Curso 2014-15

RECOÑECEMENTO DO GRAO DE DISCAPACIDADE

CÓMO SOLICITAR O CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE?

Trátase do documento que acredita a discapacidade das persoas. Está dirixido a persoas de calquera idade, con deficiencias permanentes non recuperables. As pautas de valoración fundaméntanse sobre todo nos efectos para a capacidade de realizar as actividades básicas da vida diaria.

Este recoñecemento efectúase a través dos Equipos de valoración e orientación (EVO) dependentes das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar.

Se alcanzan unha porcentaxe igual ou superior ao 33% poden acceder a unha serie de beneficios: fiscais, laborais, económicos, educativos, sociais, entre outros.

Pódese atopar toda a información no PORTAL DE BENESTAR da Xunta de Galicia, na seguinte ligazón:

https://benestar.xunta.es/web/portal/reconecemento-do-grao-minusvalia

 

 

Día Internacional da Muller 2015

O pasado venres 6 de Marzo festexamos o día da muller traballadora 

ENTROIDO 2015

NESTE VÍDEO PODEDES VER AS FOTOS DO ENTROIDO 2015, COA MÚSICA COA QUE DESFILARON: 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

 

Recomendacións

Clica na imaxe para acceder ós contidos

Entroido 2015

Aquí tedes o noso Entroido:

 

O primeiro vídeo recolle unha visión panorámica das comparsas, a presentación do Entroido e o desfile de Educación Infantil

 

O seguinte vídeo amosa a comparsa de 1º e 2º

 

A continuación, o vídeo dos nenos e nenas de 5º e 6º, cun baile espectacular

 

Sentímolo moito pero non temos o vídeo dos nenos/as de 3º e 4º. Se alguén o gravou e nolo pode pasar, agradeceríamosvolo moito.

 

Chega o Entroido!

Xa chega o Entroido e con el o MECO MANDÓN.

Este ano está relacionado co noso horto ecolóxico, pero nel o noso Meco non vai a entrar.

 E como o Meco é así de especial, o seguinte temos que facer mañá XOVES


 

É ACUMULATIVO, TRAE O DE HOXE E O DE MAÑÁ!

 

 

 

 

 

Día da Paz

Celebramos o Día da Paz no CEIP Serra-Vincios:

 

O 30 de Xaneiro realizamos o Circuíto Solidario de Habilidades co que recadamos máis de 500 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas do municipio. Grazas ás familias dos alumnos pola súa colaboración!

Ademais, para festexar dita Conmemoración, decoramos o colexio con auténticas obras de arte feitas polos alumnos coa axuda dos profes:

DÍA DA PAZ 2015

 

Un ano máis celebramos o Día da Paz colaborando co Concello de Gondomar.

 

O dia 30 de xaneiro realizamos un "Circuíto Solidario de Habilidades" para recadar alimentos aportados polas familias do cole e logo cantamos e bailamos no patio cuberto a canción que preparou a profe Elena, "Meu amor estoupa".

 

A Concellaría de Benestar Social encargouse o día 5 de febreiro de recoller os casi máis de 700Kg de alimentos para achegalos ás persoas máis desfavorecidas do Municipio.

A noticia foi comentada no "Faro de Vigo". Tamén, se clicamos no nome do xornal "GALICIA SUR" poderemos ler a noticia con máis detalle.

Non vos perdades o vídeo e as fotos das dúas xornadas onde todos os/as alumnos/as e os/as profes máis osados/as rematan o circuíto cheo de obstáculos. Tamén hai fotos da recollida dos alimentos.

 

 

 

 

PARABÉNS A TODOS E TODAS POLO VOSO ESFORZO E POR ACORDARSE DOS MÁIS DESFAVORECIDOS, FELIZ DÍA DA PAZ!!!

 

 

Felicitación de Nadal 2014

Todos os  cursos realizamos un concurso para escoller a ilustración coa que felicitarvos a todos as festas de Nadal. Este ano a postal gañadora foi a de Rubén Fernández, noraboa!

postal de Nadal

Con esta bonita ilustración e cos fermosos desexos de Nadal que escribiu o alumnado de 6º curso, hoxe, día de Noiteboa, desexámosvos BO NADAL e que o ano que comece abra unha nova porta de ilusión para todos.

 desexos

 

PANXOLIÑAS 2014

A continuación as PANXOLIÑAS DO FESTIVAL DE NADAL 2014, A ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DO DEBUXO DO MEU HORTO IDEAL E DO CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS DA BIBLIOTECA E UNS MOMENTAZOS DO FESTIVAL. Houbo grandes actuacións de todos os cursos, incluída a dos profes:

  

 

PANXOLIÑA DE EDUCACIÓN INFANTIL:

PANXOLIÑA DE 1º DE PRIMARIA:

PANXOLIÑA DE 2º DE PRIMARIA:

PANXOLIÑA DE 3º DE PRIMARIA:

PANXOLIÑA DE 4º DE PRIMARIA:

PANXOLIÑA DE 5º DE PRIMARIA:

PANXOLIÑA DE 6º DE PRIMARIA:

PANXOLIÑA PROFES:

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DO DEBUXO DO MEU HORTO IDEAL E DO CONCURSO DE CARTAS AOS REIS MAGOS DA BIBLIOTECA:

 MOMENTAZOS DE NADAL:

 

 

 

Distribuir contido