Skip to Content

Catálogo

VIDEOCLIP OFICIAL "EcoRocK"

Velaquí vos deixamos o videclip da canción oficial do noso "Proxecto Escola Verde" "EcoTeo".

Foi un traballo de fin de ciclo levado a cabo co alumnado de Ed. Infantil. Sempre coa axuda inestimable das profes titoras!

Mil grazas a todas as familias, alumnado e mestres compañeir@s participantes no Proxecto durante este curso escolar.

Lembremos sempre, que vivimos, grazas aos agasallos deste noso planeta!

É a nosa "obriga vital" respectalo e darlle aloumiños día a día entre tod@s.

Sexamos responsables!

Agradecementos tamén á "A CASA DO ROCK", centro oficial da "RockSchool MUSIC" en Santiago de Compostela. Por cedernos a base instrumental sobre a que fixemos os pertinentes arranxos musicáis e a letra da canción, para crear o temazo do Proxecto deste ano. Unha actividade realizada na Área de Ed. Musical.


(Karaoke)

Fondos da biblioteca do C.E.I.P a Ramallosa

 

A biblioteca do C.E.I.P a Ramalllosa está integrada na rede de Meiga.Podes consultar os nosos fondos clicando sobre a imaxe:

Distribuir contido


by Dr. Radut