Skip to Content

SEMANA DO 16 AO 20 OUTUBRO

Dado que estamos inciando a estación de outono, quixemos centrarnos en levar a cabo actividades arredor dos froitos de outono

- intentamos ler as tarxetas nominativas e logo asocialas coa imaxe do froito ao que lle daba nome

- clasificamos os froitos en secos e carnosos

 

- escribimos os nomes dos froitos para identificalos no recanto temático que fixemos na aula. Previamente usamos letras móviles para compoñer a palabra 

 

         

- fixemos unha degustación dalgúns froitos carnosos, e aproveitamos a falar do sabor doce e amargo. Despois de probar cada froito, rexistramos cantas crianzas percibían un sabor doce e cantos amargo, realizando un conteo.

 

- aproveitando que tiñamos diversos froit@s na aula, creamos por parellas mandalas de outono. Previamente vimos exemplos deste tipo de creacións e logo en parella chegamos a acordos sobre que froit@s empregar e o seu deseño.

Algún exemplo:

 

- creacións artísticas coas cores típicas da estación outonal: escoitando de fondo a composición musical de Vivaldi, "el otoño", e cos ollos pechados, intentamos pintar libremente, sentindo e gozando a música, creando libremente, pero resultounos difícil ter os ollos pechados e non ver o que pasaba no papel (a falta de confianza, a presión de pintar dentro do papel, a necesidade de abrir os ollos,...)

 

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut