CONCERTO DE CHUNGO PASTEL

O luns 19 de decembro tivemos a sorte de asistir ao concerto do grupo de pop rock "Chungo Pastel" no salón de actos do cole, e todo gracias á ANPA que subvencionou a actividade. Cantamos e bailamos ao ritmo do pop rock "máis cañero" e con moitas versións de cancións actuais.

O grupo da fundación Igualarte está formado por 5 integrantes con diversidade funcional, que nos fixo vibrar coas súas cancións ademais de transmitirnos que a arte é un dereito que nos pertence a todos e todas.