CEIP SERRA VINCIOS "PREMIO PROVINCIA DE PONTEVEDRA VOZ NATURA 2014-15"

O noso cole conseguiu o Premio Provincia de Pontevedra do Programa de Educación Medioambiental Voz Natura, curso 2014/2015, polo traballo realizado baixo o título: "Pouquiño a pouco creamos o noso horto". Consiste nunha dotación económica de 1.500€ que serán investidos no horto para o próximo curso. 

Foi entregado na Festa Fin de Curso que se celebrarou o sábado, 6 de xuño, no Parque Deportivo de Acea de Ama, no concello de Culleredo, A Coruña.

 

O colexio puxo un autobús gratuíto para as familias que quixeron compartir con nós este día de festa. Moitas grazas por asistir. Houbo actuacións, espectáculos e as exposicións dos traballos. Irene e Carmen estiveron traballando na exposición do noso traballo e quedou fantástica. Iker de 4º e Leire de 1º recolleron o premio con Irene que foi a coordinadora do proxecto. 

O premio é froito do traballo dos alumnos/as que son os verdadeiros protagonistas, das nais e país que apoian as nosas actividades e participan delas e tamén do equipo de profesores/as que traballou durante todo o curso con moita ilusión.

Se queredes ver todo o proceso do desenvolvemento do proxecto visita o noso blog de Voz Natura: http://onosohorto.blogspot.com.es/ e na páxina de Voz Natura todo o que aconteceu na festa http://www.voznatura.com/

PARABÉNS A TODOS E TODAS!!!