LER TODOS OS DÍAS...

03/16/2020 11:45

Non vos esquezades de ler todos os días aínda que so sexan 5 minutiños.

 

  • Cando os nenos son pequenos está ben lerlles as etiquetas das cousas habituais (o Colacao, a leite...) é unha forma de que se vaian decatando que hai letras por todas partes e que a lectura forma parte da nosa vida cotiá.
  • Tamén está ben lerlles cando se van a cama. Axúdalles a fantasear, a romper coa rutina, tanto a eles como a nós.
  • Está probado que ler ten unha chea de benefícios:  aumenta o vocabulario, mellora a capacidade comunicativa, axuda a estruturar as mensaxes, favorece a atención...

 

CONSELLOS E SUXERENCIAS

  1. Todos os nenos e nenas deben facerse unha revisíón da vista e do oído. Esta revisión e fundamental o comezo da Educación Primaria, se é que non hai motivos para facela antes.
  2. É importante que os nenos e nenas se acostumen a facer tarefas da casa. Esto axudaralles a adquirir autonomía.
  3. Hai que ler todos os días na casa, a lo menos 5 ou 10 minutos.Cando están aprendendo é importante que haxa un adulto con eles.

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Distribuir contido