Animación á lectura

Rapeando a Xela Arias

 

O alumnado de 3º de Ed. Primaria pescudou información sobre Xela Arias e realizou un obradoiro de poesía sobre a autora homenaxeada nas Letras Galegas.

Para rematar, recitaron os seus poemas en versión rap.

Pescudando sobre Xela Arias

O alumnado de 4º de Ed. Primaria pescudou ao longo do mes de maio sobre a vida e obra de Xela Arias.

Traballaron a súa poesía e realizaron un obradoiro poético centráronse na faceta feminista da autora. Crearon, memorizaron e recitaron un poema reivindicativo da igualdade entre homes e mulleres. 

Letras Galegas 2021

Nas seguintes ligazóns tendes o acceso a algunhas das actividades realizadas na celebración das Letras Galegas 2021 dedicada a Xela Arias.:

CREAcción no Día do libro 2021

Ao longo da semana do 23 de abril celebramos no centro o Día do libro coa CREAcción de diversas actividades que pasamos a enumerar:

  • Concurso de “Emociónate co meu libro” no que o alumnado participou coa axuda das súas familias, CREAando a portada dun dos seus libros favoritos. O nivel acadado nas súas CREAccións foi espectacular e pódese observar na seguinte ligazón: "Emociónate co meu libro".
  • CREAcción dun conto colaborativo entre todos os membros da comunidade educativa. O alumnado de Ed. Infantil comezou a historia do conto e o resto dos cursos foino ampliando. En breves estará accesible desde esta entrada.
  • Visionado da presentación sobre a historia do Día do libro realizada polo equipo de bilioteca.
  • CREAacción de minilibros por parte do alumnado co agasallo dunha rosa para entregar ás súas familias.
  • O alumnado de Ed. Infantil CREou as portadas de dous dos seus libros favoritos: a “Historia de Malala” e “As historias de Blef"

 

Auga Máxica

O alumnado de 3º de Ed. Pprimaria traballou o poema Auga Máxica de Carlos Fontes do poemario Versos con flor.

 

>

Poemas con piruleta

O alumnado de 1º de Ed. primaria traballou o libro de Carlos Fontes, cheo de sabor,  Poemas con piruleta. Poemas saborosos para aprender o solfexo, cantas cores hai no mundo, como se chaman as árbores ou as letras, cantos días ten unha semana, para contar ata dez ou máis, por exemplo ata doce, coma os meses do ano, cal é nome das cidades de Galicia…

No día da poesía recitaron o poema "Pinto o mundo de cores".

Abrir en pantalla grande o poema

>

Día da poesía 2021

 

O alumnado de 4º de Ed. Primaria traballou con poemas de Rosalía de Castro, Antonio García Teijeiro, Eduardo Pondal, Álvaro Cunqueiro e Xela Arias.

 

Día da poesía 2021

Na semana do 21 de marzo realizamos as seguintes actividades nas aulas para celebrar o Día da poesía:

  • O alumnado de 1º de Ed. Primaria traballou o poemario Poemas con piruleta de Carlos Fontes.

  • O alumnado de 2º de Ed. primaria dedicoulle unha poesía aos militares españois que están na Base Gabriel de Castilla da Antártida.

  • O alumnado de 3º de Ed. Primaria traballou o poema Auga máxica de Carlos Fontes.

  • Obradoiro de poesía nas aulas de 3º e 4º de Ed. Primaria.

 

  • Recitaxe de poemas en galego polo alumnado de 4º Ed. Primaria.

 

 

Se fora fácil, lerían outros

O noso cole sempre se implica en proxectos medioambientais que contribúan ao coidado do noso planeta.

Este curso unímonos á campaña “Apadrina un pingüino”. Recibimos o diploma que nos acredita como padriños do pingüín Sueiriño. Comprometémonos a coidar o medio ambiente para que o noso afillado medre nun planeta limpo e sostible e o quecemento global non o deixe sen fogar na Antártida.

Queremos agradecer aos homes e mulleres da Base Gabriel de Castilla que forman parte da Campaña Antártica, o seu esforzo por coidar ese recuncho no que vive o noso  pingüino Sueiriño.

Sabías que a Illa Decepción non é unha illa? Que ten forma de ferradura? Que o traxe que protexe ás persoas do frío ten un nome especial?

Lemos sobre pingüinos, sobre a Antártida; escribimos un diario  coas tarefas que desenvolvemos cada día durante o proxecto, recitamos poesía, fixemos pingüinos, construímos a nosa propia Base no cole, visionamos vídeos dos que tivemos información sobre ese lugar tan remoto do planeta e as actividades científicas que alí se desenvolven.

O título global do proxecto é "SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS". Co espirito de esforzo polo traballo ben feito, asociado ás tarefas de lectura e escritura levamos adiante este proxecto que tan bos momentos nos fixo pasar.

Como di a nosa poesía: “DEL COLE A DECEPCIÓN”, saludamos a todos/as os que coidamos o noso planeta.

MEMORIA GRÁFICA

Semana da prensa 2020/2021

Ao longo da semana do 8 ao 12 de marzo traballamos nas aulas con xornais de tirada provincial, autonómica e nacional buscando que o noso alumnado empregue a prensa como recurso didáctico para facilitar o desenvolvemento das actitudes e habilidades persoais, como creatividade, educación para o lecer, estudo do contorno e inserción en grupos e servizos sociais, así como todo tipo de opcións das que o xornal se fai eco cada día nas súas páxinas.

Asemade, perseguimos que os nenos e nenas aprendan a ler a prensa, a expresar a súa opinión libremente, a debater en grupos e a desenvolver o seu sentido crítico.

Distribuir contido