Animación á lectura

Mandas dos mecos 2018


 

Os mecos do Manuel Sueiro volveron tomar protagonismo na semana do entroido no cole. Todos os días publicaron puntalmente as súas mandas...

...non nos esquecemos de visitalos para poder cumprilas.

Luns Martes Mércores Xoves Venres

GALERÍA DE IMAXES

Apertas que voan. 2018

Xa falta pouco para o Día da Paz. Ao longo destes días imos preparar esta canción de Paco Nogueiras.

APERTAS QUE VOAN

Mans brancas e cara negra
teño os beizos vermellos.
Teño sentimentos novos,
teño sentimentos vellos.

Mans negras e cara branca
teño o meu peito cheo
de bicos e de sorrisos
de apertas que voan no vento.

RETROUSO:
Porque ti es o meu amigo,
porque nos levamos ben,
porque ti es o meu amigo
distinto e igual á vez.
Porque ti es a miña amiga,
porque nos levamos ben,
porque ti es a miña amiga
distinta e igual á vez.

Eu non quero ver fronteiras,
sempre me poño a pensar
en dixar a xanela aberta,
así pode entrar o ar.

Pintar o vento de cores,
deixar as palabras medrar
sen dar máis razoamentos
e así poder cantar.

(RETROUSO)

Un camiño faise a pasiños,
un pasiño comigo has de dar,
ha de ser un camiño bonito
se imos xuntiños da man.

Non hai grandes nin pequenos,
e de feros non imos falar,
dáme unha man, compañeira,
que pouco nos ha de importar.

(RETROUSO)

Paco Nogueiras


RECURSOS


Mellores lectores

Na festa de Nadal, previa ás vacacións, fixemos a entrega dos diplomas aos mellores lectores do primeiro trimestre que nesta ocasión foron os seguintes alumnos e alumnas:

  • 1º de Ed. Primaria. Mateo
  • 2º de Ed. Primaria. Elisa
  • 3º de Ed. Primaria. Lurdes
  • 4º de Ed. Primaria. Aroa
  • 5º de Ed. Primaria. Sheila
  • 6º de Ed. Primaria. Yaira

Festival de Nadal 2017

O mércores 20 de novembro relizamos o Festival de Nadal no Salón de Actos do IES As Lagoas. Este ano tivemos unha gran afluencia de familiares e amigos dos nosos estupedos artistas, os cales asistiron para presenciar, en directo, os fabulosos espectáculos que estiveron preparando ao longo deste trimestre.

O programa de actuacións foi o seguinte: (Preme para ver os vídeos)

  1. "Twist de Navidad". Ed. Infantil.
  2. Teatro "Restaurante Farruco". 1º e 2º de Ed. Primaria.
  3. "Esta Navidad mi deseo eres tú". 4º Ed. Primaria.
  4. "Hoy he visto una estrella". 4º de Ed. Primaria.
  5. Poesía "Nadal no San Xoan". 6º de Ed. Primaria.
  6. Baile "Bajo el mismo Sol". 5º de Ed. Primaria.
  7. "El camello cojito". 3º de Ed. Primaria.
  8. "Mi música es tu voz". 4º de Ed. Primaria.

Agradecemos ao Equipo Directivo e ao persoal laboral do IES As Lagoas a colaboración mostrada, cara o noso centro, para que fose posible a realización desta actividade.

Novo recanto de lectura

No mes de outubre creamos un novo recanto de lectura para o alumnado máis cativo co material que solicitamos á Consellería de Educación e que nesta ocasión nos foi facilitado.

Agora, o alumnado dispón de novo mobiliario preto dos andeis onde se atopan os fondos destinados aos primeiros lectores.

 

A castaña que rebentou de risa

Ao longo do mes de novembro a nosa castañeira fixo garda na entrada da biblioteca para repartir o conto de "A castaña que rebentou de risa" a todo o alumnado do cole. Un conto en formato minilibro para colorear co que descubrimos por que a castaña ten dúas cores.

 

Quién recoge las cacas del perro?

O alumnado de 2º de Ed. Primaria participou no concurso de animación á lectura que, cunha metodoloxía lúdica, pretende avaliar os resultados da lectura realizada no mes de outubro durante a Hora de ler.

O título traballado nesta ocasión foi "¿Quién recoge las cacas del perro?" de Ricardo Alcántara e Gusti e publicado por Edelvives.

"Pablo e seu pai queren ter un can, pero non están dispostos a limpar as súas cacas. Terán que elixir entre a responsabilidade ou a indiferenza do animal."

Os membros do equipo gañador recibiu como agasallo un exemplar do próximo libro que traballaremos: "El zorro y la maestra" de Manuel Rivas.

 

Pescudando e fedellando con "Dédalo e Ícaro"

O alumnado da aula de apoio e de 2º, 3º de Ed. Primaria dentro do proxecto “Aprendendo a través de mitos” realizou un traballo de documentación sobre o mito de “Dédalo e Ícaro”.

Primeiro, buscamos na rede as versións existentes deste mito. Entre todos elaboramos unha nova versión que foi coa que traballamos na Hora de ler durante o primeiro trimestre.

Con esta versión final, fixemos un reparto de escenas entre todos os participantes e cada un encargouse de debuxala en tamaño A4.

Posteriormente escaneamos todas as imaxes que elaboramos do mito de Dédalo e Ícaro e montamos unha curta con el. Nos mesmos nos encargamos de pórlle voz á curta, empregando o programa de Audacity. Asemade, con ditas voces tamén elaboramos un podcast co mito que subimos á nosa conta en Soundcloud.

Nas seguintes ligazóns podedes observar os produtos obtidos:

 

El techo del mundo

O alumnado de 4º, 5º e 6º asistiu, o 25 de outubro, á proxección da película de animación "El techo del mundo" que tivo lugar no Auditorio de Ourense.

"1882, San Peterburgo. Sasha é unha nena aristócrata Rusa que creceu escoitando as marabillosas aventuras do seu avó, Olukin. Este famosos explorador é coñecido por inventar o "Davai", un gran barco creado co fin de emprender unha viaxe para conquistar o Polo Norte, pero que por desgraza, supuxo a súa desaparición.

Este feito provocou que a reputación da familia de Sasha e o nome do seu avó se vexan desacreditados pola poboación rusa. Para recuperar o honor da súa familia, a protagonista decide seguir os pasos do seu avó e reúne toda a valentía necesaria para ir na súa procura".

O alumnado disfrutou moito co visionado desta película de animación.

Exposición de calacús

Ao longo das semana do Samaín o EDL do centro, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou unha unha exposición de cabazas que elaboraron os nenos e nenas do colexio, coa axuda das súas familias.

Os traballos presentados amosaron unha calidade espectacular. Cada ano melloraramos en cantidade e calidade.

Parabéns para todos os participantes!!

PREMIADOS

Distribuir contido