Historia do Xornaliño

As orixes da nosa revista: O Xornaliño

O Xornaliño nace no mes de Febreiro do ano 1997. Naceu como unha folla mensual informativa e, pouco a pouco, foise consolidando como a nosa revista escolar actual. O seu emblema era un gato, o cal foise perdendo a través dos anos, e o seu nome foi escollido polo alumnado a través dunha enquisa.

Nas súas orixes era elaborada polos nenos e nenas de 8º curso, os cales ían recollendo información por toda a escola. Recollía o nome da revista, o mes e ano de publicación e o número; así como, reflectía o equipo de nenos/as que a elaboraban. Imprimíase nunha folla de cor e enviábase ás familias.

Os seus contidos eran variados: chistes, poesías, xogos, sopas de letras, encrucillados, resumos de libros, narracións sobre actividades do centro, información sobre excursións realizadas...

Ao longo dos distintos cursos, existiron publicacións esporádicas ata que no curso 2003/2004 xurdiu o Xornaliño como revista escolar propiamente dita.

Cada curso editábanse tres exemplares, un por trimestre, que se montaban integramente na escola. Pouco a pouco foise dixitalizando e, desde o curso 2008/09, empezouse a levar a imprimir a unha copistería. 

No curso 2012-13 empezouse a realizar só un exemplar por curso.

Distribuir contido