Actividades Extraescolares

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

 

 

* CONSULTA AQUÍ A OFERTA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

    

  • As actividades extraescolares están organizadas pola ANPA.
  • Anualmente, a ANPA deseñará un plan de actividades extraescolares que presentará á dirección do centro para a súa inclusión na Programación Xeral Anual.
  • As actividades a desenvolver serán de tipo educativo, deportivo e cultural e adecuaranse aos espacios físicos no que se imparten.
  • Haberá un mestre/a de garda que supervisará as actividades extraescolares. A biblioteca abrirá pola tardes, en horario de 16h a 18h, a excepción do martes e os días que non haxa actividades extraescolares. Neste horario só se fará uso da biblioteca para función de préstamo e/ou devolución de libros, así como para outras actividades expresamente relacionadas coa biblioteca. En ningún caso se levará a cabo función de garda e custodia do alumnado.
  • A persoa encargada de impartir a actividade responsabilizarase da custodia dos nenos/as e do coidado das instalacións e do material utilizado.
  • O alumnado deberá respectar, coidar e manter no mesmo estado en que as atopou, as aulas e os materiais que conteñen, utilizadas para ditas actividades.
  • Os nenos/as terán un bo comportamento e seguirán as indicacións do monitor e do responsable da ANPA.
  • O alumnado só poderá permanecer na biblioteca ou na actividade na que estea inscrito, non podendo, en ningún caso, acceder ás aulas ou andar libremente polo colexio.
  • As familias teñen a obrigación de ser as encargadas de recoller aos alumnos/as unha vez finalizadas as actividades extraescolares e coa debida puntualidade.
  • Se a familia chega tarde a buscar ao seu fillo/a, chamará ao Centro por teléfono para avisar desta circunstancia. O profesorado de garda velará para que así sexa.
  • Ningún alumno/a poderá abandonar as actividades extraescolares sen custodia, excepto o alumnado de 5ºEP e 6ºEP con autorización familiar.
  • O modelo de autorización será entregado ás familias que o soliciten e deben devolverse asinadas ao profesorado do centro. Os monitores/as das actividades serán informados de tal circunstancia.
  • Se algún alumno/a que non teña autorización para abandonar o Centro, non é recollido por un adulto no momento de acabar unha actividade, será entregado ao profesor/a de garda para que se poña en contacto coa familia.
  • Se o alumno/a non é recollido pola persoa habitual (pai, nai e/ou titor) deberá vir provisto da autorización da familia e identificarse co seu DNI para poder recollelo. Esta persoa, non habitual, poderá ser un adulto ou poderá ser un irmá/n maior que estea matriculado en 5ºEP e/ou 6ºEP pero sempre disporá dunha autorización familiar do alumno/a que veña a recoller.

 

Podedes consultar aquí todas as NORMAS DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.

 

 

OUTRAS ACTIVIDADES

 

Ao longo do curso, a directiva da ANPA organiza e colabora en diferentes actividades culturais, festivas e de convivencia. Son as que se detallan:

 

FESTA DO SAMAÍN (OUTUBRO):

Nesta data o centro organiza unha festa para o alumnado na que a ANPA colabora mercando refrescos e zumes que os alumnos do último curso poñen á venda para recadar fondos cos que axudar a costear a súa excursión de fin de curso. 

 

FESTA DE NADAL (DECEMBRO):

Chegada esta festa de tanta tradición e popularidade entre o alumnado, organizamos unha xornada na que os protagonistas do Nadal visitan o centro para repartir agasallos a todas as nenas e nenos. Colaboramos tamén neste día cos alumnos que rematan os seus estudos e que organizan a excursión de fin de curso, mercando diferentes produtos (doces, bebidas, ...) que se poñen á venda, sendo toda a recadación doada para os gastos da citada excursión.

 

FESTA DO ENTROIDO (FEBREIRO):

O Entroido é tempo de divertimento, é por iso que neste día organizamos unha festa na que os nenos xa disfrazados despois do desfile do centro, participan nunha celebración na que lles damos unha merenda con chocolate quente e biscoitos. Tamén se contratan e instalan no recinto distintas atraccións lúdicas. Do mesmo xeito que na festa do Nadal se colabora coa excursión de fin de curso dos alumnos de 6º. 

 

NOITE NO COLE (MAIO):

Preto do remate do curso, organizamos para os nenos de 6º una xornada na que durante a tarde e no recinto do centro, realizamos diferentes actividades e xogos nas que participan nais, pais e alumnos. Posteriormente servímoslles unha cea no comedor do colexio, una vez rematada a cal e despois de proceder ao aseo persoal, se realizan novas actividades. Os alumnos participantes durmen no centro nas zonas que para elo se habilitan no salón de usos múltiples.

Xa pola mañán e una vez que se lles sirve o almorzo, remata esta actividade de festa e convivencia.

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO (XUÑO):

Coa intención de desfrutar dun día de festa todos xuntos se organiza una excursión preto do remate do curso para todo o alumnado e os seus pais. É una viaxe dun día a unha zona previamente elixida, na que se poida misturar tempo de ocio, xantar campestre e realización de diferentes actividades como xogos e visitas culturais. 

 

FESTA DE FIN DE CURSO (XUÑO):

Para rematar o curso organízase unha festa de despedida no recinto do centro, na que se celebran actividades como festa de espuma e instálanse atraccións para os alumnos/as. Como remate ofrécese unha merenda para todos os asistentes.

 

SAÍDAS DO CENTRO (AO LONGO DO CURSO):

A ANPA subvenciona aos seus socios/as coa cantidade de 2 € para o bus que se utiliza nas saídas que o Centro programa e realiza.

 

ESCOLA DE PAIS/NAIS:

Trabállase coas familias aspectos como o coñecemento, o comportamento humano, e a comunicación. Sesións dunha hora semanal en horario de mañá .

 

OBRADOIROS:

Traer á escola obradoiros e faladoiros con diferentes organizacións de interese social e cultural para os alumnos. Tentamos durante o curso achegar temas de necesario traballo na sociedade actual, tales como ecoloxía, violencia de xénero, consumo responsable etc.

 

MÁIS ACTIVIDADES:

A maiores destas actividades aquí reflectidas e conforme xurdan outras necesidades, a ANPA sempre está disposta a axudar no que precise o colexio.

Distribuir contido