Skip to Content

Responder ao comentario

O INVERNO XA ESTÁ AQUÍ

SESIÓN DE CONTACONTOS PARA E.I. E 1º CICLO DE PRIMARIA CO GALLO DO 8 DE MARZO

Organizado pola Anpa, o xoves 7 de marzo, logo da volta do descanso do entroido, Carme Domecq na súa actuación maxistral da Carteira de augas claras e da compañía Cachirulo ofreceu para o alumnado de E.I e 1º ciclo de E.P., unha sesión de catro contos co gallo do Día Internacional da muller. Os contos seleccionados foron:  Eu vou comigo, Artur e Clementina, Rosa e Caramelo e a maceta de alfándega. Catro historias para reflexionar sobre a desigualdade e o machismo pero que ao final, todos por sorte, acaban con final feliz.

Aquí ou na foto podedes ver unha mostra da sesión.

 

 

FESTA DE ENTROIDO
O venres 1 de marzo celebramos como todos os anos a festa do Entroido no cole. Nesta ocasión, o tema da reciclaxe foi a nosa inspiración e en concrento o plástico e o colector amarelo o do noso noso ciclo. Grazas pola vosa colaboración e polos creativos e fermosos disfraces que elaborastes para este ano. Familias, sodes unhas artista! Mirade unha pequena mostra desde os ensaios ata o día grande. Perdoade pola calidade das fotos pero son datas que non dan para ir máis amodo. Unha vez máis podedes ver pinchando aquí ou na foto.

 

ENROIDO 19. O MECO

Como quencemento e preparación para o día grande da celebración da festa do entroido no cole, un ano máis o noso meco particular volveunos dar unha serie de consignas para irnos adentrando no ambiente festivo.

 

Asi o dispuxo o sr. Meco:

 

O luns 25 de febreiro pon un sombreiro.

O martes "por favor" trae na solapa unha flor.

O mércores a festa non remata, debes traer unha garavata.

O xoves en cada pé un zapato diferente para facer rir á xente.

Mirade aquí  ou na foto o variado repertorio que se xuntou,

 

DÍA DE ROSALÍA

Todos os anos o 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro, posto que ese mesmo día do ano 1837, nacía a  grande escritora. Este ano, ao caer a domingo adiantamos a súa festa e celebrámolo con varias actividades. Como ides ver nas fotos, entre todo a alumnado elaborouse un grande cartace decorado por segmentos coa súa imaxe. Ademais aprendemos poemas, recitamos os seus versos, cantamos unha canción composta para ela e como remate final, gozamos con varias pezas interpretadas por un cuarteto de música tradicional, entre as que estaba a Alborada de Rosalía.

 

Podedes ver mostra aquí ou na foto.

 

 

 

CONTACONTOS: O CARBALLO CON BOTAS.

O venres 8 de Xaneiro o escritor e contacontos Anxo moure visitounos e compartiu con nós o seu precioso espectáculo do Carballo con botas, co que engaiolou a mestras, nenas e nenos. Ademais tivo a xenerosidade de traernos unha landra para plantar, que como ben sabedes se fixo no calzado que vos pedimos. Iso si que é unha actividade completa! Xa vos daremos conta dos avances desta actividade. Mentres gozade coas fotos dese día. Tamén podedes pasar a ver a intalación do calzado que fixemos na reixa do patio exterior de Infantil. Clicade aquí ou na foto.

 

 

 

 

VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO

Os días 16 e 17 de xaneiro visitamos o interesante Museo do Pobo Galego en dúas quendas. Foron dúas xornadas magníficas nas que poidemos gozar dos valiosísimos obxectos do noso patrimonio coa regalía de facelo a partir de actividades lúdicas como Xogos bailados, Coscobellos ao cesto ou Raposadas. Grazas a Carme, a responsable desta actividade, polo seu bo facer.  Se queres ver comogozamos da actividade, preme aquí ou na foto.

 

 

ZUMBA E FESTA FINAL DE TIMESTRE DE E.I. 2018

Xa sabedes que é un clásico despedir o trimestre de xeito festivo entre toda a Comunidade educativa, bailando un pouco de zumba. Este ano, por mor do tempo que non acompañaba moito, celeramos as sesións por ciclos no salón de actos.

Para repoñer forzas, unha suculenta merendiña estaba agradándonos.

Mirade aquí ou na foto que ben o pasamos en Educación infantil!

Responder



by Dr. Radut