Skip to Content

Obxectivos

OBXECTIVOS A TRABALLAR

  1.     Fomenta-lo uso da prensa na aula.
  2.     Descubrir a diversidade dos medios de información.
  3.     Incitar aos alumnos a le-la prensa utilizando varias fontes e soportes de información.
  4.     Saber de de onde veñen as informacións producidas e difundidas polos medios.
  5.     Situar no espacio e no tempo, os acontecementos que marcan a actualidade.
  6.     Recoñecer as diferentes seccións dun periódico.
  7.     Diferenciar entre feitos e opinións.
  8.     Participar na elaboración dun xornal escolar.


Cinco boas razóns para levar a prensa á escola (Segundo a web Educación en Valores)

1.O periódico é unha ferramenta única. Trata cada día infinidade de temas e é perfectamente adecuado para utilizar en calquera nivel, desde infantil ata bacharelato.

2. Os xornais están ao día, axudan aos alumnos a informarse e a converterse en cidadáns responsables. Tenden unha ponte entre o mundo real e a aula.

3. Os periódicos son motivadores e xeran actitudes positivas ante a lectura. Todo o mundo atopa no periódico algo que lle interesa e divirte.

4. Os periódicos non só axudan aos alumnos a mellorar o seu nivel de lectura, senón tamén a facelo de forma crítica.

5. Unha vez que os nenos aprenden a usar o xornal para obter información, teñen unha ferramenta imprescindible para toda a súa vida.



book | by Dr. Radut