Aliméntate ben

Horta escolar no CIFP Portovello

O venres 21 de abril de 2023 o alumnado de 6º de Educación Primaria comezou a limpeza do seu bancal para realizar a plantación da súa horta escolar no CIFP Portovello.

O primeiro que fixemos foi retirar as herbas do noso bancal. Unha vez retiradas as malas herbas comezamos a plantar os nosos alimentos sendo neste ano: coles e leitugas


PREPARANDO O TERRENO



 REGANDO A HORTA


 

Horta escolar de 3º ciclo

O venres 14 de abril de 2023 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria comezou a limpeza do seu bancal para realizar a plantación da súa horta escolar.

O primeiro que fixemos foi retirar as herbas do noso bancal. Unha vez retiradas as malas herbas comezamos a plantar os nosos alimentos sendo neste ano: coles, leitugas, tomates e acelgas.

Obradoiro de Saúde bocudental

O martes 25 de abril de 2023 o alumnado de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, de saúde bucodental,  no que se traballaron os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre.

Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e cun estoxo.

Horta esolar de 1º e 2º de Ed. Primaria

  •  Preparando a nosa horta

Na última semana de marzo realizamos na nosa horta os traballos previos de preparación da terra co arrancamento de herbas e achegando o esterco e estrato preciso para facer que esta sexa máis fértil.

  •  Mercando produtos para a nosa horta

 Á volta das vacacións da Semana Santa, entre toda a clase, elaboramos a lista de produtos que iamos mercar para plantar na horta.

Unha vez realizada a lista, desprazámonos ata os viveiros de Agrolonia para mercar ditos produtos. Nós mesmos fixemos o cálculo do importe total da factura da compra e nombramos un equipo para que fose pagar dita factura.

O responsable do viveiro agasallounos cun libro que nos explica como hai que facer para que estas plantas den uns bos froitos.

  • Plantando a nosa horta

O 20 de abril, collemos as ferramentas de xardinería do cole e realizamos a plantación da nosa horta. Unha vez rematada a plantación, démoslle unha boa regada para que as pequenas plantas se agarrasen con máis forza á terra da horta.

Agora só nos queda coidar a nosa horta con moito agarimo para que nos produza bos e abundantes froitos.

  • REGANDO A HORTA

  •  ABONANDO A NOSA HORTIÑA

Na primeira semana de maio, puxémonos a abonar a nosa hortiña tal como os vellos entendidos nos aconsellaron xa que, segundo parece, había boa luna.

  •   NOMEANDO OS NOSOS PRODUTOS

Coa profe de plástica realizamos uns letreiros para identidicar os produtos da nosa hortiña. O nome de cada unha das nosas plantas vai escrita en galego e en inglés. Quedaron moi chulos, na galería podedes abservalos.

  •  CADERNO DE CAMPO

Todo o traballo realizado na nosa horta iámolo reflectindo no caderno de campo que elaboramos para esta actividade.

  • RECOLLEITANDO NA HORTA

Segundo foron madurando os produtos da nosa horta os iamos recolectando para poder degustalos.

  • DEGUSTANDO OS PRODUTOS RECOLLEITADOS

Os produtos recollidos na nosa horta foron os protagonistas de varias merendas saudables que relizamos en clase.

 

Horta escolar 2023

No curso escolar 2022-2023, despois do éxito de cultivar a horta no CIFP Portovello e intentando que todo o alumnado do colexio poida plantar os seus produtos, decidimos facer 4 pequenas hortas.

Nas seguintes imaxes teredes acceso ao traballo desenvolvido neste curso:

EDUCACIÓN INFANTIL 1º CICLO
2º CICLO 3º CICLO
CIFP PORTOVELLO  
 

Aquí deixamos como deseñamos e construímos a nosa horta con 4 parcelas para que todo o alumnado poida cultivar diversos produtos dentro dunha economía sostible.

