Skip to Content

Recíclate

Recíclate con SOGAMA

PDI de centro 2021/2022

Nas escaleiras de acceso á biblioteca, realizamos un gran cartaz alegórico á temática do noso PDI de centro que traballaremos ao longo do curso 2021/2022 nas aulas, baixo o título:

"O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA!".

  Presentación dos traballos que realizaremos ao longo do curso:

Recíclate con SOGAMA

O 15 de xaneiro realizamos un obradoiro de reciclaxe con persoal de SOGAMA, dentro do programa "Recíclate con SOGAMA" no que traballamos de forma activa a reciclaxe de diferentes produtos de refugallo que se xeran nas nosas cidades e pobos.

Cos coñecementos adquiridos elaboraremos un traballo de documentación co que exporemos ao resto da comunidade educativa como debemos proceder para reciclar nas nosas casa e no cole os produtos de refugallo que xeremos.

Reutilizando para Nadal

O alumnado de 4º e 5º de Ed. Primaria reulilizaron materias de refugallo para elaborar adornos de Nadal cos que decorar os corredores do cole e as súas aulas.

Illa de reciclaxe

Este curso, por ser un dos 25 centro de toda Galicia que está a participar no programa "Recíclate con SOGAMA", foinos adxudicada "Unha illa de reciclaxe" que localizamos na entrada do noso cole, nun lugar destacado, para que sexa empregada por toda a comunidade educativa nas tarefas de recolección selectiva dos refugallos que xeramos no centro.

A illa de reciclaxe está decorada cun mural que iremos completando ao longo do curso con tapóns de botellas.

Recíclate con SOGAMA

Este curso participamos no programa "Recíclate con Sogama" que é un programa de educación ambiental canalizado a través do Plan  Proxecta que ten por obxecto promover a participación e implicación da comunidade educativa na xestión sustentable dos residuos urbanos mediante o consumo responsable, a redución de produción de refugallos e o fomento da reutilización e a reciclaxe (as tres RRR).

Para facilitar esta tarefa, dispoñemos dunha pequena infraestrutura que nos achegou Sogama e que se denomina "illa de reciclaxe", conformada á súa vez por tres contedores de 120 litros de capacidade cada un (amarelo, para as latas,  briks e envases de plástico; azul, para o papel/cartón; e verde, para a fracción non reciclable.

O fin último desta iniciativa é que o alumnado, ademais de ser parte activa na mellor xestión dos refugallos producidos no ámbito escolar, actúe como axente dinamizador das boas prácticas ambientais a instaurar na súa contorna familiar e social, contribuíndo desta forma para incrementar as taxas de reciclaxe en Galicia e, por tanto, aos beneficios asociados, tanto a nivel ambiental (aforro de enerxía e materias primas) como económico (diminución dos custos para os concellos).

Semana polo clima

HOW DARE YOU?

Hoxe, todos os nenos e nenas do noso cole, unímonos a Greta Thunberg facendo a mesma pregunta a todos e todas os que nos queiran escoitar.

Como se atreven a contaminar o noso fermoso planeta?

Como se atreven a non coidar os nosos mares, o aire que respiramos, os bosques cada vez con menos árbores?

Pois nós si que nos atrevemos a poñer o noso gran de area para darle a volta a todo, porque:  

“Queremos a nosa Terra
É o noso planeta
Queremos a nosa Terra
É o noso fogar”.

Coas nosas mellores ferramentas, os green crayons, e a nosa voz, berramos ben forte: GO GREEN GO!

Unímonos así ás accións promovidas pola organización Teachers for future, que ten como único obxectivo mellorar a saúde do noso planeta e de todos os seus habitantes.

WE LOVE THE EARTH

Na seguinte galería de imaxes podedes observar a nosa peculiar mobilización...

Semana polo Clima


Distribuir contido


by Dr. Radut