Curso 2020-21

VISITA E AGASALLOS DO APALPADOR

Hoxe día 22 de decembro e último día antes das vacacións de Nadal, tivemos unha agradable sorpresa coa visita do Sr. Apalpador que trouxo moitos agasallos para todos os nenos e nenas do cole. Dámoslle as grazas á ANPA por invitar a este personaxe tan máxico e misterioso!!!

  

BO NADAL A TODOS/AS E FELIZ ANO NOVO 2021

A postal de Nadal gañadora do Concurso 2020 foi para a aula de 3 anos, Noraboa por agasallarnos con esta fermosa postal!!!

 

BO NADAL !!!

A COMUNIDADE DE MONTES DE VINCIOS REPARTE MÁSCARAS AO ALUMNADO DO COLEXIO

O día 11 de decembro, a Comunidade de Montes de Vincios, por medio de Antonio Gallego, agasallou a todos os nenos e nenas que non recibiron as axudas da Consellería de Educación, cunha máscara hixiénica de 40 lavados.

O centro agradece as axudas constantes que recibimos da citada entidade e que repercuten no benestar das familias da parroquia. Moitas grazas!!!

 

 

PUBLICACIÓN DA ORDE QUE REGULA A REPARTICIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

30/11/2020: Resolución das axudas para a repartición de máscaras entre o alumnado

Estimadas familias:

Comunicámoslle que todas aquelas familias que foron beneficiarias das axudas para material escolar no presente curso, tamén son beneficiarias das axudas para a repartición de máscaras.

O centro adquiriu 5 máscaras por alumno/a en función da súa durabilidade (40 lavados a 600C) e dos días lectivos que restan de curso e que serán repartidas mañá día 1 de decembro. Son máscaras hixiénicas reutilizables que cumpren coa normativa UNE 0065 para uso do alumnado. Xunto coas máscaras recibiredes un documento xustificativo da recepción que deberedes devolver asinado ao centro.

  

13/11/2020: Axudas para a repartición de máscaras entre o alumnado

Estimadas familias:

A Consellería de Educación publicou a Orde que regula as bases para a repartición de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria.

Será beneficiario aquel alumnado:

1.Que fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar na última convocatoria.

2.Que non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero que:

a) Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar.

Descarga aquí o Anexo da solicitude e a nota informativa coas instrucións de como proceder.

 

CONCERTO SANTA CECILIA 2020

Disfrutade deste gran concerto do alumnado do cole de Vincios, grandes artistas!!! 

 

DÍA DA INFANCIA

Hoxe día da infancia fixemos este vídeo con todos os nenos e nenas do cole, agardamos que vos guste...

 

SAMAÍN 2020

Así festexamos o samaín no cole, este ano tan diferente!!!

 

GONDOILUSIÓN

A Concellería de Benestar Social do Concello de Gondomar dirixida pola concelleira Nuria Lameiro Valverde, poñerá en marcha a campaña “Gondoilusión, ningún neno e nena sen agasallo” coa que queremos garantir que neste Nadal a ilusión chegue a todos os fogares.

 

En colaboración coa Asociación de Mulleres Rurais San Benito de Gondomar apelamos á solidariedade dos nosos veciños e veciñas para que acheguen a cantidade que consideren necesaria e crear un fondo que permita comprar agasallos para os menores de 16 anos daquelas familias en situacións máis desfavorecidas, agasallos que se adquirirán no comercio local do noso municipio, axudando deste xeito a este sector.

 

Calquera dúbida ou información que poidades ter, podedes chamar ao teléfono 986384473 ou dirixirvos ao correo educadorafamiliar@concellodegondomar.gal

 

COMO PARTICIPAR:  Ingresar na conta de ABANCA ES53 2080 5035 0230 4000 9345 coa referencia “GONDOILUSIÓN” a cantidade de diñeiro coa que se queira contribuír á campaña dende o día 16 de Novembro ata o 13 de Decembro.

 

MAGOSTO 2020 NO MONTE GALIÑEIRO

Este ano máis que nunca, gozamos de poder ir ata o Monte Galiñeiro a celebrar o Magosto.

Os maiores camiñando e os máis pequeniños en bus, corretear polo monte, as chozas con paus e comer as castañas asadas, un luxo!!!

 

 

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021

A Consellería de Educación en resolución conxunta coa Consellería de Sanidade, publicou o día 22 de xullo o "Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021.

O centro adaptará dito protocolo ao seu contexto ao inicio do curso, do cal seredes informados/as.

Pinchade neste enlace para informarvos do seu contido.

Distribuir contido