Skip to Content

Blogue de carme

EN 1º CELEBRAMOS A XORNADA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O 24 de outubro celebramos no cole o día da nosa biblioteca. En 1º encántanos ir visitar a biblio, así que ese día, aproveitamos para coñecer mellor como funciona e tamén facerlle unha visita á nosa mascota Roky, quen nos tiña preparada unha mensaxe moi importante. Velaí o video resume da xornada.

FACÉMONOS MAIORES!

NESTAS PRIMEIRAS SEMANAS DE CURSO, DARÍO, DANIELA, NOA, LU E LEO, CUMPLIRON UN ANIÑO MÁIS...QUIXERON CELEBRALO NA CLASE COS COMPIS E VELAÍ O MOMENTO DOS CONVITES.

 

EMPEZAMOS O CURSO 2018-19

XA ESTAMOS EN 1º E EMPEZAMOS CON MOITA ILUSIÓN ESTE NOVO CURSO. IMOS APRENDER UN MONTÓN DE COUSAS NOVAS E FACER NOVOS AMIGOS CON QUEN XOGAR E COMPARTIR. BENVID@S!!!

PASEO MEDIOAMBIENTAL PARA REMATAR O CURSO

Rematamos 2º e quixemos despedirnos facendo unha ruta no entorno do noso cole..descubrimos que no noso monte hai un montón de tesouros que temos que  conservar e coidar. Con esa idea damos por finalizada esta etapa e preparámonos con ilusión para comezar 3º no vindeiro curso.

Toca disfrutar das vacacións!!! FELIZ VERÁN!!!

 

VISITA DE CONCHA BLANCO

A escritora Concha Blanco fíxonos unha visita para falarnos dos seus libros, en especial da "Bruxiña da sorte", relato que lemos o alumnado de 2º e que disfrutamos  moito, xuntamente coa súa autora.

Clika na palabra FOTOS e poderás ver os momentos da actividade celebrada na biblioteca do noso centro.

O 1° CICLO VISITA A PENÍNSULA DO BARBANZA

O venres, 1 de xuño, visitamos a zona do Barbanza: fomos ó Centro arqueolóxico e ó Castro de Neixón, ó mirador da Pedra da Ra, ó Castro da Cidá e ás dunas de Corrubedo. Pasámolo moi ben e aprendemos un montón de cousas novas.

VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO

O escritor e ilustrador Abraham Carreiro, acudiu ás aulas de 2º para falarnos do seu libro "Estudios Tex" e darnos unhas cuantas técnicas de debuxo, adentrándonos así no mundo do cómic. 

Clika na palabra IMAXE para ver as fotos da actividade.

 

 

 

 

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO

ELABORAMOS COLONIA

ESTA SEMANA ESTIVEMOS TRATANDO O TEMA DAS PLANTAS EN 2º. COÑECEMOS AS SÚAS PARTES, AS DISTINTAS CLASES, OS SEUS USOS...APROVEITAMOS PARA EXPERIMENTAR COMO SE PODÍA FACER COLONIA A PARTIR DA LAVANDA. VELAQUÍ TEDES O VIDEO DA ACTIVIDADE.

RECITAMOS CON CASTELAO:"LELA"

CON MOTIVO DO DÍA DA POESÍA, EN 2º RECITAMOS O POEMA DE CASTELAO "LELA" CON MOITO SENTIMENTO...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut