O CEIP SERRA-VINCIOS CELEBRA O MAGOSTO NO MONTE GALIÑEIRO

Os nenos, nenas e profes festexan o seu magosto no monte Galiñeiro con castañas e cabanas.

O venres 16 de outubro, como todos os anos, os 167 alumnos do C.E.I.P. Serra- Vincios, xunto cos seus profes foron celebrar o Magosto ao Monte Galiñeiro.

Os maiores subiron ás 9,30 h. para ir andando ata os merendeiros e os nenos máis pequenos fixérono en autobús, un pouco máis tarde.

Cada neno levou unhas cantas castañas e mentres os profes as asaban, algúns facían cabanas con toallas, cordas, paus e outros materiais, do monte ou que levan da casa, mentres outros xogaban á pita ou a outros xogos, sempre á vista dos profes, que fixeron moitas fotos.

Cando as castañas xa estiveron feitas, ían buscalas cun cucurucho, e coméronas, estaban moi ricas!

Ao final da xornada, entre todos recolleron o lixo, para deixar o monte como estaba, e ás 13,15h volveron ao cole.

Todos o pasaron moi ben,  o tempo pasou voando, e aínda que acabaron esgotados, queren volver o próximo ano coas súas cabanas, e as súas castañas, porque lles gusta moito.

 Noticia feita polos Alumnos de 5º do CEIP Serra-Vincios e enviada ao xornal, "La Voz de Galicia" para a súa publicación en "LA Voz de la escuela".