Skip to Content

Terceiro de Primaria

Unha viaxe xenial

VISITANDO A PAPA NOEL

Na ponte da Constitución fixen unha vixe coa miña familia, nada menos que..., a LAPONIA!! Quizais tampouco saibades onde queda, coma me pasou a min cando mo dixeron, pero agora xa o sei. Laponia queda ao norte de Finlandia preto do polo norte. ¡Alí é onde vive Papá Noel!

A viaxe foi moi longa, pasamos moitas horas no avión. Cando baixamos do avión facía moito frío e había un montón de neve. Veu a buscarnos unha rapaza moi simpática que nos trouxo uns traxes especiais para o frío e así, ben abrigados, xa nos levou ao hotel. Nesta época do ano, en Laponia case sempre é de noite, só teñen catro horas de luz.

Ao día seguinte pola mañá despois do almorzo, viñeron a buscarnos e fomos a unha “Kota de Joiku” que é como lle chaman alí ás montañas. Fomos a ver unha cerimonia sami, a poboación indíxena, logo demos unha volta en trineo tirado por renos, xogamos ao hockei e manexamos unha mini-motoneve.

Pola tarde os meus pais leváronnos aos meus curmáns e a min nun trineo engachado nunha motoneve grande. Despois dun longo paseo pola neve chegamos á cabana de Pukin Puro, o lugar onde vive Papá Noel. Había renos por todas partes. Démoslle as nosas cartas a Papá Noel, que está tan gordo coma sempre, e el entregounos uns regalos.

Ao día seguinte leváronos a un safari con huskies e foi moi divertido. O que maás me gustou foi tirarme polo gran tobogán en trineo. ¡¡Xamais pensei nunhas vacacións tan fantásticas!!

YAGO

Chegou Yago de Laponia!

Esta mañá voltou á clase Yago, despois da súa viaxe a Laponia. Quedamos pampos con todo o que nos contou. Que pasada!

Deu un paseo en trineo tirado por huskies, comeu carne de reno, visitou o taller de Papá Noel e xogou cos elfos que lle axudan a facer os xoguetes.

Despois a nosa profe amosounos co canón de proxección a información que sobre Finlandia e Laponia había na enciclopedia virtual Encarta. Case foi como se estiveramos alí. Yago prometeu contar aquí  neste blog a súa viaxe e traer á aula as fotos para que as vexamos.

A ver se é axiña, que estamos desexando velo na neve!

 

3º B

Elefante, corazón de paxaro

No noso "clube de lectura" de aula, é dicir, aqueles libros que lemos e comentaamos en conxunto dentro das actividades de aula; rematamos hai poquiño, este libro escrito por Mariasun Landa.

A historia parte dunha situación curiosa: unha mestra que resposta a un anuncio para dar clases nunha escola de elefantes en África. Cando chega alí atópase con que non tódolos elefantes son iguais; o eu comportamento depende do corazón que teñan. Así, os de corazón de tigre, son agresivos ata para aprender; os de corazón de mono, son demasiado xoguetóns; os de corazón de formiga son moi traballadores,...pero os máis curiosos, son os de corazón de paxaro:tímidos, distraídos e sempre cantaruxando. A estes, os demais non lles teñen moi en conta , pero...¡ao final vanlle ter que agradecer o salvaren todos a vida!

Volo recomendamos porque é ameno, curioso e divertido.

Tamén nós imaxinamos outros elefantes con corazón de... (xa volo contaremos)

 

3º B

Xa temos canón de proxección!

Hoxe despois do recreo tivemos unha sorpresa moi agradable; o profe Fran colocounos o canón de proxección para que poidamos ver na pantalla da nosa aula todo aquilo que nos interesa, sen desprazarnos a outro lugar do cole.

A nosa titora estreouna amosándonos a información que, sobre a vista e o ollo, (o tema de Coñecemento que estamos estudando) contén a enciclopedia Encarta.

Que pasada ver as imaxes tan grandes e tan preto! Con esas imaxes completamos un esquema do ollo nunha ficha.

A verdade é que con este recurso parece que aprender é máis entretido.

 

3º B

Grupo de 3º B

 

Ola a todos e todas, somos o grupo de 3º B; xunto coa nosa titora, pretendemos darvos  a coñecer dende aquí, as actividades que imos facendo na aula, as nosas opinións sobre o que lemos e sobre o que pasa no noso cole.

Somos vinte e tres, traballamos bastante e falamos moito máis; pero os nosos profes, que teñen moita paciencia, conseguen que aprendamos. Levámonos ben, aínda que ás veces temos algunhas liortas (pequeniñas).

 

Cabazas e máis cabazas!

Hoxe, fomos tódolos grupos do cole a visitar a exposición do Samaín que se montou diante da "biblio". Que pasada!

Había cabazas de todos os tamaños, de diferentes formas; e moitas cunha decoración realmente orixinal: Papá Noel, bebé, araña, bruxas, pavo real... Non as contamos pero seguro que eran "tropecentas mil" .

Vaia derroche de imaxinación e habilidade plástica tivo o alumnado e as súas familias! A ver se mañá veñen os pais e nais ao magosto e ven o chula que quedou a exposición!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut