Skip to Content

SEMANA DO 23 AO 27 OUTUBRO

Comporto algunhas das propostas nas que andivemos traballando nesta semana:

- LOXICAMATEMÁTICA; ordenando a serie numérica cunha alfombra e logo representación da cantidade correspondente, aproveitando elementos que temos nestes momentos no recuncho de outono

  

- DÍA DAS BIBLIOTECAS: quixemos poñer en valor esta data a nivel educativo, pois a biblioteca é un recurso moi importante que se pode usar para fomentar a competencia lingüística; lugar de lectura de contos, de busca de información en calquera proxecto, coñecemento de distintos textos de uso social,... De feito, dende a nosa biblioteca, comunicáronnos que neste ano o tema proposto dende a asesoría de bibliotecas escolares, sexa a BANDA DESEÑADA, por iso deixáronnos un exemplo, xunto co cartaz que nos comunicaba ademais que, dende o cole se propuxo como proxecto anual, a MÚSICA.

Nós aproveitamos a falar do cartaz onde aparecían as nosas mascotas, da biblioteca e do comando verde: se viramos algunha vez os cadrados e bocadillos que nel aparecen, que pensaban que era a música e onde poderíamos buscar para saber máis, cales eran as normas para asistir a unha biblioteca,... Polo que neste curso, faremos a nosa aportación a ambos temas, aprendendo sobre a música e sobre a banda deseñada.

Aproveitamos a ler o fermoso conto "León de biblioteca", ed. Ekaré e a facer un tempiño de goce e lectura individual cos contos da biblio de aula.

  

- O MONSTRO DE AULA: aproveitando que se achega a data do Samaín, creamos o noso particular monstro. Para iso, entre todos e todas, coas ideas aportadas sobre os elementos e características que querían que tivese esta personaxe de medo, foise votando para chegar a unha proposta final.

Despois, cadaquen debuxou dita personaxe, coas mesmas indicacións para tod@s, e así o manifestaron nas súas creacións, tal como se pode ver na seguinte imaxe.

                

 

- FROITOS SECOS:  esta semana tocou a degustación de froitos secos propios da estación de outono, xa que moitas crianzas descoñecen moitos deles e tampouco os probaran.

  

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut