Skip to Content

Equipo de Normalización Lingüística

VERSOS VEXETAIS

Para conmemorarmos o día da poesía e da árbore, o alumnado creou poemas para pendurar nas árbores do patio. Aquí tedes o libro adxunto (en formato  PDF) que recolle o traballo feito desde 4º de Infantil ata 6º de Primaria.  Ver adxunto

  

HOUBO UN GRUPO DE 2º DE PRIMARIA, QUE QUIXO RECITAR A POESÍA QUE CREARON NA SÚA AULA.

  

 
DESPOIS DE REVISAR TODAS AS POESÍAS, RECOLLÉRONSE NUN DOCUMENTO AS PALABRAS RELACIONADAS COA NATUREZA E FÍXOSE UNHA PROXECCIÓN CON ELAS. O OBXECTIVO DESTA PROPOSTA É SENTIRSE PARTE DA NATUREZA QUE NOS RODEA, COLOCÁNDOSE DIANTE DO PROXECTOR, DE XEITO QUE SE PROXECTEN NALGUNHA PARTE DO CORPO, COMO A CARA E FOTOGRAFIARSE. PÓDESE VER EXEMPLOS NESTE VIDEO
 
 

LETRAS GALEGAS 2019

ANTÓN FRAGUAS

Homenaxeado Letras Galegas 2019

(17 Maio)

INFORMACIÓN SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO,

ACTIVIDADES E OUTROS RECURSOS EN LIÑA:

Seminario Galán

Portal da Lingua Galega

 

 

DEBUXAMOS O MAIO

HAI UNS DÍAS MONTAMOS UN FERMOSO MAIO ENTRE TOD@S, E AGORA QUIXEMOS DEBUXALO EN PAPEL. PRIMEIRO OBSERVAMOS E PENSAMOS E LOGO REXISTRAMOS. TEMOS QUE ACOSTUMARNOS A FACER UNHA OBSERVACIÓN PREVIA ANTE E LOGO PODER TER INFORMACIÓN PARA INTENTAR PLASMAR A INFORMACIÓN QUE OBTEMOS A TRAVÉS DOS SENTIDOS.

CRUCIGRAMA DE APEIROS DE LABRANZA

ESTE ANO O HOMENAXEADO DAS LETRAS GALEGAS, ANTÓN FRAGUAS, FOI MOI POLIFACÉTICO E FIXO MOITO POR GALICIA E POLA CULTURA E O PATRIMONIO GALEGO. NOS QUIXEMOS FACER UN GUIÑO AO MUNDO DA LABRANZA, FACENDO UN CRUCIGRAMA CON NOMES DALGÚNS UTENSILIOS QUE EMPREGABAN OS LABREG@S NOS TRABALLOS DO CAMPO.

 

¡VIVAN OS MAIOS!!!!

Hoxe retomamos no noso colexio unha antiga tradición cultural; a conmemoración da festa dos MAIOS.

Ao longo deste curso, dentro da temática do proxecto de centro, lévase traballando en relación á importancia de coidar e respectar o noso entorno natural e hoxe, quixemos ensalzar a súa importancia elaborando un maio, coa colaboración de toda a comunidade educativa. Como ancestralmente se facía, esta festa servía para dar a benvida á primavera e á época da sembra, así como loar a riqueza que nos aporta a natureza coa súa vexetación.

Elaborouse un maio en forma piramidal entre tod@s ao longo da mañá e logo, colocados arredor del, recitouse o poema de Curros Enríquez, " Ahí ven o maio" que logo escoitamos musicalizado por Luis Emilio Batallán.

 

Vídeo resumo da actividade

POESÍA NAS ÁRBORES

DEBIDO ÁS BOAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS, OUTRA ACTIVIDADE QUE SE ÍA LEVAR A CABO O DÍA DO LIBRO, PARA CONMEMORAR CONXUNTAMENTE POESÍA, ÁRBORES E LIBROS, FOI REALIZADA HOXE. 

CADA TITORÍA ESCOLLEU UNHA ÁRBORE DO PATIO ACERCA DA QUE SE REALIZARÁN DIFERENTES ACTUACIÓNS, NESTA OCASIÓN TRATABASE DE PARA PENDURAR DELA, AS DIVERSAS POESÍAS QUE SE CREARON CON TEMÁTICA SOBRE NATUREZA, QUE LEVABA POR TÍTULO "VERSOS VEXETAIS".

O TEMA DOS POEMAS FOI ESCOLLIDO POR ESTAR RELACIONADO CO PROXECTO DE CENTRO DESTE CURSO; A RECILAXE E O COIDADO DO ENTORNO ("ECOTEO").

 

VÍDEO-MONTAXE DO CENTRO COAS COREGRAFÍAS DO FESTIVAL DE ENTROIDO 2019

    

    

    

Mil grazas a Ángel Sanjurjo! Pola súa colaboración ante un imprevisto durante o proceso de gravación e o tempo invertido a posteriori para a causa. 

 

FOTO-MONTAXE COAS FOTOS DESTE ENTROIDO 2019

PODES DESCARGAR AS FOTOS EN ALTA CALIDADE AQUÍ

Mil grazas a Roberto Blanco, (Ex-Presidente da ANPA), polo seu tempo e traballo excepcional un ano máis coa reportaxe. 

VISITA DE "ANXO MOURE":

A semana pasada aprendemos a apreciar a importancia do coidado da natureza. Anxo moure ensinounos moitas cousas sobre o noso medio ambiente, plantamos unha landra nos zapatos e botas que trouxemos e limpamos o noso patio reciclando o lixo que atopamos. Gustounos moito colaborar coidando o noso entorno!!!

"CONSTRUIMOS XOGUETES CON REFUGALLOS"!!

Seguindo as dinámicas do noso Proxecto de Centro deste ano, (EcoTeo) propuxemos unha actividade coa que os nenos construiron xoguetes con materiais de refugallo, coa axuda das súas familias. Á exposición final chegaron propostas interesantísimas e súper divertidas! Deixámosvos aquí unhas imaxes a modo de resumo. Clicade enriba da imaxe para abrir as fotos.

Moitísimas grazas a todos pola vosa participación. Especialmente a todas as familias, por participar tan activamente nesta creativa proposta didáctica.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut