Skip to Content

Fomos ao teatro

Este semana todo alumnado de 2º ciclo asistimos a unha función no Teatro Principal de Santiago. A obra de teatro titulábase "Juntos y revueltos"; e xunto con nós, asistiron rapazas e rapaces doutros colexios da bisbarra ata encher o teatro.

O obra contaba como uns rapaces dunha mesma clase, que non se soportan, son obrigados pola profesora a realizar xuntos un traballo de Lingua, para que aprendan a convivir e levarse ben. Despois de vivir unha experiencia aterradora nunha casa abandonada; aprenderán que, anque son diferentes, todos teñen cousas boas.

Había momentos moi divertidos, como cando sae a profesora de Lingua, que é un desastre de desorde; ou cando Dani, que presume de ser moi bravo, se desmaia ao primer susto.Tamén algúns momentos de tensión, como cando se escoitaban os ruídos na casa ou a escea se escurecía ao ler o libro coa maldición.

Chamounos a atención os sinxelos decorados que se utilizaban, pois cuns paneis móbiles pintados, que os mesmos personaxes movían, se conseiguía cambiar a escea e o lugar onde transcorría (o ximnasio, o despacho do titor, a casa abandonada,...)

Pero o máis divertido foron as cancións e os bailes dos personaxes; e ao final fixeron participar ao publico!!

Unha gran obra que aplaudimos a rabiar. Quedáronnos ganas de asistir axiña outra vez ao teatro. (fotos)

 

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut