- Repartir cada día da semana un xornal diferente para analizar as diferencias de formato:
- Un xornal local.
- Un xornal rexional.
- Un xornal nacional.
- Un xornal deportivo.
- Un xornal económico.
- Localizar as diferentes seccións dun periódico.
- Localizar opinións e informacións, para saber distinguilas. Distinguir feitos de opinións.
- Analizar a importacia das imaxes na información.
- Redactar noticias de opinión e información, usando imaxes para complementalas.
- Analizar noticias de xornais contestando ás seguintes preguntas:
- Quen.
- Que.
- Onde.
- Cando.
- Por que.
- Como.
- Redactar e frabricar un periódico escolar de aula entre todos, repartindo por grupos as distintas seccións.
- Elaborar anuncios publicitarios para o xornal con imaxes e texto.
- Como se fai un periódico.
- Debuxar un debuxo con "bocadillo" humorístico.
- Elaborar unha enquisa que refllicta os hábitos lectores da prensa no ámbito social do colexio. Reflictir os resultados no xornal da aula.
- Buscar e interpretar diferentes contidos matemáticos que ofrecen os xornais: %, estadísticas, gráficas,...
- Facer un mural-esquema coas distintas seccións do xornal.
- Decorar o mural cun collage no que figuren o maior número posible de nomes de Editoriais periodísticos.
- Sería moi interesante poder realizar unha visita guiada á editorial dalgún xornal.
- Se queredes podedes traballar as distintas áreas de coñecemento con informacións do xornal. Prensa e educación ofrece varias iniciativas.