DATOS DO CENTRO:
**Para unha resposta mais rápida e eficaz, as comunicacións cos teléfonos móbiles de Dirección, Xefatura e Secretaría faranse preferentemente a través de WhatsApp.
Inmersión linguística Cáceres
O alumnado de sexto curso de Primaria, desprazouse ata Pasarón de la Vera (Cáceres) para unha inmersión lingüística.
Estiveron unha semana no Campamento as Castellanas convivindo con outros nenos e nenas aragoneses, experimentando moitas actividades e falando moito inglés.
Programa Funtastik
A semana que ven iremos ata Funtastik Ourense a participar no Programa Educativo sobre "Objectivos Desarrollo Sostenible".
Alí o alumnado poderá disfrutar dun espazo temático dos Pitufos, onde visualizarán uns vídeos relacionados coa temática do programa. Ademáis, poderán explotar a súa imaxinación e creatividade nun espazo de Lego.
E para facer inolvidable esta aventura, poderán disfrutar dun circuito de experiencias deportivas, con pista de patinaxe sobre xeo, hinchables de salto para os máis pequenos e circuitos de obstáculos onde realizar probas de esforzo e superación.
CREANDO NOVAS CÉLULAS...
Os alumnos e alumnas de 5ºA de Educación Primaria convertéronse en grandes artistas ao elaborar células, tanto de orixe animal como vexetal, con diferentes materiais.
Tamén tivemos a posibilidade de elaborar unha célula comestible no noso comedor escolar e degustala. Estaba boísima!!!
Índice Masa Corporal do centro a inicio de curso (PVAD)
Como parte do Proxecto de Vida Activa e Deportiva (PVAD) do centro, este ano medimos e pesamos a todo o alumnado. Ao final do curso, repetiremos a medición e esperamos reducir o Índice de Masa Corporal (IMC) total do centro.
Desta forma, evaluaremos o impacto que ten o Proxecto na mellora dos hábitos saudables do alumando e na súa saúde.
Aquí podedes ver os resultados totáis do centro.
Peso total do centro: 5.726,26 kg. Peso promedio do centro: 30,4677 kg.
Altura total do centro: 23.579 cm. Altura promedio do centro: 128,5622 cm.
IMC promedio do centro: 18,4337
O Índice de Masa Corporal (IMC) é un índice resultante de relacionar o peso e a altura, co que podemos realmente comparar as medicións. A fórmula sería: IMC= peso (kg)/ (altura (m))2
Os resultados para menores de 18 anos deben ser cotexados en función da idade. Igualmente, e de forma meramente orientativa, estes son os posibles resultados globáis para poboación adulta:
O seguinte enlace é unha calculadora para ver os resultados específicos en función da idade. Hai que introducir a idade en anos, estatura en centímetros e peso en kilogramos. A propia páxina da un resultado a cotexar coa tabla de percentís.
https://www.msdmanuals.com/es-es/professional/multimedia/clinical-calculator/percentiles-del-%C3%ADndice-de-masa-corporal-imc-para-ni%C3%B1os-2-a-20-a%C3%B1os
Milla Diaria
Este ano comenzamos coa Milla Diaria, un proxecto no que o alumnado fará un percorrido de 250 metros polo patio do centro camiñando ou correndo.
Cada mes, iremos contabilizando o número de voltas e kilómetros que faga cada aula e o total do cole expoñendo os resultados na páxina web do centro no apartado específico de Educación Física: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelrespino/taxonomy/term/32
Desta forma, buscamos aumentar as horas dedicadas a actividade física do alumnado, aumentar a conciencia do importante que é facer exercicio e acadar un estilo de vida máis saudable.
Este é o percorrido que realizarán e a señalización que utilizaremos (a do Camiño de Santiago):
PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÚISTICA EN CÁCERES
El Colegio Manuel Respino fomentará el aprendizaje intensivo de inglés
El centro educativo ha sido uno de los cinco seleccionados dentro del Programa de Inmersiones Lingüísticas en inglés del Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deporte
Prema no seguinte enlace para ler a noticia completa: https://www.somoscomarca.es/articulo/arua/colegio-manuel-respino-fomentara-aprendizaje-intensivo-ingles/20240924201813183238.html
CAMPAMENTO DIXITAL
Empezamos setembro coas pilas cargadas! E encantaríanos partricipar no “Campamento Dixital” da Fundación Cibervoluntarios-
O Campamento Dixital consiste no desenvolvemento dun programa de actividades extraescolares gratuítas sobre competencias dixitais con contidos adaptados a cada idade e formadores especializados. A aprendizaxe preséntase como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que os participantes deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros. En cada etapa irán adquirindo novas competencias para utilizar internet e as ferramentas dixitais de forma útil, creativa, pero sobre todo, segura e responsable. Abordaranse aspectos como a privacidade e as normas de comportamento nas redes sociais, a procura efectiva de información na internet, a creación de contido dixital, a detección e prevención de situacións de ciberacoso, consellos para controlar o tempo fronte ás pantallas ou pautas para verificar a información que se comparte e detectar as noticias falsas.
Ao finalizar, os participantes recibirán un certificado 'DigComp' que acreditará os coñecementos e competencias adquiridos na utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións dentro do marco europeo.
O Campamento Dixital dará comezo no mes de outubro prolongandose ata decembro, e impartirase dous días á semana en horario de tarde no propio centro (a determinar segundo número de inscricións). As pre-inscricións serán gratuítas e poden realizarse a través de WhatsApp no número 699385321.
Esta iniciativa foi impulsada pola Fundación Cibervoluntarios dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia e financiado por Fondos 'NextGeneration' da Unión Europea.