Skip to Content

Equipo de Normalización Lingüística

CALENDARIO SOLIDARIO 2019 // CONCURSO de CARTEIS

Como ben sabedes, este ano, para a elaboración da portada e contraportada do noso habitual "Calendario Solidario", lanzamos un "concurso de carteis" entre o alumnado  a través do noso Proxecto de Centro deste ano "ECOTEO". Ben, pois xa temos gañador e finalistas!!

Aproveitamos este post para pedir de novo desculpas pola erro que houbo na publicación impresa do mesmo. Como xa informamos a través da nota informativa enviada ás familias, na contraportada do calendario cometemos un erro ao asignarlle un accesit do concurso de carteis ao alumno Martiño Amigo González, cando realmente o finalista foi Martiño Iglesias Esporas de 2º EP. Por suposto, a versión online que publicamos a continuación está corrixida.

 

Xa podedes saber cales foron as ilustracións escollidas! Temos que dicir que foi moi complicado facer a selección, pois eran moi boas todas! Así que, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega felicitámosvos a tod@s e dámosvos as grazas pola gran cantidade de obras presentadas a concurso. Un éxito de participación!!

Igual que todos os anos, a recadación feita a través da venta deste calendario, irá íntegra ao "Banco de Alimentos" do noso Concello.

 

- Ver OBRA GAÑADORA e ACCESIT´S, aquí                                                 

- Ver CALENDARIO SOLIDARIO 2019, aquí:

 

 

DECORADOS NADAL 2018_19

Este ano, tendo en conta a temática do “Proxecto de Centro”, decoramos o centro reutilizando materiais de refugallo. Así as caixas de ovos, botellas, vasos etc, servíronnos para engalanar os nosos espazos con motivos de Nadal.
Aproveitamos asemade este feito para lembrarlles aos cativos que todos estes símbolos establecidos culturalmente (árbores, grilanda, acivro, estrelas...), non teñen porque ter só un carácter ou interpretación relixiosa. Xa que a meirande parte deles teñen orixe pagana e proveñen de culturas e pobos que veñen de moito máis atrás. Outra cousa moi diferente é que a relixión católica se "apoderara" de moitos destes símbolos reinterpretándoos ou dándolles unha nova simboloxía.

É dicir, que estas festas teñen un compoñente socio-cultural e histórico que non ten porque ir sempre ligado ás crenzas da nosa relixión predominante.
Así, por exemplo, os Celtas e os Romanos (na antiga Roma), celebraban nestas datas o solsticio de inverno. Para os Celtas, a festa recibía o nome de Yule (a palabra yule significa roda). E na antiga Roma, celebraban a Saturnalia (en honra ao deus Saturno).
O solsticio de inverno é o día máis curto do ano porque se trata do momento en que a terra está máis inclinada con respecto ao sol, e por iso recibe menos luz. O Yule orixinalmente duraba trece días, aínda que hoxe en día foron adaptadas á vacacións de nadal e son dezaseis días. O Yule era unha festa con dous conceptos, o concepto da morte e a resurrección do sol, xa que era o momento álxido. Era o momento en que moitas culturas marcan o seu inicio do ano.Veneraban aos seus deuses, e esperaban o nacemento do Rey Carballo, o Rey Sol, o Donador de Vida.
Unha das tradicións máis importantes do Yule era ir de casa en casa, regalando aos teus coñecidos,
familiares e amigos, cravos ( especies). Decoraban o exterior e o interior das súas casas con acivro, hedras (a modo de guirnaldas), e outras plantas ornamentais. A tradición da rama de acivro é unha das tradicións que chegaron ata hoxe en día co mesmo significado. Póñense fóra de casa á beira da porta para que a xente que vaia a pasar o nadal contigo vexa que na túa casa, hai paz e bos agoiros, e que ides pasar unhas boas festas.
A árbore era o elemento máis importante das festas. Segundo a tradición había de ser plantado e coidado pola mesma familia que o decoraría ao chegar o solsticio. Se eles non o podían plantar ou non conseguiran que sobrevivise ao longo do ano, non o podían comprar, algunha persoa próxima ou familiar habíalles de regalar algún, xa que afacían plantar máis dun por se ao longo do ano,había algunha praga ou por se collía algunha enfermidade e morría. Esta árbore portábase ao interior da casa, espolvoreábase con fariña ou con outros condimentos, cortábase e botábase ao lume, no cal estaría a arder, como mínimo doce días que eran os que duraban as festas.
Os celtas distribuían o seu calendario festivo sobre as diversas celebracións e a máis importante para eles era o Yule, a cal lles marcaba o inicio dun novo ano.
E do mesmo xeito que hoxe na Relixión Católica se celebra o nacemento de Xesús o 25 de decembro, os Romanos celebraban o nacemento do Sol Natalis. Despois do día 25, empezaba o festival de Sigillaria. Unha tradición moi parecida ao nadal na que todos se daban agasallos coa pequena característica que só se podían regalar cousas de prata ou cousas recollidas na colleita en honra a Saturno (deus da colleita).
Durante estes días acendíanse velas para celebrar a volta da luz (igual que hoxe poñemos luceciñas), e engalanábanse as árbores. Pero os romanos só adornaban os que estaban plantados na terra. Tamén se decoraban as casas de verde, con elementos ornamentais naturais de todo tipo (hedras, acibros e outras plantas a modo decorativo).

