BECAS NEAE

Como cada ano, o Ministerio de Educación convoca as BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO ( http://www.mecd.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha.html#dc ). Estas becas están destinadas a aquel alumnado que presente necesidades especificas de apoio educativo derivadas de TDAH, discapacidade, trastornos de conducta ou altas capacidades, e están destinadas a proporcionar ao alumnado unha atención educativa en servizos externos ao centro no ámbito de reeducación pedagóxica e /ou reeducación da linguaxe, ou programas específicos para alumnado con altas capacidades.

Ao igual que no curso 2015-2016, é necesario solicitala a través da páxina web do MECD ( https://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=748 ), utilizando un usuario e un contrasinal.

O prazo para solicitalas remata o 29 de setembro e deberán entregarse no centro educativo, xunto coa seguinte documentación:

  • Fotocopia do certificado de discapacidade ou minusvalía (de ser o caso)
  • Informes médicos
  • Fotocopias dos DNI dos membroas da unidade familiar que teñan feito os 14 anos
  • Documento bancario dos datos da conta onde se desexa recibir a axuda e na que o alumno/a debe figurar como titular
  • Fotocopia do carné de familia numerosa (de ser o caso)
  • Fotocopia do certificado de minusvalía ou discapacidade dos irmáns (se os houbese)