Skip to Content

Responder ao comentario

ARTISTEO EN TEO. 2º Trimestre.

Metidos xa no mes de xaneiro, e logo das vacacións de nadal, comezamos con novos folgos e puxémonos a traballar en varios frontes: debuxamos os nosos agasallos dos Reis, recollemos o Premio do público do Certame de Arte Escolar da Fundación Granell, debuxamos e pintamos os bodegóns nas nosa bandexas, conmemoramos o día da Paz e lembramos os nosos disfraces do mellor xeito que sabemos, debuxándonos.

BODEGOTEO. RESULTADO FINAL

Aquí chegamos á terceira entrega do noso proceso na creación de bodegóns.

Lembrades? Primeiro documentámonos e inspirámonos en moitas naturezas mortas, a maioría dos fondos do Museo Thyssen de Madrid. 

A nosa estrela: Bodegóns con froitas de Louise Moillón. Tamén nos inspiramos en: Abundancia do verán de Paul Lacroix, Charden, Paul Cézanne, Georges Braque, Prendergast...

Aquí volas deixamos. Preme neste bodegón de Cézanne.

 Segundo: Facemos unha composicióncon elementos reais propios dun bodegón. Froitas, hortalizas, louzas, panos e demais elementos propios dun bodegón. Plásmase nunha foto.

Terceiro e final: Coa propia foto como apoio visual, obsevamos, copiamos e debuxamos na nosa bandexa a nosa propia composición. E ASÍ DE SABOROSOS QUEDARON...

 

Aula de 5A    

Aula de 5B

Aula Mixta 4

Aula de 4 anos

Aula de 3a A

Aula de 3B

 

 

 

BODEGOTEO.2ª PARTE.

DEBUXANDO E PINTANDO OS BODEGÓNS.

Aquí vos queda mostra  do proceso de debuxo e pintura con acuarela de cada un dos nosos bodegóns. Se lembrades, primeiro fixemos cadansúa composición con froitas, hortalizas, vasillas e teas. Despois fixémoslle unha foto para que quedara inmortalizado e sobre todo, para non esquecer nada para poder despois reproducir nas bandexas de cartón. Mirade canta concentración e canto traballo.

 

 

 

DISFRAZÁNDONOS.

Deixamos documento gráfico do noso disfrace do entroido. A maioría eliximos o vestido para a festa de entroido do colexio, que como ben saberedes, fixo que nos convertéramos en Súper Chef do filme de Ratatoille, nun auténtico "Ramallosa de Cine". Ademais houbo quen debuxou algún outro ben orixinal.

 

 

 

 

 

 

Preme aquí ou na foto para velo

 

PREMIO DO PÚBLICO. CERTAME DE ARTE ESCOLAR "20 SOÑOS DE GRANELL"

 

A finais de Xaneiro recibiamos a boa nova de que o Premio Especial do Público, recaía en Martina Mosquera Camiño de 5 anos. Este premio foi o resultado das votacións daquela obra que máis lle gustaba a todos que se achegaron á mostra de Arte Escolar, tanto no Pazo de Bendaña como en Área Central.

 

Se queredes ver a entrega e as obras expostas en Área Central, clicade na foto.

 

PINTEANDO A PAZ

Un ano máis o xenial Pablo Picasso serviunos como inspiración para conmemorar artísticamente o Día Escolar da Paz e a non violencia. A súa serie de Pombas, serviunos como inspiración para facer a nosa. Fondo e perfil con azul, e verde para a ramiña de oliveira. O noso foi un período azul máis curto que o do pintor, pero polo tema tratado, moi intenso. Se premedes na foto podedes ver as nosas pombiñas. Incluímos tamén fotos da mandala humana feita por todo o alumnado da escola, como exemplo creativo, distinto ao que estamos afeitos a ver. 

 

 

Responder



by Dr. Radut