25N

                                                                                

Este venres celebramos o "Día Mundial Contra a Violencia de Xénero".

Deixámosvos as fotos do acto e o manifesto!! 

                Descargar fotos aquí                                                                                       Descargar manifesto aquí

Nace a Revista escolar "Ledicia"!!

Temos o pracer de presentarvos o nacemento da revista dixital "LEDICIA", da man do alumnado de sexto curso de Ed. Primaria.

Un traballo fermoso e cun carácter pedagóxico a salientar.

Neste primeiro número podedes atopar información sobre o Proxecto de Centro deste ano (EcoTeo), e outras

moitas novas interesantes. Parabéns polo traballo!!

Portada da revista

 

"SAMAGOSTO"

Deixámosvos a gravación da composición musical realizada na Área de Ed. Musical a modo de “himno” para a celebración no cole do Samáin e o Magosto. De ahí o seu nome; “SamaGosto”.

 

"EcoRock"

Xa temos a composición da Canción Oficial do Proxecto de Centro deste ano;

Así, e seguindo a temática do mesmo, na Área de Educación Musical do Centro, compuxemos a letra e os arranxos musicais deste "EcoRock" a partir dunha base instrumental cedida pola "RockSchool de Londres", a través da nosa "Casa do Rock" Compostelá. Mil grazas por adiantado pola súa colaboración nesta cesión.

Este tema musical servirá de colofón para cantarmos todos xuntos ao remate das diversas celebracións escolares do ano. De feito, o estreno oficial será moi pronto, o vindeiro venres no “SamaGosto”.

Durante o curso tamén faremos unha versión cantada polos propios nen@s do cole e un videoclip.

Polo de agora deixámos aquí a V.O.

Agardamos que vos guste!!

 

Descarga a letra aquí

 

 

SAMAÍN & MAGOSTO

O venres 2 de Novembro celebramos no cole o “Samaín”. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno. Tamén celebraremos o magosto, e farémolo polo tanto de forma conxunta. De ahí o nome co que vimos festexando esta data; "O SamaGosto". Nome que por certo, tamén lle da título á canción que compuxemos como "Himno desta Festividade”, e que cantaremos por suposto tod@s xunt@s. Ao igual que a obra musical composta como “Canción Oficial do Proxecto de Centro” deste ano; "EcoRock".

A nosa homenaxe a estas dúas tradicións tan antigas vai estar repleta de actividades didácticas ao longo destas semanas; concurso de contos de medo, exposición de cabazas... E por suposto, na data sinalada para o festexo faremos a tradicional castañada á que están convidadas todas as familias e que estará acompañada de xogos e cancións como colofón. Tamén se fará a entrega de premios a tod@s @s participantes no “Concurso de Contos de Medo”.

mAGOSTO

 

 

Clica nestas imaxes para aceder a un feixe de recursos INTERACTIVOS e tamén algunha Unidade didáctica proposta polo Seminario Galán!!