Os pasos que demos foron os seguintes:

DESEÑO

  • Buscamos o lugar máis soleado e máis resgardado para que o cultivo sexa o máis produtivo posible.
  • Pensamos e deseñamos o tamaño e cantidade de bancais. Neste caso 4 bancais: 1 para o alumnado de Educación Infantil, 1 para o alumando de 1º e 2º de Educación Primaria, 1 para o alumando de 3º e 4º de Educación Primaria e 1 para o alumando de 5º e 6º de Educación Primaria. O tamaño é de 1 metro de ancho por 4 metros de longo e 0.25 metros de alto cun volume de 1 metro cúbico por bancal.  
  • Marcar o lugar con cordeis.

CONSTRUCIÓN

  • Retirada de herbas e facer rego para atopar o firme e así poder asentar o bloque.
  • Colocación do bloque.
  • Cubrir de terra para o cultivo.

Nas últimas semanas de abril o alumnado das diferentes aulas comezou a plantar na súa horta produtos como: leitugas, coles, cabazas, framboesas, pepinos, cenorias, tomates,...

Os nenos e nenas de 6º de Educación Primaria, ademais de cultivar a nosa horta escolar, seguimos colaborando co mantemento da horta situado no CIFP Portovello.


 DEGUSTACIÓN DOS PRODUTOS DA NOSA HORTA


 

As tormentas do mes de maio e xuño fixeron estragos na nosa colleita.

Ti si que es un bo peixe

O 19 de abril realizamos na aula de psicomotricidade o  obradoiro Ti si que es un bo peixe, incluído dentro do programa aliméntate ben que vai percorrendo centros de nosa comunidade con diferentes actividades que dan a coñecer os aspectos saudables do consumo de produtos do mar.

Esta actividade completarémola o próximo 11 de maio coa excursión ao porto de Vigo onde coñeceremos de primeira man este marabilloso mundo do mar e poderemos degustar algúns de ditos productos.


OBRADOIRO DE ED. INFANTIL E 1º DE ED. PRIMARIA



 OBRADOIRO DE 2º a 6º DE E. PRIMARIA


 

Fai clic ao teu bocata

O 13 de abril de 2023 realizamos no centro o obradoiro “Fai clic ao teu bocata” no que nos ensinaron as vantaxes e a importancia dunha dieta equilibrada.

A actividade dividiuse en dúas sesións. A primeira delas para o alumnado de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria e a segunda das quendas para o alumnado de 2º a 6º de Educación Primaria. Nestes dous obradoiros destacouse a importancia das conservas completando a formación con vídeos educativos e xogos didácticos.

Ao remate da sesión, todo o alumnado elaborou ao seu gusto o bocadillo saudable.

Estamos agardando poder repetir este obradoiro.

EDUCACIÓN INFANTIL E 1º DE EP

Galería de Ed. Prmaria

Comendo cores

O 31 de xaneiro e o 2 de febreiro de 2023 o  CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou o obradoiro “Comendo cores” no que a alimentación e a nutrición foron os temas centrais do mesmo.

No obradoiro explicáronnos a importancia da nutrición e o traballo dos nutricionistas, que é un prato saudable, un prato vegano.

Ao remate da sesión, realizamos xogos dinámicos centrados na boa alimentación, neste caso o xogo do pano nutricional.

O obradoiro estivo dirixido pola nutricionista Tania Lorenzo González. Gustounos moito e xa estamos desexando que regresen ao noso centro para facer algún xogo máis e seguir afondado na boa alimentación.

Mira que boca

O venres 14 de xaneiro de 2023 recibimos a visita da presentación a nivel autonómico do programa Mira que boca. A presentación asistiron D. Gabriel Alén, delegado da Xunta de Galicia, Dna. Josefa Rodríguez Araujo, Subdirectora de Enfermaría de Atención Primaria da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras e D. Xose Fisteos Suengas Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en Ourense.

O alumnado de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro realizou este obradoiro, Mira que boca,  no que aprendemos os hábitos de saúde e alimentación axeitados como son o comer verduras, carne, peixe e reducir o consumo de lambetadas e bebidas con azucre.

Os técnicos de SERGAS do Centro de Saúde Valle Inclán ensináronnos como debemos limpar os nosos dentes e a nosa lingua; traballo que realizou Asunción Pérez. 

Ao final, fixémolo tan ben que nos obsequiaron cun diploma e un debuxo.

Cando queirades podedes regresar porque o pasamos xenial...


Noticias en prensa.


Distribuir contido