Animación á lectura

Día das bibliotecas 2020

Ao longo da última semana de outubro celebramos nas nosas aulas o Día das bibliotecas cos recursos facilitados polo equipo de biblioteca no genially de máis abaixo.

Como ven sendo tradición, aproveitamos a data para entregar os carnés aos 26 novos lectores que temos no centro este curso.

Asemade, tamén comezamos a traballar coas mochilas viaxeiras co alumnado de Ed. Primaria e cos Libros que van e veñen co alumnado de Ed. Infantil.

Nesta ocasión, por mor do COVID, só fixemos unha actividade grupal que consistiu nun contacontos adaptado do libro "Violeta quere ser vampiro" de Ramón Veiga, repre polo alumnado de sexto curso para toda a comunidade educativa en varias sesións.

 

 

Producións materiais desde a biblioteca no curso 2019/2020

Todo o traballo realizado ao longo do curso está reflectido na nosa aula virtual nun curso que creamos para o Seminario.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/aulavirtual/course/view.php?id=52

Ligazóns a traballos elaborados na rede:

Drupal.

Moodle.

Cursos creados:

Outros cursos actualizados en moodle neste Seminario:

Blogs do cole

Google drive/docs.

Google presentacións: realizamos varias presentacións para traballar co alumnado na aula.

Presentacións en Genially

Google maps:

Exelearning:

Vídeo

Actualizamos os repositorios de recursos educativos:

Libros que van e veñen 2019/2020

O alumnado de Ed. Infantil continuou levando para as súas casas as bolsas do programa "Libros que van e veñen" todos os venres do curso ata a chegada do estado de alarma.

Como en cursos anteriores, estas permanecen no seu domicilio unha semana, facéndose a renovación dos libros os venres de cada semana. Cada unha delas inclúe un libro en galego ou castelán escollidos polo alumnado e un caderno para que, coa axuda dos seus familiares, debuxen e/ou escriban o que lles "digan" os libros.

Agradecemos ás familias dos máis caivos a súa imlicación nesta actividade destinada a que acompañen aos seus fillos e fillas no proceso lector e lles sirvan de modelo e guía nos momentos de lecer.

No seguinte documento podemos ver algúns exemplos dos seus traballos na casa:

 

 

Mochilas viaxeiras

No curso 2019/2020 estiveron en funcionamento 7 mochilas viaxeiras, e dicir, unha por cada classe do cole.

Como en anos anteriores, as mochilas viaxeiras permiten ao alumnado un préstamo por un período dunha semana, para compartir coas familias o contido da mesma. O  contido do material foi escollido pola persoa titora, supervisado pola biblioteca e procurando que teña a maior variedade de textos e formatos, tanto en galego como castelán, para que o alumando poida elixir.

Todas as mochilas inclúen “O diario da mochila” no que, tanto os nenos/as como as súas familias, aportan a súa opinión, novas creacións, debuxos, suxerencias, …, sobre o contido da mochila o dos libros lidos.

Achegamos unha mostra do traballo realizado polo alumnado nas súas casas.

Para a maioría das familias resulta ser unha actividade moi divertida que axuda a entrelazar lazos entre pais e fillos e enriquécenos a todos. Foi unha mágoa que a partir de mediados do mes de marzo non puideron funcionar.

O marabilloso libro das preguntas

Lorenzo de 1º de Ed. Primaria quere compartir cos lectores da nosa biblioteca este fabuloso libro de preguntas do que el é autor.

Convidámoste a que o abras e nos contes cantas preguntas acertas antes de mirar a resposta... ADIANTE!!

Un libro de cores

 

 

Recursos educativos


MÁIS RECURSOS EDUCATIVOS SOBRE CARVALHO CALERO


 

Reivindicando un libro, un escritor/a e unha libraría

As circustancias especiais destas datas obrigou á celebración un pouco peculiar do Día do libro. Desde a Asesoría de bibliotecas organizouse unha actividade reivindicativa dun libro, dun autor/a e dunha libraría de proximidade. Aí vai unha das propostas do noso centro.

Se premedes na imaxe teredes acceso a todas las achegas das diferentes bibliotecas do PLAMBE.

Distribuir contido