COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES

Visita ao Centro de Día

Este luns 29 o alumnado de 4ºA foi camiñando de visita ao Centro de Dia da Rúa. E hoxe martes 30 foi o turno do alumnado de 4ºB. Estas visitas foron motivo da celebración do Día Europeo da Solidariedade Interxeneracional.

Alí compartiron experiencias, xogaron xuntos e pasaron unha xornada diferente.

 

Visita a panadería 6ºE.I.

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil foi camiñando ata a panadería "Artesanos Peyma". Alí aprenderon a facer pan e tiveron a oportunidade de meter as man na masa.

EDUCACIÓN VIAL NO NOSO CENTRO

Os días 21 e 22 de marzo leváronse a cabo diferentes actividades sobre a educación vial no noso centro. Estas actividades foron dirixidas a todo o alumnado, desde 4º de educación infantil ata 6º de educación primaria.

Nas clases teóricas impartidas por un axente de Garda Civil de Tráfico que recibiron antes de baixar ao patio ensináronlles os comportamentos correctos cando se circula por estrada. En bicicleta ou como peóns o importante é coñecer e respectar as normas de tráfico.

Despois dos coñecementos teóricos veu o máis divertido, poñelos en práctica. Para iso, cada clase baixou ao patio e no circuíto proporcionado pola DXT e por Protección Civil de A Rúa e Petín, a bordo das súas bicicletas, patines ou patinetes ou ben como peóns percorreron as pista. Parar no stop, ceder o paso a un peón ou reducir a velocidade que o sinal indica curva perigosa.

Que ben o pasamos e canto aprendemos!

 

Xogando co Atletismo

O xoves 14 de marzo parte do alumnado de cuarto foi ata Ourense a participar nunha xornada provincial de Xogando co atletismo na pista de Expourense.

Alí desfrutaron dunha competición probando varias modalidades atléticas con alumnado doutros centros.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer