CONVOCADA A AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DOS ALUMNOS/AS DE 3ºEP

A Consellería vén de publicar a Resolución do 10 de abril de 2018 (DOG 26 de abril de 2018) pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada dos alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria.

 

A avaliación individualizada de 3º de educación primaria ten carácter informativo e orientador para os alumnos e alumnas e familias, equipos docentes, centros e Administración educativa. Complementan a información que reciben e orientan a toma de decisións na elaboración de plans de mellora. En consecuencia, deben servir para:

 

- Achegar información individualizada de cada alumno ou alumna avaliado sobre o seu progreso no grao de adquisición das competencias obxecto de avaliación e contribuír á detección de dificultades na aprendizaxe.

- Achegar información e orientar os centros educativos para que, en función dos resultados obtidos polo seus alumnos e alumnas, cada centro adopte as medidas necesarias que redunden na mellora do proceso educativo.

 - Achegar información ás familias e á Administración educativa sobre o progreso da aprendizaxe do alumnado que contribúa a orientar a toma de decisións e o establecemento de medidas encamiñadas á mellora educativa.

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA DE 3ºEP

 

Que avalía: o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática.

 

Cando se realizará: os días 23 e 24 de maio de 2018.