Skip to Content

Responder ao comentario

Unha viaxe xenial

VISITANDO A PAPA NOEL

Na ponte da Constitución fixen unha vixe coa miña familia, nada menos que..., a LAPONIA!! Quizais tampouco saibades onde queda, coma me pasou a min cando mo dixeron, pero agora xa o sei. Laponia queda ao norte de Finlandia preto do polo norte. ¡Alí é onde vive Papá Noel!

A viaxe foi moi longa, pasamos moitas horas no avión. Cando baixamos do avión facía moito frío e había un montón de neve. Veu a buscarnos unha rapaza moi simpática que nos trouxo uns traxes especiais para o frío e así, ben abrigados, xa nos levou ao hotel. Nesta época do ano, en Laponia case sempre é de noite, só teñen catro horas de luz.

Ao día seguinte pola mañá despois do almorzo, viñeron a buscarnos e fomos a unha “Kota de Joiku” que é como lle chaman alí ás montañas. Fomos a ver unha cerimonia sami, a poboación indíxena, logo demos unha volta en trineo tirado por renos, xogamos ao hockei e manexamos unha mini-motoneve.

Pola tarde os meus pais leváronnos aos meus curmáns e a min nun trineo engachado nunha motoneve grande. Despois dun longo paseo pola neve chegamos á cabana de Pukin Puro, o lugar onde vive Papá Noel. Había renos por todas partes. Démoslle as nosas cartas a Papá Noel, que está tan gordo coma sempre, e el entregounos uns regalos.

Ao día seguinte leváronos a un safari con huskies e foi moi divertido. O que maás me gustou foi tirarme polo gran tobogán en trineo. ¡¡Xamais pensei nunhas vacacións tan fantásticas!!

YAGO

Responder



by Dr. Radut