O proxecto inicial de participación no PDI do centro era de dous pequenos proxectos: Un sobre a cidade de Siena e outro sobre Frida Kahlo. Debido a que o proxecto de Siena sufriu ampliacións, dado o interese do alumnado, e a posibilidade de actividades que foron xurdindo, decidimos deixar para outro curso o proxecto sobre a pintora mexicana.
O PDI sobre Siena desenvolveuse segundo o proxectado coas modificacións que agora puntualizamos:
Os obxectivos, contidos e competencias clave que pretendíamos acadar foron as previstas e presentadas no PAL.
As actividades reflectímolas na presentación que se achega máis abaixo, así como nos enlaces da web do centro:
Comenzamos o traballo observando pinturas de Baldomero Moreiras e pintámola porta da nosa aula a semellanza dun cadro deste autor “Cando chove é un bo día" que nos servirá tamén para o proxecto de Meteoroloxía. Da mesma maneira fomos facendo “Bolas de neve” con relación ás distintas actividades desenroladas no centro, utilizando distintas técnicas creativas.
Despois de estudar distintos estilos de pintura realizaron na area de plásticas algunhas actividades: paisaxismo, retrato, modernismo, etc.
Tivémola sorte de que Baldomero Moreiras quixera estar con nós para realizar un obradoiro plástico co que confeccionamos un cadro de pombas. Asemade, puidemos facecerlle unha entrevista.
No entroido disfrazámonos das esculturas ourensás de Ramón Conde:
Construimos a estatua de Joan Miró “Mujer y Pajaro”.
Para terminar buscaron documentación sobre escultura en distintas épocas e plasmámolo nun Power Point.
O traballo realizado foi moi satisfactorio e cumpliu cos obxectivos propostos no PAL.
Seguindo o proxecto do P.D.I. presentado ao inicio de curso, o alumnado de 3º iniciouse no mundo da ópera.
Elaboraron un libriño, xunto cun mural, onde quedou reflectido o traballo, e aprenderon algúns anaquiños da parte coral que cantaron na presentación.
Empezando co concepto de ópera, foise debullando de vagariño os distintos pasos que se deben seguir para que unha ópera poida ser representada, tanto a nivel musical como de montaxe teatral, escénico, lumínico, estético,… Ao mesmo tempo coñeceron o nome dalgunhas óperas e aos seus compositores.
Aprenderon cales son os elementos da ópera, clases de voces, elementos da orquestra sinfónica. Coñeceron que existen, tamén, compositoras, compositores, directoras e directores modernos e grandes e importantes teatros fermosísimos onde se representan as óperas.
Ampliaron o seu léxico nun gran número de palabras que descoñecían relacionadas co mundo da música e da ópera.
A ópera traballada foi L’Elisir d’ Amore de Gaetano Donizetti.
¿Por qué esta ópera e non unha inspirada nun conto popular como Hansel e Gretel, por exemplo? Porque o libreto de L’Elixir é doado de comprender, e a música moi accesible para o alumnado, sobre todo na súa parte coral que foi a que máis traballamos.
Fomos explicando o argumento ao mesmo tempo que seleccionábamos fragmentos que iamos escoitando, unha e outra vez, en tempos de quince-vinte minutos, que repetía durante varios días, ao mesmo tempo que procuraba deixalos coa intriga de…¿qué pasará despois? Antes de cada audición explicaba o que ían escoitar, tanto no argumento, como na música. Unha vez explicado coas dúbidas resoltas, procedía á audición.
O alumnado foi aprendendo a escoitar, a diferenciar as distintas clases de voces solistas tanto femininas como masculinas, o xeito de cantar, a valorar o esforzo e os estudios e a técnica que cómpren para poder cantar así ao mesmo tempo que se actúa. Entusiasmáronse coa historia e coa música, que empezaban a cantaruxar. Isto levoume a intentar que aprenderán algúns fragmentos dos coros e decidín que os cantaran na presentación do P.D.I.
No Taller de Filatelia fixemos o traballo sobre a ópera percorrendo diferentes facetas: Teatros, escritores, compositores, instrumentos da orquestra, temática das óperas, directores,… Elaboramos un total de dezaseis follas que neste intre, están a formar parte da exposición JUVENIA en Avilés.
O Entroido tivo como tema esta ópera. Todo o grupo disfrazóuse do personaxe clave de L’Elixir que é Dulcamara, o vendedor trapalleiro que vende o “elixir” ao protagonista da historia. Dulcamara decorou a porta da aula durante todo o curso.
