Visionado da curta

Durante este mes de maio estivemos traballando arreo para rematar a edición da curta de Ravioli.

Foi un traballo inxente xa que cada vez que viamos a curta atopabamos algo para modificar. O máis complicado foi ter que adaptarnos aos cinco minutos máximos de duración da curta xa que a nosa ocupaba case un minuto máis do tempo permitido.

Ao final non nos quedou outra que eliminar varias escenas e moitas imaxes… aínda que pensamos que o resultado quedou bastante ben para ser a primeira vez que realizabamos unha curta desas características.

O último día do prazo para entrega da curta, realizamos unha proxección exclusiva para as persoas que participaron no proxecto que deixou abraiados a todas as persoas alí presentes.

É dicir, estamos moi contentos co resultado final do noso traballo.