Skip to Content

5º Curso

Plan director

O xoves 6 de outubro, visitou o noso centro un axente do Corpo Nacional de Policía para traballar co alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria sobre a temática recollida no “Plan Director”.

A exposición estivo centrada en dous temas, como son as redes sociais e o acoso escolar. Temáticas de plena actualidade na nosa sociedade e que ao noso alumnado interesoules moito, póndose de manifesto na gran cantidade de preguntas que realizaron sobre o uso dos teléfonos móbiles, vídeo xogos e plataformas de redes sociais.

Agardamos repetir a actividade co alumnado no curso que ven, debido ao interese mostrado, tanto polos docentes como polo alumnado.

Formación inicial alumnado de meteoescolas

O luns 3 de outubro comezamos o rexistro de datos meteorolóxicos da nosa estación sita no patio do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro. Antes de comezar o rexistro de datos realizamos unha formación inicial aos meteorólogos e meteorólogas. A formación inicial corre a cargo do coordinador do programa Meteoescola.

A formación consta de dúas partes.
1º) Datos de temperatura e rexistro dos mesmos. 

Dentro da estación meteorolóxica atópase o termómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.

  • Para a recollida axeitada dos datos de temperatura o termómetro non se pode coller coa man xa que a temperatura sube xa que lle estamos a dar calor coas nosas mans.
  • Anotar a temperatura máxima, actual e mínima.
  • Comprobar que temos os datos anotados no libro de rexistro.
  • Pulsar clear.

2º) Datos de chuvia e rexistro dos mesmos. 

Na parte posterior da estación meteorolóxica atópase o pluviómetro. Para o seu correcto uso e imporante ter en conta os seguintes aspectos.

  • Para a recollida axeitada dos datos de chuvia e preciso retirar dos soportes a tapa do pluviómetro.
  • Coller a probeta que se atopa no interior.
  • Comprobar que non hai auga no recipiente metálico. No caso de que haxa auga facer a medición da auga da probeta. Baleirar e engadir auga na probeta. Sumar as dúas cantidades.
  • Anotar a choiva no libro de rexistro.
  • Colocar o probeta no pluviómetro.  
  • Pechar poñendo a tapa do pluviómetro nos soportes.

3º) Realizas a fotografía.  

Na parte dianteira da estación meteorolóxica realizaremos a fotografía do noso traballo. Na fotografía debe saír a estación meteorolóxica e o ceo para poder observar o tempo do día

Equipos de meteoroloxía do curso 2022/2023

O venres 30 de setembro de 2022 constituímos 4 grupos de meteorólogos e meteorólogas que se encargarán do rexistro das temperaturas (máximas e mínimas) e os datos das precipitacións do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro levando o seu rexistro no caderno de rexistro diario.

Excursión á praia de Samil

O 16 de xuño o alumnado de Ed. Primaria realizou unha excursión á costa de Vigo para gozar dunha xornada de praia nos areeiros de Samil.

Unha vez instalados na praia, e coa crema ben repartida polo corpo, xogamos no espazo que a baixa marea nos deixou ao descuberto. Despois de realizar impresionantes obras de enxeñería, e de xogar con todos os artiluxios que desprazamos  desde o cole, chegou o momento tan esperado e desexado de meterse na auga.

O almorzo fixémolo no piñeiral que está a carón da praia.

Mágoa de que a xornada festiva a tivésemos que rematar, antes do previsto, por mor das pingueiras que comezaron a caer a media tarde.

Visita as túas institucións

O 8 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a actividade “Coñece as túas institucións” realizando a visita ao Parlamento de Galicia e as dependencias da Xunta de Galicia en San Caetano.

Na visita ao Parlamento de Galicia puidemos ver as obras de arte que están expostas ao longo dos corredores, a biblioteca e o salón de Plenos así como ver en directo unha comisión de traballo dos deputados e deputadas.

Na visita á Xunta de Galicia ensináronnos o edificio no que se pode existe un xardín interior, sala de secretarios e a sala onde traballan os conselleiros e conselleiras.

Para rematar a visita fomos a xantar á Cidade da Cultura.

Foi un día interesante e moi proveitoso... pero sobre todo poder xogar nas instalacións da Cidade da Cultura.

Produtos de tempada

Durante o mes de xuño de 2022 o alumnado de 5º de Educación Primaria afondou no estudo dun consumo responsable e con produtos de tempada para o cal seleccionaron as froitas de tempada : cirolas, frambuesas, sandía, melón, mazás,... e así como os produtos que recolleu o alumnado de 2º de Educación Primaria no horto escolar do CIFP Portovello.

  1. Traballo con conceptos relacionados coa eficiencia enerxética.
    • Produtos de tempada. 
  2. As actividades que se levaron a cabo foron as seguintes:
    • Coñecer os productos de tempada.
    • Axudar a recolectar o plantado polo alumnado de 2º de Educación Primaria.
  3. Realización de carteis informativos sobre o consumo de produtos de tempada.

Obradoiro sobre o cultivo de plantas ornamentais

O 3 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou o obradoiro “Introdución ao cultivo de plantas ornamentais”, na Aula da Natureza de Oira onde aprendemos a diferenza entre arbusto e árbore.

Ensináronos como podiamos reproducir plantas, con sementes e con corte. Aprendemos que á hora de compor un xardín e moi importante que a composición de cores fora armónica.

Para finalizar aprendemos que para que as plantas crezan fortes debemos mesturar terra con compós. Experimentamos todo o aprendido, mesturando terra e plantando pipas de cabaza e xirasol que levamos para casa onde imos coidalas e ver como crecen.

Encontros co escritor e editor Xabier Domínguez

No mes de maio tivemos a gran sorte de contar coa presenza de Xabier Domínguez, editor e escritor dun dos libros traballados no Club de lectura: Naturizo. O regreso das flores.

Neste encontro non só falamos do seu libro, senón que nos explicou o proceso laborioso que hai detrás de cada un dos libros que temos na nosa biblioteca: desde que está na cabeciña do seu autor ou autora, ata que chega ás librerías para ser mercado.

Reinterpretando a obra de artistas ourensáns

 

Na semana na que se celebra o “día dos museos”, a arte chega ao noso colexio.

Os alumnos e alumnas pescudaron información e estudaron a diferentes artistas de Ourense para poder versionar as súas obras. A maioría da información sacámola ligazón: Pintores galegos.

Estamos feitos uns xenios, e como non!!! , PASÁMOLO XENIAL!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut