Comunicados

DIVERTARDE CULTURAL

Estimados pais e nais:

Dende a ANPA, coa colaboración da AVV Galiñeiro de Vincios, queremos convidarvos a pasar unha tarde divertida no Centro Cultural de Vincios. Nesta ocasión estaremos acompañados por Carla Muñoz, nai de un neno do noso cole e licenciada en Biblioteconomía, especializada en literatura infantil e promoción a lectura. É unha das fundadoras de "Donde viven los cuentos" espazo de aprendizaxe vivencial na natureza situado en Nigrán. 

Con ela, poderemos disfrutar dunha tarde de contos que deixaran encantados os nenos e nenas, e os maiores tamén. 

Con esta actividade damos comezo a "Divertarde cultural", un lugar de encontro de familias o último sábado de cada mes. Esperámosvos o sábado 27 as 17.00h no centro cultural.

Saúdos ANPA 

CHARLAS PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Deixámosvos información sobre algunhas charlas que seguro serán do voso interes. 

Saúdos.

 

A ANPA

 

 

 

DEFICIENCIAS CENTRO

Estimadas familias:

Queremos trasladarvos a nosa preocupación polo abandono da administración local, Concello de Gondomar, no tocante aos traballos de mantemento da escola, que legalmente lle corresponden. Tamén informarvos que  na actualidade xa non hai conserxes en ningún centro educativo de Gondomar.

No seguinte documento, que podedes consultar, recóllense pormenorizadamente todas as deficiencias do centro ademais de explicar as consecuencias de non ter un conserxe no Centro. O documento foi enviado ao Concello de Gondomar o 20/10/2023 e, ao non obter resposta, foi novamente enviado o 10/01/2024 pero actualizado.

ENLACE AO DOSIER

Son deficiencias que se veñen acumulando ao longo dos últimos anos e que, algunhas delas, comprometen a seguridade do alumnado. Desde 2015 pasaron polo posto de conserxe 13 persoas diferentes sen dedicación a tempo completo.

A ANPA xunto co Centro está traballando neste terreo para demandar esta figura imprescindible no Centro e todas as tarefas de mantemento que non se desenvolven dende hai tempo.

 

OBRADOIRO DE XOGOS DE MESA EN FAMILIA NO COLEXIO

Estimadas familias:

Dende a ANPA queremos convidarvos a pasar unha tarde de xogos de mesa en familia.

Ademais temos o pracer de poder contar con Andrea, da tenda Mini Monstros, que nos presentará varios xogos cos que pasar unha tarde moi divertida. As prazas serán limitadas e reservadas por orde de inscrición enviando un correo a anpa.santamarina@hotmail.com ata o 30 de novembro.

Terá lugar o venres 1 de decembro a partir das 17:00h e ata as 20:00h no noso colexio

Podedes acompañarnos á hora que poidades dentro dese horario.

É obrigatorio que todos os pequenos/as veñan acompañados como mínimo de un adulto.

Animádevos!

Un saúdo,

A ANPA

ACTIVIDADES CENTRO CULTURAL DE VINCIOS

CAMPAMENTO DE VERÁN "OS VINCIOCAS 2023"

Estimadas familias:

Queremos informarvos sobre o Campamento de Verán "Os Vinciocas 2023" que organiza a Asociación de Veciños Galiñeiro - Centro Cultural de Vincios e que se desenvolverá nas instalacións do colexio. O campamento dará comezo o 26 de xuño e rematará o 31 de agosto en horario de 9:00h a 14:30h con opción de aula matinal de 8:00h a 9:00h. Os socios/as da ANPA terán un desconto especial. No seguinte enlace podedes descargar a inscrición e presentala na A.V.V. Galiñeiro de Vincios, no buzón da A.V.V.Galiñeiro que situará no CEIP Serra Vincios ou no mail: activalede@hotmail.com

Animádevos!!!

A Asociación de Veciños Galiñeiro

XORNADA EN FAMILIA NO MONTE GALIÑEIRO 22 DE ABRIL

Estamos en primavera e desde a A.N.P.A. Santa Mariña argallamos unha xornada en familia para pasar o día cos amigos e amigas do cole no Monte Galiñeiro o día 22 de abril.

Pinchade na foto para ter máis información:

OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN

Ben queridas familias, o martes 18 de abril, as 17:30h queremos convidarvos a un obradoiro moi divertido sobre alimentación, será un obradoiro familiar, no que pasaremos unha tarde identificando alimentos saudables e aprenderemos a planificar un menú semanal. Impartido por Marta Losada, dietista- nutricionista do SERGAS Val Miñor.

Unha aperta,

A ANPA   

 

Distribuir contido