 

 

Velaquí, a creación musical feita co alumnado, da canción con letra propia, e xa oficial a modo de “himno”, para a celebración no Centro Educativo, do Samáin e o Magosto: “SamaGosto”.

Estamos traballando nunha edición máis profesional do tema, pero mentras tanto, pódese desfrutar desta gravación "en ambiente" da aula.

 

descargar LETRA aquí

descargar melod PARTITURA frauta aquí

 

E NOS SEGUINTES ENLACES PODEREDES VER MOITÍSIMAS MÁIS ACTIVIDADES:

Preme nos diferentes enlaces para acceder ás actividades interactivas do Samaín, o Magosto e do Outono.

Celebramos o Magosto (todos os ciclos). Preme aquí.

A Castañeira (Infantil e 1º ciclo). Preme aquí.

A vendima (1º e 2º ciclos). Preme aquí

O Outono (1º ciclo). Preme aquí.

Marcelina e a noite do Samaín (Infantil e 1º ciclo). Preme aquí.

O Samaín (Infantil). Preme aquí.

Máis Samaín (Infantil). Preme aquí.

Actividades do Outono para Infantil e 1º ciclo. Preme aquí.

Chegou o Samaín (Infantil e 1º ciclo). Preme aquí.

Un Samaín de Conxuros para 1º ciclo.Preme aquí.

Actividades do Outono para 2º  e 3º ciclos.Preme aquí.

O xogo do Samaín (2º e 3º ciclos). Preme aquí.

Recursos do Samaín (todos os ciclos). Preme aquí.

Webquest do Magosto (3º ciclo). Preme aquí.

Samaín (1º ciclo). Preme aquí.

 

 

"EcoTeo"

Xa está en marcha o "Proxecto de Centro" desde curso 2018_19, baixo o nome:

A través do mesmo, trataremos a problemática do coidado do “Medio Ambiente” de maneira interdisciplinar. Todo a través dun traballo coordinado con todo o equipo docente do centro e comandado polo Equipo de Actividades Extraescolares, o Equipo de Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

Traballaremos sobre tres eixes:

- “Os Refugallos”: Reciclaxe,Concienciación, xestión....

- “Ecosistemas”: Especies Autóctonas/invasoras....

- “EcoRamalloseir@s”: Traballo destes valores no centro, conducindo as actividades a desenvolver a través do mencionado Proxecto de Centro. Entre outras cousas faremos; brigadas de limpeza/supervisión de patio, mural/rocódromo reevindicativo, obra escultórica con refugallos, decoración do patio de Ed. Infantil, concurso de carteis para o calendario solidario do centro, composicións e propostas musicais

Entre outras moitas cousas, está e marcha xa por exemplo o "Concurso de Carteis" para o "Calendario Solidario" , do que coñeceremos o gañador/a e os 3 accesit ou finalistas o vindeiro 5 de Novembro.

Tamén está funcionando xa as "Brigadas de limpeza de patio". Poderedes ir vendo as fotos de todos os cursos aquí:

 

A través da web iremos dando conta das diferentes propostas e actividades que estamos levando a cabo!  

PROPOSTAS LECTORAS PARA O VERÁN

     

Agora que chegan as vacacións, é un bo momento para relaxarnos cunha boa lectura. Estas son as nosas recomendacións dende o equipo de biblioteca. Desfrutade moito!!

Fai clic na imaxe

 

"MIÑA TERRA GALEGA" (Videoclip)

Proxecto audiovisual traballado este curso 2017_18 con Xaime Fandiño, avó de Daniela, alumna do centro da aula de 4 e 5 anos. Mil grazas polo teu traballo Xaime! Quedou ben fermoso.

Distribuir contido


by Dr. Radut