CONCLUSIÓN: Este traballo, na súa totalidade, resultou altamente enriquecedor para o alumnado. Descubriron, aprenderon e coñeceron aspectos do mundo da ópera, e sobre todo, viron que pode resultar atractiva e fermosa.
O feito de cantaren algúns fragmentos da parte coral, entusiasmounos e quedaron felices e convencidos de que a ópera non é fea, nin aburrida. Só hai que saber escoller e aprender a escoitar.
Este ano como actividade para o PDI do centro os alumnos e alumnas de 1º curso traballaron a parcela artística de MÚSICA. A partir da obra elixida "PEDRO E O LOBO", o alumnado de 1º curso achegouse ao mundo da música e ao coñecemento moi básico dos distintos instrumentos musicais e as súas familias. Tratáronse, entre outros , de acadar estes obxectivos:
Para acadalos, as actividades realizadas, entre outras ,foron as seguintes:
Durante o curso 16-17, o PDI do centro tivo como lema: “O Sueiro: onde a lectura é arte”. Os alumnos e alumnas de cuarto traballaron nun obradoiro de Teatro.
Adquiriron vocabulario relativo ao teatro, utilizaron a linguaxe corporal e oral para comunicarse, favoreceuse a relación grupal apoiándose os uns aos outros, exercitaron a memoria na aprendizaxe dos textos, utilizaron a expresión corporal (xestos, ton, voz,…) de xeito magnífico e sobre todo disfrutaron e fixeron disfrutar aos que viron as súas representacións:
Os nenos e nenas de cuarto e quinto de Educación Infantil fixeron un proxecto sobre Vincent Van Gogh, facendo actividades ao longo de todo o curso. Resultou moi bonito e con moito colorido adaptándose moi ben a súa idade e os dous niveis da aula.
O 23 de maio, o alumnado de Ed. Infantil participou na representación teatral, dentro da programación para Escolares Afundación, titulada "Gatuxo", de Magín Blanco.
A obra é unha metáfora do crecemento dos pequenos e o descubrimento do mundo desde unha perspectiva artística dirigida aos escolares máis cativos.
Pasámolo xenial!!
A alumna, do noso cole, Lara Vidal Seara, de 6º de Ed. Infantil, acadou o Primeiro Premio, de Galiza, ao Mellor Xornalista Infantil (Nivel 1).
Desde Prensa-Escuela, invitaron á gañadora a asistir á festa fin de curso de Voz Natura, que o xornal "La Voz de Galicia" celebra o 3 de xuño, no parque de Acea de Ama (Culleredo-A Coruña) e que é o marco elixido para entregar os galardóns do programa.
A gañadora recibirá un premio que consiste nunha fin de semana no Parque Warner, en Madrid, con todos os gastos pagados para 4 persoas.
Asemade, tamén resultou premiada a mestra Ana Mª Carballo, que recibirá como premio unha cámara de fotos dixital.
Moitos parabéns, para as dúas!!
Unha das tarefas que realizamos na Hora de Ler no mes de maio para conmemorar a homenaxe nas Letras Galegas a Carlos Casares foi a realización dunha pescuda ou caza do tesouro por medio do emprego de códigos QR para facilitarlle as pistas que tiñan que seguir. A actividade titulábase "De que libro falamos".
Como non dispoñiamos de dispositivos móbiles para todo o alumnado, tamén facilitamos as tarefas en formato web para que así todo o alumnado tivese acceso a esta actividade de gamificación do proceso educativo.
A experiencia resultou ser un éxito, xa que a maioría do alumnado chegou ata o final da mesma. Para premiar e recoñecer o seu esforzo e dedicación, ao reamate da mesma, fixemos entrega de diplomas a todos os participantes.
Unha vez rematada a pescuda, fixemos unha sesión de avaliación e posta en común onde o alumnado manifestou o seu grado de satisfacción coa mesma. Nunha escala de valoración de 0 a 10 (0=nada; 10=moito) a valoración media por parte do alumnado foi de 9,5; sendo a moda de 10.
O alumnado de 4º de Ed. Primaria participou, o día 16 de maio, nos prestixiosos encontros de teatro infantil que organiza o Concello de Bande coa colaboración dos centros educativos da vila.
Este ano, o noso alumnado, representou a obra "Comerei dous" adaptada de xeito maxistral polo seu titor. A posta en escena da mesma fixo disfrutar a todo o público presente, resultando ser un gran éxito.
Desde o noso cole, queremos felicitar á comunidade educativa do CEIP de Bande e ao Concello por esta iniciativa cultural que xa é, desde hai tempo e por méritos propios, un referente na semana das Letras Galegas.